IG622A - GALICIA EXPORTA EMPRESAS - AXUDAS PARA A EXECUCIÓN DE ACCIÓNS DE PROMOCIÓN EXTERIOR (2025)

O prazo de presentación finaliza o Martes, 30 Septiembre 2025 as 14:00 h.

Finalidad / Objetivo

O obxecto destas axudas é apoiar e incentivar accións de promoción exterior que melloren a competitividade das empresas galegas e reforcen a súa presenza nos mercados internacionais.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva.
Dotación de 8.300.000 € no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento FEDER do 60%, computándose como cofinanciamento nacional polo 40% restante, parte de cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible dos beneficiarios. En particular:
Obxectivo Político 1: Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Prioridade P1A: Transición dixital e intelixente.
Obxectivo Específico 1.3: Reforzar o crecemento sostible e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.
Actuación 1.3.03: Axudas á internacionalización de empresas galegas.
Subtipo de acción 1.3.3.2: Axudas ao Programa Galicia Exporta empresas.
Ámbito de intervención 021: Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas, incluídos os autónomos, que reúnan os seguintes requisitos:

a) Cumprir coa definición de peme.
b) Ter algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia, e contar no devandito centro con polo menos un traballador por conta allea, na data de publicación no DOG destas bases de axudas. Este último requisito non é aplicable a Startups con certificación de Enisa en vigor e aquelas empresas constituídas con menos de 42 meses de antigüidade na data de publicación das bases de axudas.
c) Estar dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización cun informe positivo emitido a partir do 1 de xaneiro de 2013. No caso de non estaren inscritas, deberán solicitar a alta a través do procedemento IG192 antes da data de presentación da solicitude.
d) Estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública estatal, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social.
e) Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

2. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:
a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.
c) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (agás empresarios autónomos), que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial.
d) Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, as empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004 pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Requisitos principales del proyecto

1. Serán subvencionables os proxectos de internacionalización nos que se executen unha ou varias das seguintes accións:

a) Promoción
Accións destinadas a reforzar a presenza da empresa en mercados exteriores a través de actuacións como a participación como expositor en feiras ou outros eventos expositivos internacionais, tanto presenciais como virtuais, conforme ás definicións do artigo 2. Inclúense tamén misións comerciais directas e inversas, orientadas a fomentar o contacto con potenciais clientes e socios internacionais.

b) Márketing e comunicación internacional
Accións orientadas a promover a imaxe, os produtos ou servizos dunha empresa nos mercados exteriores, co obxectivo de aumentar a visibilidade, reforzar o posicionamento de marca e impulsar a internacionalización.

c) Prospección en mercados internacionais
Accións orientadas a análise de competencia no estranxeiro: análise de competidores, identificación de boas prácticas, benchmarking funcional ou outros de natureza similar.

d) Operatividade da internacionalización
Accións destinadas a facilitar e optimizar a expansión das empresas galegas nos mercados exteriores, reforzando a súa competitividade e garantindo unha operatividade eficiente, mediante a adaptación a normativas internacionais, a homologación de produtos ou outras iniciativas que favorezan a súa consolidación no ámbito global.

e) Dixitalización para a internacionalización
Accións vinculadas á adopción e uso de tecnoloxías dixitais que faciliten o acceso e posicionamento dunha empresa en mercados internacionais.

2. O período de execución dos gastos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e computarase desde o día 1 de xaneiro de 2025 (polo que a solicitude de axuda poderá incluír accións que se leven a cabo previamente á súa presentación, se ben o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente -data da última factura- no momento de presentar a solicitude de axuda) ata o derradeiro día do prazo de execución establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas.

Excepcionalmente, serán considerados subvencionables os gastos relacionados coas reservas de espazos, viaxes e aloxamentos realizados antes do inicio do período de execución ordinario, sempre que a solicitude inclúa accións de participación como expositor en ditas feiras ou eventos expositivos internacionais, e se xustifique que estes gastos son imprescindibles para garantir a participación na actividade prevista.

Inversiones o gastos computables

1. Serán subvencionables aqueles gastos que correspondan de xeito indubidable á natureza da acción subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto para o cal foron concibidos.

O gasto mínimo subvencionable do proxecto, excluídos os custos indirectos será de 3.500 € (IVE excluído).
Os gastos subvencionables clasifícanse en: custos directos e custos indirectos.

CUSTOS DIRECTOS
a) Promoción.
1º Gastos asociados á participación en feiras comerciais de carácter internacional, outros eventos expositivos internacionais e misións comerciais directas:
- Billetes de avión, tren, autobús, barco e viaxes internos que sexan necesarios para o desenvolvemento da acción. No caso de proxectos que impliquen viaxar a máis dun país, tamén serán subvencionables os desprazamentos entre eses países. Son subvencionables os gastos de facturación de equipaxe e elección de asentos.
- Taxas de viaxe, seguros de viaxe, visados e gastos de xestión da axencia de viaxe.
- Aluguer de vehículos sen condutor.
- Aloxamento en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial, ou nos seus arredores, cun máximo de 5 noitadas. Polo menos, unha das noitadas debe coincidir coas datas de celebración da feira ou evento no que se participa. No caso de accións en máis dun país poderanse engadir un máximo de 2 noitadas máis por país cun máximo total de 10 noitadas. Un máximo de dúas noitadas pode realizarse en itinere.

Límite de gastos: Os indicados no anexo III.
Para o cómputo do límite de quilometraxe terase en conta a distancia entre a orixe e o destino final sen computar as escalas.
Os gastos de viaxe e aloxamento son subvencionables para un máximo de dúas persoas por empresa, que deberán acreditar a súa vinculación.

Gastos non subvencionables: viaxe e aloxamento para feiras comerciais e eventos expositivos que teñan lugar na Comunidade Autónoma de Galicia, Taxis e VTC.

- Elaboración de axendas de reunións de carácter presencial vinculadas coas anteriores accións: son subvencionables os gastos de servizos de consultoría.
Non é subvencionable a simple elaboración da axenda se non se realizan as reunións correspondentes dentro do prazo de execución do proxecto. Inclúense as axendas virtuais.
Límite de gastos: 3.000 € por acción.
As empresas que presten este tipo de servizos descritos deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape. Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado polas oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro, ou polas oficinas comerciais ou organismos públicos españois ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.

- Aluguer de espazos e/ou stand, e servizos relacionados coa participación na feira ou evento: son subvencionables os gastos de aluguer de espazos e ou stand, entradas, dereitos de inscrición, deseño, construcións, montaxe e desmontaxe de stand, aluguer de mobiliario equipamento, decoración ou personalización do stand, aluguer de equipos audiovisuais, participación en actividades paralelas organizadas no marco da feira; contratación de intérpretes, modelos ou de persoal de apoio e outros servizos de natureza similar debidamente xustificados.
Límite de gasto: admítense como máximo 2 entradas por evento, con un importe máximo por entrada de 1.500 €.

- Transporte de mostras destinadas á feira ou evento expositivo. Non é subvencionable o envío de mostras para misións comerciais.

O gasto máximo subvencionable para o conxunto de conceptos neste apartado é de 50.000 € por cada feira ou evento expositivo internacional no que se participe.

2º Gastos por participación en feiras ou outros eventos expositivos virtuais:
- Alugueiro de stand virtual e dos servizos relacionados co aluguer; gastos de intérpretes, e as cotas de participación en feiras e eventos expositivos virtuais cun máximo de 2 persoas por empresa.
Límite de gasto: 1.500 euros por evento.

3º Misións comerciais inversas:
Gastos subvencionables:
- Billetes de avión, tren, autobús e barco. Son subvencionables os gastos de facturación de equipaxe e elección de asentos.
- Taxas de viaxe, seguros de viaxe, visados e gastos de xestión da axencia de viaxe.
- Desprazamentos en Galicia mediante servizo contratado: autobús, minibús, taxi ou vehículo con condutor.
- Aloxamento en Galicia en réxime de aloxamento e almorzo cun límite de 5 noitadas por persoa.
- Asistencia externa para a realización de axendas, detección de oportunidades ou outros de natureza similar.
- Alugamento de salóns e espazos.
- Intérpretes.

Límite de gastos: Por persoa para aloxamento e viaxe son os recollidos no anexo III.
O gasto máximo subvencionable para intérpretes por visita son 1.200 €.
Os gastos de asistencia externa teñen un límite máximo de 2.000 € por acción.

b) Márketing e comunicación internacional.
- Gastos para a realización de campañas de publicidade en medios de comunicación impresos ou dixitais sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro: compra de espazos publicitarios e insercións en medios.
- Gastos para campañas ou insercións publicitarias en catálogos físicos ou dixitais e/ou en páxinas web de importadores/distribuidores do estranxeiro: compra de espazos publicitarios e insercións nos catálogos.
- Gastos para a elaboración de catálogos físicos ou dixitais para a súa difusión en mercados estranxeiros: son elixibles os gastos de deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución, impresión e adaptación de catálogos en liña para a súa difusión en mercados internacionais. Este gasto só poderá ser subvencionable cando estea vinculado á execución, polo menos, dunha acción de promoción debidamente xustificada.
Gastos non subvencionables:
- Os custos de mailings.
- Os convites.
- Folletos, material de papelería, tarxetas, sobres, carpetas, listas de prezos e calquera outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.
- Carteis, dípticos e trípticos, manuais de instrucións, flyers, displays, roll up, ou outros elementos de similares características.
- Produtos de merchandising e outros agasallos promocionais.
- O deseño e elaboración das campañas de publicidade.

Límite de gastos:
O límite máximo de gastos subvencionables para o conxunto de accións mencionadas neste apartado é de 50.000 € por solicitude.

c) Prospección en mercados internacionais.
- Gastos para a elaboración de documentos que inclúan a metodoloxía enfocada a descubrir novos mercados internacionais para a empresa e os seus produtos, a través do estudo da competencia nos devanditos mercados tales coma análise de competidores, identificación de boas prácticas, benchmarking funcional ou similares: servizos de consultoría.

Límite Máximo de gasto subvencionable é de 5.000 € por solicitude.

- Gastos para accións de seguimento de contactos ou de clientes xa existentes no estranxeiro para a consolidación do negocio e a implantación promocional en destino: servizos de consultoría.
Límite máximo de gasto subvencionable é de 4.000 € por solicitude.

- Gasto para alugueiro de locais ou espazos expositivos en mercados internacionais.
Gastos non subvencionables: o alugueiro de locais que se utilicen como puntos de venda directa.
Límites de gasto subvencionable para alugueiro é de 14.500 € por solicitude.

d) Operatividade da internacionalización.
- Gastos para xestión de acordos comerciais internacionais, certificacións, homologacións e rexistros de marcas e patentes de produtos e servizos para o estranxeiro (inclúense os códigos fonte/códigos obxecto); Informe de liberdade de operación ou “Freedom to Operate” (FTO) ou outros de natureza similar debidamente xustificados; adaptacións do produto necesarias para a súa comercialización no mercado de destino; asesoría para loxística internacional: consultoría, asistencia xurídica e técnica.
- Servizos para a tradución de documentación.
- Gastos das taxas específicas e inherentes aos servizos sempre que estean relacionados coa actuación subvencionada e sexan indispensables para a adecuada preparación ou execución da mesma.

Gastos non subvencionables: as renovacións de rexistros de marcas, certificacións ou patentes.
Límite de gasto máximo subvencionable: 14.500 € por solicitude.

e) Dixitalización para a internacionalización.
- Creación de novas tendas en liña ou adaptación das existentes para promover a venda en mercados internacionais, así como o pagamento de cotas para a introdución dos produtos da empresa en plataformas de comercio electrónico nos mercados obxectivo.

Gastos non subvencionables: o simple mantemento e actualización anual da páxina web.
Límite de gasto máximo subvencionable é de 18.000 € por solicitude.

- Creación e adaptación de catálogos en liña para o márketing e as vendas en mercados electrónicos obxectivo, tanto B2B como B2C.
Límite de gasto máximo subvencionable: 10.000 € por solicitude.

- Solucións de inbound márketing internacional para lograr captar, reter, converter e fidelizar a usuarios de interese obxectivo do negocio en liña.
Límite de gasto máximo subvencionable: 12.000 € por solicitude.

- Solucións de analítica e visualización de datos para elaborar cadros de mando con indicadores (KPI´s) para o seguimento e optimización das canles de venda e márketing en liña.
Límite de gasto máximo subvencionable: 25.000 € por solicitude.


CUSTOS INDIRECTOS
Fíxanse nun tipo fixo do 7% sobre os custos directos subvencionables indicados no punto anterior.

Non son subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación ou calquera outro gasto que non estea directamente vinculado coa realización da acción subvencionable.

No caso dos activos intanxibles, para seren considerados subvencionables deberán cumprir, ademais, todas estas condicións: 1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda; 2) Consideraranse activos amortizables; 3) Adquiriranse en condicións de mercado a terceiros non relacionados co comprador; 4) Deberán incluírse nos activos da empresa beneficiaria e permanecer asociados ao proxecto a que se destina a axuda durante polo menos tres anos.

Cuantía de las ayudas

A contía da axuda será dunha subvención do 70% dos custos directos subvencionables. Ademais, engádese a subvención dos custos indirectos do proxecto, correspondente a un tipo fixo do 7% sobre os custos directos.

O importe máximo total de subvención será de 150.000 € por empresa custos indirectos incluídos. No caso dos gastos relativos ás accións tipo a) Promoción, b) Marketing e comunicación internacional, c) Prospección en mercados internacionais e d) Operatividade da internacionalización, o importe máximo de subvención será de 100.000 €, custos indirectos incluídos. No caso dos gastos relativos ás accións tipo e) Dixitalización para a internacionalización o importe máximo de subvención será de 50.000 € custos indirectos incluídos.
Os límites máximos de gastos subvencionable son os establecidos en cada categoría de acción.
O gasto mínimo subvencionable do proxecto, excluídos os custos indirectos será de 3.500 € (IVE excluído).

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse transcorridos 5 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2025, ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

INCOMPATIBILIDADES
1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda para os mesmos gastos subvencionables.

2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 300.000 euros nos tres anos previos á concesión da axuda. Para as empresas do sector da pesca e a acuicultura as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 40.000 euros e para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 50.000 euros.

Referencia legislativa

Resolución do 6 de maio de 2025 (DOG Nº96 do 16/05/2025) - Bases reguladoras e convocatoria

Información y tramitación

As persoas interesadas deberán cubrir un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e das accións para as cales solicita a subvención, a través de https://spiga-sede.igape.es
No formulario electrónico o solicitante deberá cubrir unha memoria xustificativa que incluirá: os mercados obxectivos e, para cada acción, detalle de: tipo, título, descrición, datas estimadas de inicio e fin, orzamento e lugar de celebración (se procede).
A solicitude presentarase obrigatoriamente polos medios electrónicos a través do for-mulario normalizado (anexo I).
Deberá achegarse xunto coa solicitude, a seguinte documentación:

a) No caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil, escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes, e acreditación da representación coa que se actúa, no caso de non atoparse inscritas no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).

b) As tres ofertas que, se é o caso, deba ter solicitado.

c) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores.

Para os efectos da determinación da prelación temporal, a data para ter en conta será a data e hora de presentación da solicitude completa. No caso de presentación de achegas ou de que a solicitude requira emenda, terase en conta a data e hora en que a persoa solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida.

Observaciones

O prazo de execución comezará o 1 de xaneiro de 2025. O proxecto obxecto da axuda non poderá estar completamente executado (data da última factura) no momento de presentar a solicitude.

Este prazo finalizará na data indicada na resolución de concesión, sen exceder nunca:
• O 30 de novembro de 2025, para solicitudes con accións previstas ata esa data.
• O 31 de xaneiro de 2026, para solicitudes con accións previstas ata ese momento.

Estas datas representan os prazos máximos para a emisión e pagamento das facturas correspondentes. Dentro do período de execución, deberá presentarse a solicitude de cobramento. Ademais, as accións realizadas entre o 1 e o 31 de decembro de 2025 poderán ser imputadas ao exercicio de 2026.

* Anticipo: poderase realizar un pagamento anticipado ata o 50% do importe da subvención concedida, sempre que a beneficiaria o solicite.

*Modificacións: unha vez ditada a resolución de concesión, só se admitirá unha solicitude de modificación por convocatoria que deberá presentarse como máximo con dous meses de anterioridade á data de finalización do prazo de execución do proxecto.
Non se considerarán modificacións propiamente ditas:
- Feiras ou eventos expositivos internacionais: substitución dun evento por outro de características similares ou modificación das súas datas ou país de destino.
- Misións comerciais directas: cambio de datas ou substitución do destino ou destinos previstos na misión.
- Misións comerciais inversas: modificación das datas ou do lugar de procedencia dos visitantes.