IG402A - AXUDAS A SERVIZOS MODULARES DE ASESORAMENTO ESPECIALIZADO A EMPRESAS GALEGAS PRESTADOS POR ENTIDADES COLABORADORAS (PROGRAMA RE-ACCIONA) (2025)
Finalidad / Objetivo
Estas bases teñen como obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas destinadas a facilitar a execución dun conxunto de servizos profesionais por parte de entidades colaboradoras previamente seleccionadas mediante Resolución do 12 de decembro de 2023.
As axudas en especie estarán destinadas á execución de servizos en empresas galegas, agrupados nas seguintes tipoloxías:
* Profesionalización e desenvolvemento estratéxico:
- Servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.
- Servizos de desenvolvemento estratéxico integral da empresa.
- Servizos de análise do cumprimento normativo e os riscos legais (Compliance).
- Servizos de Captación, Fidelización e Xestión de Talento.
- Servizos para o desenvolvemento dunha estratexia de integración ESG.
- Servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento.
- Servizos de circularización e optimización dos procesos de produción e cadea loxística.
- Servizos de asesoramento para o relanzamento comercial.
- Servizos de preparación de procesos certificables.
- Servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras.
* Innovación:
- Servizos de deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
- Servizos de protección da innovación.
- Servizos de asesoramento para o financiamento da innovación.
Para todos os servizos definidos no artigo 1, agás o “servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras” polas características deste tipo de empresas, as solicitantes deberán contar cun cadro medio de traballadores, no ano anterior á solicitude da axuda, non inferior a 3. Esta circunstancia acreditarase, con carácter xeral, co informe do “cadro medio de traballadores en situación de alta” emitido pola Seguridade Social.
Tipos de apoyo
Axudas en especie.
Réxime de concorrencia non competitiva.
A prestación destes servizos é cofinanciada no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 60%, computando como cofinanciamento nacional o cofinanciamento do 20% mediante fondos propios da Comunidade Autónoma e o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20% restante. En particular:
Obxectivo político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Obxectivo específico 1.3. Reforzar o crecemento sostible e ea competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.
Liña de actuación 1.3.04. Programa REACCIONA (prestación de servizos avanzados de competitividade para as empresas galegas, especialmente pemes).
Ámbito de intervención 024. Servizos avanzados de apoio ás pemes e agrupacións de pemes (incluídos servizos de xestión, comercialización e deseño).
Os indicadores correspondentes a estas axudas son os seguintes:
a) Indicador de realización:
RCO13– Valor de servizos, produtos e procesos dixitais desenvolvidos para empresas. b) b) Indicador de resultado:
RCR12- Usuarios de novos produtos, servizos e aplicacións dixitais novos e mellorados desenvolvidos por empresas.
Beneficiarios potenciales
Poderán ser entidades beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial e poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia, e cumprir a definición de peme.
Requisitos principales del proyecto
Para todos os servizos definidos no artigo 1, agás o “servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras” polas características deste tipo de empresas, as solicitantes deberán contar cun cadro medio de traballadores, no ano anterior á solicitude da axuda, non inferior a 3. Esta circunstancia acreditarase, con carácter xeral, co informe do “cadro medio de traballadores en situación de alta” emitido pola Seguridade Social.
Para o “Servizo de desenvolvemento estratéxico integral da empresa”, as pemes deben ter realizado previamente unha análise da empresa que achegue a información necesaria para o arranque do servizo.
Para o “Servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras”, entenderase como tales, aquelas de recente creación (entre 0 e 7 anos), cunha base innovadora ou tecnolóxica, e cunha proposta de valor diferenciada. Adicionalmente, atendendo ás particularidades das empresas destinatarias deste servizo, poderán contabilizarse, para efectos de cumprimento do requisito mínimo de tres (3) traballadores no peche do último exercicio, colaboradores que participen na actividade da empresa, sempre que a súa vinculación coa mesma se acredite mediante contratos de colaboración, informe de vida laboral individual ou outros documentos que xustifiquen a súa contribución á actividade empresarial. En todo caso, deberá xustificarse documentalmente que o número total de persoas involucradas na actividade da empresa cumpre co requisito mínimo esixido.
Os servizos serán prestados pola entidade colaboradora que elixa a persoa solicitante, de entre as seleccionadas para cada tipo de servizo.
Inversiones o gastos computables
Serán subvencionables os gastos de prestación dos servizos enumerados no artigo 1.2, prestados polas entidades colaboradoras seleccionadas para cada servizo, realizados entre a data de solicitude e a data límite de execución establecida na resolución de convocatoria das axudas.
As entidades colaboradoras non poderán estar asociadas nin vinculadas coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.
O período de execución dos gastos e investimentos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data para a execución dos proxectos establecida na resolución de convocatoria.
Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables nos que incorrera nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, no seu defecto, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, e as súas modificacións posteriores.
Cuantía de las ayudas
As axudas previstas nestas bases reguladoras configúranse como axudas en especie. A subvención será do 80 % dos importes definidos para cada servizo.
De acordo co establecido no artigo 29.8 da lei 9/2007, non serán subvencionables o IVE nin outros impostos recuperables.
O importe definido para cada tipo de servizo determínase segundo o esquema do artigo 7.
Plazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse 5 días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 15 de novembro de 2025 ás 14.00 horas, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
No caso de que unha mesma persoa beneficiaria solicite axuda para varios servizos, deberase cubrir unha solicitude distinta para cada un deles.
Incompatibilidades
Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para o mesmo proxecto.
Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 300.000 euros nos tres anos previos ao da concesión da axuda. Para as empresas do sector da pesca e a acuicultura o límite redúcese a 40.000 euros. E para as empresas do sector agrícola o límite de redúcese a 50.000 euros. O Igape comprobará que a persoa beneficiaria non supera estes límites a través da información dispoñible na Bases de Datos Nacional de Subvencións.
Referencia legislativa
Resolución do 26 de decembro de 2024 (DOG Nº7 do 13/01/2025) - Bases reguladoras e convocatoria
Información y tramitación
As entidades colaboradoras do Programa Re-acciona son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) a petición da empresa solicitante.
O Igape ten publicada na súa páxina https://igape.gal/gl/pemes-e-autonomos/reacciona a relación actualizada en todo momento das entidades colaboradoras e os servizos que presta cada unha delas, detallando as condicións dos mesmos.
Observaciones
As pemes poderán solicitar axudas para a prestación dun ou varios servizos ata un máximo de 2 servizos por peme beneficiaria. Ademais, as pemes non poderán solicitar un servizo do mesmo tipo que outro xa solicitado anteriormente, agás que renuncie ao anterior ou que a súa prestación xa estivese finalizada.
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria, transcorrido o cal poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.
Tanto o prazo para executar o proxecto como o prazo para presentar a xustificación de execución rematarán na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poidan exceder o 30/11/2026.