Sede electrónica Xunta

Obxecto

Incentivar o uso de servizos para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación polas pequenas e medianas empresas (pemes), en especial, polas pertencentes a sectores tradicionais non intensivos en innovación.

Solicitar

Obxecto

Apoiar ás pemes e grandes empresas de Galicia no desenvolvemento tecnolóxico e a innovación a través do uso da Intelixencia Artificial, subvencionando as seguintes tipoloxías de proxectos clasificados en:

  1. Liña A: Desenvolvemento de tecnoloxía para a mellora da actividade económica e industrial e para a comercialización de novos produtos e servizos baseados en Intelixencia artificial.
  2. Liña B: Proxectos de implantación e aplicación de servizos e/o solucións comerciais baseadas en Intelixencia Artificial para mellorar a competitividade das empresas de Galicia, e proxectos no marco da xestión estratéxica do dato para acelerar a adopción de solucións baseadas en Intelixencia Artificial.
  3. Liña C: Proxectos de formación en Intelixencia Artificial en empresas de Galicia, para mellorar a súa capacitación, competitividade e integración da Intelixencia Artificial nas súas cadeas de valor.

Solicitar

Obxecto

A concesión de axudas destinadas a pequenas e medianas empresas (pemes) e grandes empresas con centro de traballo en Galicia, co obxectivo de incrementar a capacidade innovadora das mesmas, mediante a introdución de innovacións significativas que incrementen a súa competitividade, a través da aplicación do deseño, da xeración e incorporación de coñecementos, tecnoloxías e innovacións destinadas á mellora de procesos e á creación de produtos e servizos tecnoloxicamente avanzados e de maior valor engadido.

Solicitar

Obxecto

Concesión de axudas a proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:

  1. Proxectos de investimento empresarial xerais.
  2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.

Solicitar

 

Acceso a axudas IGAPE