IG300H - OBRADOIROS MULTIDISCIPLINARES DE DIXITALIZACIÓN, INNOVACIÓN, SOSTIBILIDADE E LOXÍSTICA AVANZADA (2025)

Finalidade / Obxectivo

Os obradoiros obxecto desta convocatoria concíbense como espazos de encontro intersectoriais entre empresas e provedores que teñen como finalidade fomentar a cooperación, a exploración de solucións tecnolóxicas e o deseño de vías de colaboración que impulsen proxectos de alto impacto nos seguintes eidos: dixitalización, innovación, sostibilidade, economía circular e loxística avanzada.

O obxectivo principal destes obradoiros é facilitar a articulación de iniciativas colaborativas que incrementen a competitividade empresarial, promovendo a formulación de proxectos que sexan susceptibles de optar ás axudas establecidas noutras convocatorias do Igape ou doutras administracións públicas, tanto galegas como estatais. Ademais, búscase identificar oportunidades de hibridación intersectorial que contribúan á xeración de novas solucións innovadoras aplicables a diversos sectores económicos.

Tipos de apoio

Réxime de concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciais

1. Poderán ser beneficiarios os organismos intermedios de carácter empresarial de Galicia. Entenderanse como tal para os efectos destas axudas:

a) Entidades con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro, con domicilio social ou centro de traballo en Galicia, que pertenzan a unha das seguintes categorías: asociacións empresariais, fundacións empresariais ou universidade-empresa, clústeres empresariais ou “hubs” de innovación dixital ao abeiro da Estratexia Galega de HID.
b) Centros tecnolóxicos e centros de apoio á innovación tecnolóxica domiciliados en Galicia e que estean inscritos no rexistro establecido ao efecto polo Ministerio de Ciencia e Innovación.

2. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:
a) As entidades que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
b) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.

Requisitos principais do proxecto

As temáticas a abordar en cada obradoiro deberán enmarcarse nun ou varios dos seguintes ámbitos:

a) Dixitalización empresarial e transformación dixital: implementación de ferramentas colaborativas, optimización de procesos e adopción de novas tecnoloxías.
b) Innovación empresarial: desenvolvemento de proxectos disruptivos ou melloras en produtos, servizos ou procesos.
c) Sostibilidade en todas as súas vertentes, incluíndo a economía circular, a redución de pegadas de carbono e hídricas, a mellora da biodiversidade ou a transición enerxética.
d) Loxística avanzada e sostible: mellora da función loxística empresarial, redución de custos operativos e implementación de solucións máis eficientes e respectuosas co medio ambiente.
A través desta convocatoria, búscase crear un ecosistema que fomente o diálogo, o intercambio de experiencias e a colaboración entre empresas e provedores, promovendo a innovación e a competitividade a través de solucións sostibles e dixitais.

Cada espazo de encontro poderá estar articul

Investimentos ou gastos computables

1. Poderanse subvencionar os seguintes gastos nos que incorran os organismos intermedios para a organización dos obradoiros:

a) Colaboracións externas directamente relacionadas coa execución do proxecto, exclusivamente para o deseño, organización, promoción, execución e seguimento das actividades realizadas no marco da convocatoria.

Os beneficiarios poderán contratar os servizos necesarios a través de un ou varios provedores especializados, sendo recomendable que, sempre que sexa posible, se concentren os servizos nun único provedor para garantir a coherencia no desenvolvemento das actuacións.

As colaboracións externas subvencionables non consistirán en actividades permanentes ou periódicas do organismo nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais como son os servizos rutinarios de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade.

b) No suposto de que o importe do IVE supoña un custo real soportado polo beneficiario poderá ser considerado un gasto subvencionable. Nest

Contía das axudas

A subvención será do 100% dos gastos subvencionables ata un máximo de 25.000 € por proxecto e concédese ao abeiro do réxime de axudas de minimis.

Co obxectivo de fomentar a diversidade de obradoiros, unha mesma entidade poderá presentar varias solicitudes pero establécese un límite máximo de subvención por entidade beneficiaria de 75.000 € para o total de solicitudes concedidas. No caso de que se supere o dito importe, axustarase o importe de subvención no proxecto con menor precedencia.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda será de un mes contado desde as 9.00 horas do día 7 de febreiro ata as 14.00 horas do día 7 de marzo.

Incompatibilidades

Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas.
Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 300.000 euros nos tres anos previos á concesión da axuda.

Referencia lexislativa

Resolución do 16 de decembro de 2024 (DOG Nº7 do 13/01/2025) - Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 31 de xaneiro de 2025 (DOG Nº23 do 04/02/2025) - Novos prazos de presentación

Información e tramitación

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]

*Tramitación:
1. Para presentar a solicitude, as persoas interesadas deberán cubrir previamente un formulario electrónico, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual.

Presentarase unha solicitude por cada obradoiro dirixida a algunha das temáticas definidas no artigo 1. No caso de que un obradoiro conteña unha mestura de temáticas, as persoas solicitantes deberán clasificalo dentro dalgunha delas en función da que considere principal ou máis salientable. Cada Organismo Intermedio poderá presentar un máximo de catro proxectos na mesma convocatoria. No caso de que algún Organismo Intermedio presente máis de catro proxectos, serán unicamente considerados os catro primeiros, por estrita orde de entrada.

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónico

Observacións

O prazo de execución non poderá superar o 31 de maio de 2026.

As persoas beneficiarias das axudas deberán presentar a solicitude de cobramento como máis tarde o 15 de decembro de 2025 para os proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 15 de decembro de 2025 ou anterior, e como máis tarde o 31 de maio de 2026 no resto dos proxectos. Os gastos realizados entre o 16 de decembro de 2025 e o 31 de decembro de 2025 poderán ser imputados ao 2025.

CRITERIOS:

Os proxectos que cumpran coas condicións necesarias serán avaliados de acordo co seguinte baremo xeral:

1º Dimensión do proxecto. En función do número de empresas participantes (mínimo 6 empresas): 5 puntos por cada empresa por enriba do mínimo definido ata un máximo de 20 puntos. A efectos de baremación, obterase a máxima puntuación para 10 empresas participantes.

Considerarase "empresa participante" aquela que teña unha participación activa e documentada no obradoiro, implicándose nas actividades propostas e xustificándose a súa asistencia ou contribu