IG408M - INTELIXENCIA ARTIFICIAL IA360 - PROXECTOS DE FORMACIÓN EN INTELIXENCIA ARTIFICIAL (2025)
Finalidad / Objetivo
O obxecto destas bases é apoiar ás pemes e grandes empresas de Galicia no desenvolvemento tecnolóxico e a innovación a través do uso da Intelixencia Artificial.
LIÑA C. Proxectos de formación en Intelixencia Artificial en empresas de Galicia, para mellorar a súa capacitación, competitividade e integración da Intelixencia Artificial nas súas cadeas de valor.
Tipos de apoyo
Réxime de concorrencia non competitiva.
Para os efectos da determinación da prelación temporal, a data para ter en conta será a data e hora de presentación da solicitude. No caso de presentación de achegas ou de que a solicitude requira emenda, terase en conta a data e hora en que a entidade solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida.
Esta convocatoria enmárcase no Investimento C16.R01 comprendida no Compoñente 16 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e que contribúe aos fitos 251 e 253. Contribuirá ao cumprimento dos obxectivos asociados á mesma, de acordo coa normativa reguladora do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a nivel europeo e nacional.
A presente convocatoria finánciase mediante fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia (25 %) e cofinanciaranse (75 %) con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, no marco do compoñente 16, Estratexia Nacional de Intelixencia artificial, Reforma 1, Estratexia Nacional de Intelixencia artificial, ao amparo das Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH) e dentro do Proxecto «Cadea de Valor en Intelixencia artificial».
Beneficiarios potenciales
1. As empresas de calquera sector galegas ou cun centro de traballo en Galicia, que realicen calquera actividade económica coa excepción, cando resulte de aplicación a cada Liña o Regulamento de minimis, das actividades excluídas por este:
• A produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura.
• A produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros.
Asemade, non poderán ser consideradas como persoas beneficiarias todas aquelas empresas que se dediquen a sectores especificamente excluídos en materia de investigación, desenvolvemento e innovación polo Regulamento (UE) 651/2014.
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:
a) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007.
b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
c) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, e as súas posteriores modificacións.
d) As que entren dentro da categoría de empresas en crise, cando este resulte de aplicación ás Liñas.
e) Só poderán ser beneficiarias das presentes subvencións as persoas ou entidades que realicen actividades que cumpran a lexislación ambiental nacional e da UE pertinente.
Requisitos principales del proyecto
As entidades solicitantes das axudas previstas nesta Liña deberán seleccionar no formulario de solicitude o réxime xurídico que lles será de aplicación, podendo escoller;
a) Réxime de minimis (Regulamento (UE) 2023/2831).
b) Réxime de exención por categorías (Regulamento (UE) 651/2014).
En función da elección realizada, resultarán de aplicación as disposicións comúns e específicas desta Liña que concretamente se refiran ao réxime seleccionado, así como calquera outras que non sexan exclusivamente aplicables ao outro réxime.
Terán consideración de actuacións subvencionables os proxectos de programas formativos en materia de Intelixencia Artificial tendentes a mellorar a capacitación no seu uso, a súa aplicación e integración no marco da organización e da actividade empresarial para mellorar a competitividade das empresas de Galicia.
Subvencionaranse programas de formación e capacitación en Intelixencia Artificial para contornas industriais, dirixidos a todos os perfís profesionais que puidesen requirir a formación nesta temática, independentemente do posto que ocupe na empresa ou departamento ao que pertenza, sempre que quede xustificada a necesidade da devandita formación.
O temario dos programas de formación deberá versar de forma inequívoca sobre Intelixencia Artificial e incluirán un ou varios dos contidos establecidos nas bases.
Os programas de formación dirixiranse, como mínimo a un 5 por 100 do persoal da empresa. No caso de que o 5 por 100 do persoal sexa inferior a un, os programas de formación dirixiranse a un só empregado.
Os programas de formación estarán formados por un mínimo de 20 e un máximo de 800 horas lectivas por alumno.
O período subvencionable e o efecto incentivador estarán condicionados ao réxime xurídico escollido pola entidade solicitante. Así pois, quedarán definidos como segue:
a. Réxime de minimis (Regulamento (UE) 2023/2831): o período subvencionable das actuacións poderá comezar o día 1 de xaneiro de 2025 e a execución e xustificación axustaranse ao especificado no apartado quinto da resolución de convocatoria das presentes bases de axudas.
b. Réxime de exención por categorías (Regulamento (UE) 2014/651): poderán ser subvencionables os investimentos realizados desde a data de presentación da solicitude de axuda e deberán de axustarse aos prazos de execución e xustificación establecidos no apartado quinto da resolución de convocatoria das presentes bases de axudas. Calquera investimento realizado fóra deste período non será subvencionable. A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado.
Para ese efecto, antes de iniciar o proxecto, a entidade solicitante deberá presentar a solicitude da axuda.
Inversiones o gastos computables
Dentro deste programa de subvencións, considéranse gastos subvencionables os seguintes:
a) Os custos de persoal dos formadores, correspondentes ás horas en que estes participen na formación.
b) Os custos de funcionamento en que incorran os formadores e as persoas beneficiarias da formación, directamente relacionados co proxecto de formación, como gastos de viaxe e aloxamento, materiais e subministracións vinculadas directamente ao proxecto, e a amortización de instrumentos e equipos, na medida que utilícense exclusivamente para o proxecto de formación.
c) Os custos de servizos de asesoramento relacionados co proxecto de formación.
d) Os custos de persoal das persoas beneficiarias da formación e os custos indirectos xerais (gastos administrativos, alugueres, gastos xerais) polas horas nas que as persoas beneficiarias participen na formación.
Os gastos subvencionables axústanse ás seguintes limitacións:
a) A imputación de gastos de persoal está limitada á contratación nova de persoal temporal e aos custos de persoal indefinido para actividades directamente relacionadas cos compoñentes descritos na execución dos programas.
b) A imputación de gastos de equipamento está limitada aos custos de amortización de equipamento novo que é necesario para a execución dos programas.
c) A imputación doutros gastos está limitada a gastos non recorrentes e estritamente relacionados coa execución dos programas, que non se corresponden a custos de persoal e equipamento, ata o límite permitido pola Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións.
d) Poderanse imputar custos indirectos ata un 15 por 100 (15 %) da suma dos custos directos debidamente xustificados.
e) Non se poderán imputar custos financeiros nin impostos indirectos, tales como o Imposto sobre o Valor Engadido e o Imposto Xeral Indirecto Canario.
f) Non se financiarán gastos orzamentarios ordinarios e recorrentes.
En materia de subcontratación, vinculación empresarial e morosidade estarase ao establecido no artigo 5 do articulado xeral das presentes bases.
O importe mínimo de custo subvencionable total deberá alcanzar os 10.000 euros.
Os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, deberán ser adquiridas en propiedade pola persoa beneficiaria e deberán ser adquiridas a terceiros.
Non serán subvencionables en ningún caso impostos, intereses e gastos financeiros, e taxas.
Cuantía de las ayudas
Pequenas empresas: 70 %
Medianas empresas: 60 %
Grandes empresas: 50 %
A subvención máxima por proxecto establécese en 60.000 euros.
Plazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comeza o 10 de febreiro ás 9:00 h e rematará ás 14:00 horas do 31 de outubro de 2025, agás que antes desas datas se produza o esgotamento do crédito.
Por incidencias técnicas da NOVA plataforma tecnolóxica do IGAPE, quedan anulados os prazos de presentación de solicitudes das axudas do Igape.
Incompatibilidades
1. As axudas concedidas ao amparo das presentes bases serán compatibles con calquera outra axuda, ingreso ou recurso para a mesma finalidade, procedente de calquera outra Administración ou ente público ou privado, sempre que a intensidade de axuda acumulada non supere o importe da actuación e, cando resulte de aplicación a cada Liña, non se supere a intensidade permitida no Regulamento (UE) 651/2014.
2. Estas axudas son incompatibles con calquera outra subvención a fondo perdido do Igape para os mesmos gastos e investimentos.
3. No caso de que, conforme ás disposicións específicas de cada Liña, lles sexa de aplicación o réxime de minimis, deberase garantir que, de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 300.000 € nos tres anos previos ao da concesión da axuda.
Referencia legislativa
Resolución do 13 de xaneiro de 2025 (DOG Nº8 do 14/01/2025) - Bases reguladoras e convocatoria 2025
Resolución do 31 de xaneiro de 2025 (DOG Nº23 do 04/02/2025) - Novos prazos de presentación
Información y tramitación
* Información:
- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]
*Tramitación:
1. Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da entidade solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través de https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual.
Cada empresa só poderá presentar unha solicitude de axuda por cada unha das liñas (A, B e C). As tres liñas son compatibles entre si, podendo beneficiarse as empresas do ciclo completo (Intelixencia Artificial 360).
1. As persoas interesadas deberán presentar coa solicitude, a seguinte documentación:
a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non rexistradas no Rexistro Mercantil.
b) As tres ofertas, no caso de proxectos iniciados con anterioridade á presentación da solicitude.
c) Aquelas entidades beneficiarias que desenvolvan actividades económicas, consonte o artigo 8 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, acreditarán a inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria ou no censo equivalente da Administración Tributaria Autonómica, que debe reflectir a actividade económica efectivamente desenvolta á data de solicitude da axuda.
d) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará polos medios de proba indicados nas bases.
As solicitudes deberán de vir acompañadas cunha memoria técnica e económica do proxecto, que deberá conter, polo menos, a información detallada nos seguintes puntos:
– Descrición do programa formativo, facendo fincapé en:
• Descrición detallada do contido do programa de formación e a súa coherencia co exposto no artigo 25.2 da presente Resolución.
• Número de alumnos que recibirán a formación.
• Detalle das horas formativas por alumno que será impartidas.
• Calendario de execución do proxecto.
– Descrición económica do programa de formación que consistirá no desenvolvemento dun orzamento total e detallado e incluirá, polo menos, os seguintes elementos:
• Listaxe completa dos gastos e investimentos previstos. Orzamento total e detallado do proxecto, que inclúa de forma clara e separada os custos subvencionables.
2. Ademais, e no caso de que se escolleu a aplicación do Regulamento de minimis, para investimentos e gastos realizados antes da data de solicitude de axuda, achegarase:
a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos, consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente.
b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento foi realizado efectivamente dentro do prazo de execución (Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, xustificante electrónico de transferencia bancaria ou informe de auditor de contas).
Observaciones
Os prazos de execución e xustificación das actuacións serán:
Desde a data de solicitude ata o 31 de outubro de 2025 o prazo de xustificación será o 1 de decembro de 2025.
O prazo de execución desde o 1 de novembro de 2025 ata o 9 de xaneiro de 2026 o prazo de xustificación será o 30 de xaneiro de 2026
Unha vez pronunciada a resolución de concesión, non se admitirán modificacións, sen prexuízo do establecido no artigo 15 l) destas bases no relativo á consecución de obxectivos, que non serán consideradas modificacións.