IG208 - GALICIA EXPORTA ORGANISMOS INTERMEDIOS (2024)
Finalidade / Obxectivo
Estas axudas teñen como obxecto incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais, mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas.
A convocatoria de axuda proposta ten un custo de 1.300.000 € no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento Feder do 60%, computándose como cofinanciamento nacional polo 40% restante, parte de cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible dos beneficiarios.
En particular:
Obxectivo Político 1: Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Prioridade P1A Transición digital e intelixente.
Obxectivo Específico 1.3: Reforzar o crecemento sostible e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tambén mediante investimentos productivos.
Actuación 1.3.03: Axudas á internacionalización de empresas galegas.
Ámbito de intervención 021: Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.
Tipos de apoio
Subvención en réxime de concorrencia competitiva
Réxime de minimis
Beneficiarios potenciais
Os organismos intermedios empresariais de Galicia:
Asociacións empresariais, os consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica, clústeres empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliados en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas, e os centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos con anterioridade ao 31.12.2016 no rexistro establecido para o efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación.
Requisitos principais do proxecto
O gasto mínimo subvencionable do proxecto, exluídos os custos indirectos, terá que alcanzar a cantidade de 3.000 euros (IVE excluído).
En cada acción deben participar un mínimo de dúas pemes galegas (acción grupal), ou o organismo intermedio solicitante da axuda representando a todo o sector ou ás empresas asociadas ao dito organismo intermedio (acción sectorial).
O máximo de pemes participantes en cada acción é de 20, participe ou non o organismo intermedio.
Os proxectos obxecto de apoio recollerán unha ou varias das seguintes actuacións/accións:
a) Accións de difusión.
b) Accións de promoción.
c) Accións de prospección en mercados internacionais.
d) Accións de operatividade da internacionalización.
e) Custos indirectos.
Investimentos ou gastos computables
a) Accións de difusión.
a).1. Campañas conxuntas de publicidade (artigo 2.10) en prensa, revistas, radio, televisión, internet, ou outros medios sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro.
Gastos subvencionables:
Só se subvencionarán os gastos de compra de espazos publicitarios e insercións nos medios citados anteriormente. Así como os gastos correspondentes a campañas de posicionamento dixital.
As campañas deberán ser realizadas dentro do prazo de execución do proxecto.
a).2. Elaboración de material promocional conxunto (artigo 2.11).
Gastos subvencionables:
Gastos de asistencia externa en orixe ou destino para o deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.
Quedan excluídos deste apartado os carteis, listas de prezos, manuais de instrucións, flyers, displays, roll up, ou outros elementos de similares características.
O límite de gasto subvencionable conxunto para as accións de difusión é de 45.000 €.
b) Accións de promoción.
b).1. Neste apartado inclúense:
- A participación como expositor en feiras comerciais de carácter internacional organizadas por terceiros (artigo 2.4).
- A participación como expositor noutros eventos expositivos de carácter internacional organizados por terceiros non vinculados ao organismo nin as empresas solicitantes nin empresarial nin comercialmente (artigo 2.5).
- A participación en misións comerciais: tanto misións directas, como as visitas conxuntas a feiras ou a outros eventos expositivos con carácter internacional (artigos 2.6, 2.7 e 2.8).
Gastos subvencionables (no caso de participación como expositor en feira ou evento presencial):
1º Gastos de viaxe ao destino de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial.
Só son subvencionables os gastos de viaxe correspondentes a billetes de avión, tren e/ou autobús, taxas, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe.
Os límites destes gastos son os indicados no anexo III.
Teranse en conta o límite correspondente ao traxecto máis longo entre orixe e destino indicados nos xustificantes de gastos de avión, tren ou autobús realizados polas persoas que viaxen.
No caso de accións sectoriais: límite 3 traxectos de I/V por cada acción.
No caso de accións grupais: límite 41 traxectos de I/V por cada acción.
2º Aloxamento en destino final, en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial, ou nos seus arredores, cun máximo de 5 noitadas. Polo menos, unha das noitadas debe coincidir coas datas de celebración da feira ou evento no que se participa.
No caso de accións en máis dun país poderanse engadir un máximo de 2 noitadas máis por país cun máximo total de 10 noitadas.
Os límites destes gastos son os indicados no anexo III.
Terase en conta a coherencia cos límites de viaxe.
Non son subvencionables os gastos de viaxe e aloxamento para feiras comerciais e eventos expositivos que teñan lugar na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non se admiten noitadas in itinere durante as escalas da viaxe.
3º Gastos de aluguer de espazos e/ou stand, e servizos relacionados coa participación na feira ou evento, por exemplo: entradas, dereitos de inscrición, montaxe e desmontaxe de stand, aluguer de mobiliario e equipamento, aluguer de equipos audiovisuais, participación en actividades paralelas organizadas no marco da feira; contratación de intérpretes, modelos ou de persoal de apoio.
Admítense como máximo 2 entradas por evento, con un importe máximo por entrada de 1.500 €.
Para ser elixibles, estes servizos deben estar facturados polo organizador da feira ou evento expositivo, ou polas súas empresas provedoras ou colaboradoras. Exceptúanse os gastos de montaxe e desmontaxe de stand, que poderán ser facturados directamente por unha empresa provedora independente.
4º Gastos de asistencia externa para a detección de oportunidades, a realización de axendas, seguimento de contactos ou clientes iniciais ou existentes. Inclúense as axendas virtuais. Límite: 2.000 € por acción.
Gastos subvencionables (no caso de participación como expositor en feira ou evento virtual):
Subvencionaranse os gastos de alugueiro de stand virtual e dos servizos relacionados co aluguer; gastos de intérpretes, e as cotas de participación en feiras e eventos expositivos virtuais (ata 4 persoas por empresa).
O límite máximo deste gasto: 1.500 € por evento.
b).2. Misións empresariais inversas (artigo 2.9):
Neste tipo de accións exíxese un mínimo de 3 empresas/prescriptores visitantes.
Teranse en conta os gastos de viaxe a Galicia de cada persoa participante na misión (máximo 20 persoas por país e acción).
Gastos subvencionables:
1º Gastos da viaxe a Galicia correspondentes a avión, tren e/ou autobús, taxas de visado, seguros de viaxe e comisión da axencia de viaxe. Límites indicados no anexo III.
2º Gastos de aloxamento en Galicia (en réxime de aloxamento e almorzo). Só se subvencionarán un máximo de 5 noitadas por persoa e tendo en conta os límites indicados no anexo III.
3º Gastos de desprazamentos en Galicia mediante servizo contratado: autobús, minibús, taxi ou vehículo con conductor.
4º. Gastos de asistencia externa para a realización de axendas, detección de oportunidades, etc. Límite: 2.000 € por acción.
5º Gastos de alugamento de salóns e espazos.
6º Gastos de intérpretes. Límite: 1.500 € por acción.
c) Accións de prospección.
Accións cooperativas en destino para implantación promocional ou prospección de mercados.
Gastos subvencionables:
Gastos de aluguer de locais promocionais ou de prospección no estranxeiro durante o período de execución establecido na resolución de concesión.
d) Accións de operatividade da internacionalización:
d).1. Bases de datos de intelixencia competitiva internacional sectorial.
Gastos subvencionables:
Cuotas de bases de datos de intelixencia competitiva internacional sectoriais.
d).2. Creación de plataforma aplicación de e-commerce para mercados internacionais (mercado en liña).
Gastos subvencionables:
Gastos de asistencia externa para deseño, creación e/ou aloxamento de aplicación soporte de comercio electrónico.
Non serán subvencionables os gastos de mantemento.
Non será subvencionable este concepto de gasto para organismos que xa obtivesen axuda (axuda concedida sen mediar renuncia) para este concepto de gasto en convocatorias anteriores destas bases.
Non serán subvencionables estes gastos no caso de que xa se dispuxese dunha aplicación deste tipo antes da solicitude de axuda ou se non se xustifica a operatividade desta aplicación dentro do prazo de execución da axuda.
d).3. Xestión de tramitación de acordos de joint-ventures, contratos, certificacións, homologacións e rexistros de marca e patentes para o estranxeiro (inclúese o rexistro de códigos fonte).
Gastos subvencionables:
Gastos de asistencia externa en orixe ou en destino: asistencia xurídica, técnica e servizos para tradución de documentación.
d).4. Xestión de licitacións internacionais conxuntas.
Gastos subvencionables:
Gastos de asistencia externa en orixe ou en destino: asistencia xurídica, técnica e servizos para tradución de documentación.
En relación aos gastos de consultaría (asistencia externa) dos apartados b).1.4º e b).2.4º, as empresas que presten este tipo de servizos descritos nestes apartados deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape. Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado polas oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro, ou polas oficinas comerciais ou organismos públicos españois ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.
CUSTOS INDIRECTOS
e) Custos indirectos do proxecto: serán aqueles custos distintos dos custos directos subvencionables, que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada pero resultan necesarios para a súa realización, nos que se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), subministros (comunicacións, auga, electricidade, calefacción, teléfono), seguros, mantemento ou limpeza.
Fíxanse nun tipo fixo do 7% sobre os custos directos subvencionables.
So sé poderá presentar e aprobar unha solicitude por persoa beneficiaria, na que se poderán incluír varias accións das mencionadas. No caso de presentar más dunha solicitude entenderase implícita a desistencia ou renuncia da anterior.
Os gastos subvencionables serán os realizados polo organismo solicitante dentro do prazo de execución e facturados e pagados entre o día 1 de xaneiro de 2024 e o derradeiro día do prazo de execución establecido na resolución de concesión para os efectos de cumprir todas as condicións nela establecidas. O prazo de execución iniciarase o 1 de xaneiro de 2024 (polo que a solicitude de axuda poderán incluír accións que se leven a cabo previamente á súa presentación), se ben o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente (data da última factura) no momento de presentar a solictiude de axuda, e rematará na data establecida na resolución de concesión de axuda.
Excepcionalmente, tamén serán subvencionables os gastos efectuados e pagados desde o 1 de xullo de 2023 exixidos en concepto de reserva para accións que se realizarán no exercicio 2024.
Contía das axudas
A contía da axuda será dunha subvención do 70% dos custos directos subvencionables. Ademais, engadese a subvención dos custos indirectos do proxecto, correspondente a un tipo fixo do 7% sobre os custos directos subvencionables, co límite máximo de subvención de 400.000 € por beneficiario e convocatoria.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e será de un mes contado desde as 8.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o devandito prazo de un mes.
Procederá a apertura dun novo prazo de presentación das solicitudes, que será dun mes desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación da modificación no DOG ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o devandito prazo dun mes. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
Incompatibilidades
Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda para os mesmos custos.
Referencia lexislativa
Resolución do 19 de decembro de 2024 (DOG Nº2 03/01/2024) - Bases reguladoras e convocatoria 2024
Resolución do 13 de febrero de 2024 (DOG Nº35 do 19/02/2024) - Modificación das bases e novo prazo de presentación
Información e tramitación
Información:
900 81 51 51 ou 981 54 11 47
A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual
Observacións
O prazo de execución iniciarase o 1 de xaneiro de 2024, se ben o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente (data da última factura) no momento de presentar a solicitude, e finalizará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de novembro de 2024, para as solicitudes con accións a realizar ata esta data, e do 31 de marzo de 2025, para solicitudes con accións a realizar ata esta data. Estas dúas datas, en cada caso, son as datas últimas admisibles de facturación e pago.
Dentro deste prazo de execución deberase presentar a solicitude de cobro.
As accións realizadas entre o 1 de decembro de 2024 e o 31 de decembro de 2024 poderán ser imputadas ao 2025.