IG408B - PRÉSTAMOS PARA FINANCIAR CAPITAL CIRCULANTE NA INDUSTRIA MANUFACTUREIRA, E NO SECTOR DA PESCA, ACUICULTURA E A TRANSFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN DESTES SECTORES (2025)

Finalidad / Objetivo

Apoiar financeiramente empresas da industria manufactureira financiando capital circulante naquelas situacións nas que se manifeste a necesidade de afrontar coas entidades financeiras a prestamización de operacións de circulante, reestruturación de pasivos, negociación de carencias, etc. para acomodar as obrigas de reembolso dos pasivos aos fluxos de efectivo xerados polas operacións da empresa.

Apoiar financeiramente a empresas do sector da pesca, acuicultura, así como da transformación e comercialización de produtos destes sectores, mediante a concesión de préstamos para financiar capital circulante, cando acrediten a necesidade de incrementar o seu fondo de maniobra e a capacidade de reembolsar o seu endebedamento mediante un plan financeiro.

Os préstamos desta modalidade aportarán nova liquidez complementaria, sen aplicarse a cancelar débedas bancarias preexistentes.

Tipos de apoyo

Préstamos directos do Igape en réxime de concorrencia non competitiva.
Axudas en réxime de minimis.

Beneficiarios potenciales

Poderán ser persoas beneficiarias dos préstamos aquelas empresas, incluíndo persoas físicas, agrupacións, sociedades civís e comunidades de bens, que:
a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no anexo I.

E e que veñan desenvolvendo durante máis de 3 anos algunha das actividades comprendidas nos CNAE 03, 05 a 09, 10 a 33, 4638 e 4723 e ademais acrediten, mediante unha memoria explicativa a necesidade de financiamento de capital circulante estrutural.

Con excepción das empresas do sector da pesca, acuicultura, así como da transformación e comercialización de produtos destes sectores, a memoria deberá xustificar adicionalmente a necesidade dunha reestruturación de pasivos bancarios, que terá que ser realizada previamente ou simultaneamente coa formalización do préstamo, o cal aportará a liquidez necesaria para dotar a empresa do capital circulante apropiado para desenvolver a actividade. No caso de que a reestruturación financeira fose realizada previamente, esta será admisible sempre que fose instrumentada despois do 1 de xaneiro de 2025.

No caso de que a operación se enmarque nun plan de reestruturación previsto no Libro Segundo do Texto Refundido la Lei Concursal, o plan deberá estar aprobado con anterioridade á resolución da solicitude de préstamo, e ser homologado xudicialmente.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores. En particular, entenderanse nesta situación ao atoparse declarados en concurso.

c) Para as modalidades de préstamo que teñan axuda implícita, as empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.

d) Para préstamos que inclúan subvencións implícitas ao tipo de xuro de importe superior a 30.000 €, as empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, cando as persoas solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.

Sectores incentivables

CNAE 03, 05 a 09, 10 a 33, 4638 e 4723

Requisitos principales del proyecto

1) Importes mínimo e máximo.
O importe mínimo do préstamo será de 300.000 € e o máximo de 1.000.000 €, e deberá ser aplicado exclusivamente ao pago dos conceptos do capital de explotación.

2) Prazos de amortización e de carencia. O prazo de devolución dos préstamos será como máximo de 8 anos, incluíndo como máximo 2 de carencia na amortización de principal.

Cualificación requerida del proyecto

Considérase que todos os proxectos co obxecto descrito no punto A) deste anexo son de interese para Galicia polo seu impacto no sector industrial e a súa importancia social, polo que non se establecen criterios específicos de avaliación.

Inversiones o gastos computables

Poderá ser financiable o capital de explotación, entendendo como tal o incremento permanente de capital corrente necesario para a actividade, que deberá cumprir os seguintes dous requisitos:

1º. A contía financiable por este concepto será determinada polo Igape en base a solicitude da titular, aos estados financeiros históricos e as previsións de actividade.

2º. Os fondos obtidos do produto financeiro con esta finalidade, serán aplicados ao pagamento a provedores e acredores dos seguintes conceptos de gasto corrente do exercicio:

i) Compras de mercadorías, materias primas e outros aprovisionamentos, mediante transferencia ou pago de efectos.
ii) Prestación de servizos: arrendamentos e canons, reparacións e conservación, servizos de profesionais independentes, transportes, publicidade, propaganda e relacións públicas, subministracións e outros servizos relacionados coa actividade.
iii) Gastos de persoal: soldos e salarios, indemnizacións, seguros sociais e outros gastos sociais.
iv) Gastos financeiros asociados á operativa da conta específica, se é o caso.
v) Primas de seguros, en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.
vi) Cando así se contemple expresamente no acordo de concesión, os fondos do préstamo desembolsado poderán destinarse a constituír un depósito nunha entidade financeira en euros, peñorado a favor dun terceiro, como fianza ou contragarantía dun aval ou liña de avais que este terceiro emita, en garantía do cumprimento, por parte da persoa beneficiaria, de compromisos, continxencias ou obrigas de carácter técnico ou financeiro relacionados coa actuación ou coa actividade corrente da persoa beneficiaria. Nestes supostos:
vi.1) O acordo de concesión determinará expresamente a porcentaxe de cobertura máxima desta contragarantía líquida sobre o nominal dos avais que se emitan, computándose, se é o caso, a parte do risco non cuberta por esta garantía peñoraticia para o 25% de contribución financeira exenta de apoio público requirida no Anexo I.
vi.2) O acordo de concesión determinará tamén a tipoloxía de compromisos, continxencias ou obrigas a garantir cos avais que se emitan, os requisitos dos terceiros ante os que se avala, e os requisitos dos avalistas beneficiados do peñoramento do depósito.
vi.3) Sen prexuízo de que se poida instrumentar unha liña de avais revolving por un prazo máximo determinado, unha vez vencidas as obrigas garantidas co peñoramento do depósito, o seu importe líquido deberá ser transferido ao Igape nun prazo máximo de 15 días hábiles. Estes fondos serán aplicados á amortización anticipada do préstamo ou, se é o caso, ao pagamento de débedas vencidas.
A contía financiable será calculada pola solicitante de forma razoada na memoria que deberá presentar xunto á solicitude, en base ás necesidades financeiras estimadas para a operativa empresarial. O Igape poderá reducir o importe solicitado no caso de non considerar a dita contía suficientemente motivada, en base ao análise dos estados financeiros da solicitante.

Cuantía de las ayudas

Os puntos porcentuais de redución do tipo de xuro serán 5, agás nos casos nos que a axuda implícita sumada ás outras axudas amparadas na normativa minimis que foran percibidas pola titular durante tres exercicios consecutivos supere o límite aplicable na citada normativa. Nestes supostos, poderán reducirse os puntos porcentuais de bonificación para axustar a axuda implícita ao límite dispoñible. Unha vez descontada a subvención, o tipo de xuro nominal pagadoiro trimestralmente resultante para a persoa beneficiaria non poderá ser inferior a 0 puntos porcentuais.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 7 de febreiro de 2025 ás 9.00 horas e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:

a) Que conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario.
b) O 1 de decembro de 2025, ás 14.00 horas.

Incompatibilidades

Os préstamos recollidos nestas bases reguladoras serán compatibles con calquera outra axuda.

Para os casos nos que se considere axuda implícita, serán compatibles con outras a condición de que o importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultantes da normativa de aplicación.

A solicitude expresa da titular e con carácter previo á formalización do préstamo, poderá renunciar á axuda implícita. Neste suposto, e no caso de que o préstamo xa estivese concedido, poderase aprobar esta renuncia por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape.

Referencia legislativa

Resolución do 27 de decembro de 2024 (DOG Nº7 do 13/01/2025) - Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 31 de xaneiro de 2025 (DOG Nº23 do 04/02/2025) - Novos prazos de presentación

Información y tramitación

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]

*Tramitación:

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de maneira obrigatoria na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual
Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa solicitante.
b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @asina da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/pae/afirma-Anexo-PSC.
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a firma da solicitude por parte dun único solicitante.

* Documentación específica que se deberá presentar coa solicitude.

1. Declaración do imposto de sociedades do último exercicio fiscal para o que rematase o período voluntario de presentación.

2. Memoria da actuación, que desenvolverá o seguinte contido:
a) Antecedentes da empresa e dos seus promotores: historial, principais fitos na evolución da empresa, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición dos aprovisionamentos, do proceso produtivo e do comercial. Orixe dos aprovisionamentos, principais provedores, mercado actual (tamaño, características, competencia, etc.) e potencial. Análise comercial do produto.

c) Xustificación da necesidade do financiamento, análise detallada do endebedamento especificando vencementos, necesidade de afrontar coas entidades financeiras a prestamización de operacións de circulante, reestruturación de pasivos, negociación de carencias, etc. para acomodar as obrigas de reembolso dos pasivos aos fluxos de efectivo xerados polas operacións da empresa. Acreditación dos refinanciamentos realizados con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2025 se é o caso.

d) Cuantificación das necesidades financeiras para a operativa empresarial. Causas xustificadas da necesidade de financiar a operativa da empresa. No caso de considerar o financiamento de investimentos, xustificar razoadamente que o seu obxecto é a mellora competitiva, a través da produtividade, da redución da dependencia de determinadas materias primas ou provedores e/ou mellora da eficiencia enerxética.

e) Análise económica da actuación (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesourería para un horizonte temporal 5 anos), con descrición das hipóteses que sustentan ditas previsións (existencia de contratos, pedidos, cartas de intencións, etc.). Necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para empresas en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da empresa, mostrando separadamente o impacto do actuación. As previsións económicas deberán seguir, na medida do posible, os modelos de conta de perdas e ganancias, balance e estado de fluxos de efectivo recollidos no Plan Xeral de Contabilidade en vigor.

f) Cadro de persoal, traballadores nos centros de traballo en Galicia, describindo funcións. Expectativas de mantemento de emprego. Relación de expedientes de regulación de emprego en vigor e presentados nos últimos 12 meses, que describan o seu contido e o número de traballadores afectados.
-Declaracións de IVE presentadas no exercicio corrente.

3. Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

4. En caso de persoas xurídicas:
1º. Escritura/acta de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
2º. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.
3º. Contas anuais, auditadas, se é o caso, correspondentes ao último exercicio pechado.
4º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.
d) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

5. Se é o caso, anteproxecto ou proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva a dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de anteproxecto ou proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

6. Relación detallada dos investimentos e/ou gastos que se van realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

7. Acreditación da dispoñibilidade do inmoble afecto ao proxecto de investimento (copia do contrato de aluguer, concesión, superficie ou adquisición, segundo proceda).

8. Se é o caso, acreditación da capacidade de financiamento da parte da actuación non cuberta co préstamo solicitado. Esta acreditación poderá consistir:
- Nunha certificación bancaria da dispoñibilidade líquida (que terá que indicar expresamente que o saldo dispoñible non está peñorado nin suxeito a limitacións de dispoñibilidade) e/ou unha comunicación do financiador indicando importe, prazo, carencia e garantías que se van tomar;
- Nun compromiso firme do financiamento que van achegar os socios, no que figure a natureza, importe e prazos.

9. Complementariamente, o Igape poderá solicitar a achega, con carácter facultativo, daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

Observaciones

A persoa beneficiaria deberá presentar a solicitude de disposición antes do prazo establecido no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de novembro de 2026.

O prazo máximo para solicitar a disposición dos fondos do préstamo e o número máximo de disposicións será o establecido no acordo de concesión. En todo caso este prazo non superará o período de carencia na amortización do préstamo, nin o establecido na Resolución da convocatoria.

O desembolso das operacións financeiras realizarase a solicitude da persoa beneficiaria.