IG408M - INTELIXENCIA ARTIFICIAL IA360 - APLICACIÓN DE SERVIZOS E/OU SOLUCIÓNS COMERCIAIS BASEADAS EN IA (2025)
Finalidade / Obxectivo
O obxecto destas bases é apoiar ás pemes de Galicia no desenvolvemento tecnolóxico e a innovación a través do uso da Intelixencia Artificial.
Terán a consideración de actuacións subvencionables os proxectos de aplicación de servizos e/o solucións comerciais baseadas en Intelixencia Artificial que permitan mellorar a competitividade das empresas de Galicia, así como os proxectos que permitan ás empresas solicitantes preparar as súas infraestruturas de datos para que posteriormente poidan realizar proxectos de Intelixencia Artificial.
Tipos de apoio
Réxime de concorrencia non competitiva.
Para os efectos da determinación da prelación temporal, a data para ter en conta será a data e hora de presentación da solicitude. No caso de presentación de achegas ou de que a solicitude requira emenda, terase en conta a data e hora en que a entidade solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida.
Esta convocatoria enmárcase no Investimento C16.R01 comprendida no Compoñente 16 do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e que contribúe aos fitos 251 e 253. Contribuirá ao cumprimento dos obxectivos asociados á mesma, de acordo coa normativa reguladora do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a nivel europeo e nacional.
Estas axudas contribúen á transición dixital na actividade etiquetada como «convocatoria integración IA en cadeas de valor (Etiqueta 009bis)» no compoñente 16 da Estratexia nacional de Intelixencia artificial. En particular, contribúen á transición dixital da seguinte maneira:
• Investimento en I+D na área dixital.
• Dixitalización de empresas.
• Investimentos en capacidades dixitais e despregamento de tecnoloxías avanzadas.
A presente convocatoria finánciase mediante fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia (25 %) e cofinanciaranse (75 %) con fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, no marco do compoñente 16, Estratexia Nacional de Intelixencia artificial, Reforma 1, Estratexia Nacional de Intelixencia artificial, ao amparo das Redes Territoriais de Especialización Tecnolóxica (RETECH) e dentro do Proxecto «Cadea de Valor en Intelixencia artificial».
Beneficiarios potenciais
1. Esta liña está exclusivamente dirixida as pequenas e medianas empresas de Galicia, que nesta fase, poderán facer constar no formulario de solicitude que se aplique a estas axudas o réxime de exención por categorías (Regulamento (UE) 651/2014). En función da elección realizada, resultarán de aplicación as disposicións comúns e específicas desta Liña que concretamente se refiran ao réxime seleccionado, así como calquera outras que non sexan exclusivamente aplicables ao outro réxime
2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:
a) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007.
b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
c) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, e as súas posteriores modificacións.
d) As que entren dentro da categoría de empresas en crise, cando este resulte de aplicación ás Liñas.
e) Só poderán ser beneficiarias das presentes subvencións as persoas ou entidades que realicen actividades que cumpran a lexislación ambiental nacional e da UE pertinente.
Sectores incentivables
Pemes de calquera sector galegas un centro de traballo en Galicia, que realicen calquera actividade económica coa excepción, cando resulte de aplicación a cada Liña o Regulamento de minimis, das actividades excluídas por este:
• A produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura.
• A produción primaria de produtos agrícolas e gandeiros.
Asemade, non poderán ser consideradas como persoas beneficiarias todas aquelas empresas que se dediquen a sectores especificamente excluídos en materia de investigación, desenvolvemento e innovación polo Regulamento (UE) 651/2014.
Requisitos principais do proxecto
O orzamento mínimo dos proxectos será de 10.000 euros.
Terán a consideración de actuacións subvencionables os proxectos de aplicación de servizos e/o solucións comerciais baseadas en Intelixencia Artificial que permitan mellorar a competitividade das empresas de Galicia, así como os proxectos que permitan ás empresas solicitantes preparar as súas infraestruturas de datos para que posteriormente poidan realizar proxectos de Intelixencia Artificial.
Os proxectos enmarcados nesta Liña poderán ter por obxecto unha ou varias das seguintes actuacións subvencionables:
A) Consultoría en Estratexia do Dato e Aplicación de Intelixencia Artificial á actividade da empresa: abarcará exclusivamente os gastos asociados á consultoría nos que unha empresa experta externa realice un diagnóstico de situación da solicitante e un asesoramento técnico para mellorar a gobernanza do dato e identificación de casos de uso de intelixencia artificial aplicada. O resultado deste proxecto servirá como anteproxecto das outras dúas tipoloxías de actuacións subvencionables descritas a seguir.
B) Estratexia do Dato: proxectos que permitan ás beneficiarias facer un uso adecuado dos seus datos, facilitando a toma de decisións a través da implantación de solucións que melloren as súas infraestruturas para a explotación de datos e a analítica avanzada.
C) Intelixencia Artificial Aplicada: proxectos relacionados coa aplicación de servizos e/o solucións comerciais baseadas en Intelixencia Artificial. Ademais, deberán acreditar o uso de algortmia de Intelixencia Artificial nalgún dos seguintes ámbitos:
– Visión computarizada: aplicación de algoritmos e técnicas de procesamento de imaxes para a detección e recoñecemento de obxectos ou persoas en diversos ámbitos de actuación.
– Cuántica: aplicación da tecnoloxía cuántica á investigación e o desenvolvemento de solucións melloradas de intelixencia artificial, como algoritmos de aprendizaxe automática, redes neuronais e grandes modelos lingüísticos (LLM).
– Machine Learning e Deep Learning: aprendizaxe automática, incluída a aprendizaxe profunda, para unha ampla gama de aplicacións.
– NLP: os modelos lingüísticos que implican o desenvolvemento de algoritmos que poidan procesar, analizar e xerar texto ou fala en linguaxe natural para aplicacións como a tradución de idiomas, os chatbots, os asistentes virtuais ou o recoñecemento de voz.
– RPA: robots software para a automatización de fluxos de traballo ou asistencia na toma de decisións.
– IA Xenerativa: desenvolvemento de sistemas e modelos que utilizan intelixencia artificial xenerativa que permite producir contidos novos en diversos formatos como texto, imaxes, vídeo ou audio.
Non se admitirán como actuacións subvencionables aqueles produtos ou servizos descritos no presente artigo que formen parte do propio catálogo de produtos/servizos da persoa beneficiaria.
Non constituirá en ningún caso unha actuación subvencionable a exportación a outros Estados membros da Unión Europea ou a terceiros países e, por conseguinte, ningunha subvención concedida no marco do presente Programa poderá estar directamente vinculada ás cantidades exportadas, ao establecemento e a explotación dunha rede de distribución ou a outros gastos correntes vinculados á actividade exportadora.
Cualificación requerida do proxecto
Con carácter xeral, resultará de aplicación ás axudas previstas nesta Liña o réxime de minimis (Regulamento (UE) 2023/2831).
Investimentos ou gastos computables
Os investimentos en activos fixos, materiais ou inmateriais, deberán ser adquiridas en propiedade pola persoa beneficiaria e deberán ser adquiridas a terceiros.
Non serán subvencionables en ningún caso impostos, intereses e gastos financeiros, e taxas.
Serán subvencionables os seguintes conceptos:
a) Os custos de persoal;
b) Os custos de instrumental, material, edificios e terreos, na medida e durante o período en que se utilicen para o proxecto;
c) Os custos de investigación contractual, coñecementos e patentes adquiridos ou obtidos por licenza de fontes externas en condicións de plena competencia;
d) Os gastos xerais e outros gastos de explotación adicionais, incluídos os custos de material, subministracións e produtos similares, que se deriven directamente do proxecto.
Ademais, cando resulte de aplicación o réxime de minimis, serán conceptos subvencionables os seguintes:
a) Consultoría, desenvolvemento, hardware e gastos internos: gastos relativos ás tarefas de consultoría, desenvolvemento de software, hardware e gastos internos que estean directamente vinculados á tecnoloxía de IA ou a Estratexia do Dato.
b) Licenzas ou servizos na nube: admitiranse os gastos en licenzas ou servizos na nube por un máximo de doce meses, sempre que formen parte das tipoloxías de proxectos mencionadas no apartado anterior.
En materia de ofertas de provedores, vinculación empresarial e morosidade estarase ao establecido no artigo 5 días presentes bases.
O período subvencionable e o efecto incentivador estarán condicionados ao réxime xurídico escollido pola entidade solicitante:
a. Réxime de minimis (Regulamento (UE) 2023/2831): o período subvencionable das actuacións poderá comezar o día 1 de xaneiro de 2025 e a execución e xustificación axustaranse ao especificado no apartado quinto da resolución de convocatoria das presentes bases de axudas.
b. Réxime de exención por categorías (Regulamento (UE) 651/2014): poderán ser subvencionables os investimentos realizados desde a data de presentación da solicitude de axuda e deberán de axustarse aos prazos de execución e xustificación establecidos no apartado quinto da resolución de convocatoria das presentes bases de axudas. Calquera investimento realizado fóra deste período non será subvencionable. Para ese efecto, antes de iniciar o proxecto, a entidade solicitante deberá presentar a solicitude da axuda.
Contía das axudas
a) Cando resulte de aplicación o réxime de minimis, a intensidade de axuda será do 60 %.
b) No caso de que resulte de aplicación o Regulamento Xeral de Exención por Categorías, a intensidade da axuda aplicable ás pequenas e medianas empresas beneficiarias será do 50 %.
En calquera caso, a intensidade máxima de axuda non superará os 200.000 €.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comeza o 10 de febreiro ás 9:00 h e rematará ás 14:00 horas do 31 de outubro de 2025 agás que antes desas datas se produza o esgotamento do crédito.
Por incidencias técnicas da NOVA plataforma tecnolóxica do IGAPE, quedaron anulados os prazos de presentación de solicitudes das axudas do Igape.
Incompatibilidades
1. As axudas concedidas ao amparo das presentes bases serán compatibles con calquera outra axuda, ingreso ou recurso para a mesma finalidade, procedente de calquera outra Administración ou ente público ou privado, sempre que a intensidade de axuda acumulada non supere o importe da actuación e, cando resulte de aplicación a cada Liña, non se supere a intensidade permitida no Regulamento (UE) 651/2014.
2. Estas axudas son incompatibles con calquera outra subvención a fondo perdido do Igape para os mesmos gastos e investimentos.
3. No caso de que, conforme ás disposicións específicas de cada Liña, lles sexa de aplicación o réxime de minimis, deberase garantir que, de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis, non se supera o límite de 300.000 € nos tres anos previos ao da concesión da axuda.
Referencia lexislativa
Resolución do 13 de xaneiro de 2025 (DOG Nº8 do 14/01/2025) - Bases reguladoras e convocatoria 2025
Resolución do 31 de xaneiro de 2025 (DOG Nº23 do 04/02/2025) - Novos prazos de presentación
Información e tramitación
* Información:
- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]
*Tramitación:
1. Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da entidade solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través de https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual.
Cada empresa só poderá presentar unha solicitude de axuda por cada unha das liñas (A, B e C). As tres liñas son compatibles entre si, podendo beneficiarse as empresas do ciclo completo (Intelixencia Artificial 360).
1. As persoas interesadas deberán presentar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non rexistradas no Rexistro Mercantil.
b) As tres ofertas, no caso de proxectos iniciados con anterioridade á presentación da solicitude.
c) Aquelas entidades beneficiarias que desenvolvan actividades económicas, consonte o artigo 8 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, acreditarán a inscrición no Censo de empresarios, profesionais e retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria ou no censo equivalente da Administración Tributaria Autonómica, que debe reflectir a actividade económica efectivamente desenvolta á data de solicitude da axuda.
d) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará segundo o establecido nas bases.
As solicitudes deberán de vir acompañadas cunha memoria técnica e económica do proxecto, que deberá conter, polo menos, a información detallada nos seguintes puntos:
– Descrición do problema ou necesidade detectada e os obxectivos que se pretenden alcanzar coa implementación do servizo e/o produto
– Descrición económica do proxecto que consistirá no desenvolvemento dun orzamento total e detallado do proxecto.
2. Ademais, e no caso de que se escolla a aplicación do Regulamento de minimis, para investimentos e gastos realizados antes da data de solicitude de axuda, achegarase:
a) Documentación xustificativa do gasto: documentos acreditativos dos gastos, consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente.
b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pagamento foi realizado efectivamente dentro do prazo de execución (Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria ou informe dun auditor de contas).
Observacións
Os prazos de execución e xustificación das actuacións serán:
Desde a data de solicitude ata o 31 de outubro de 2025 o prazo de xustificación será o 1 de decembro de 2025.
O prazo de execución desde o 1 de novembro de 2025 ata o 9 de xaneiro de 2026 o prazo de xustificación será o 30 de xaneiro de 2026
Unha vez pronunciada a resolución de concesión, non se admitirán modificacións, sen prexuízo do establecido no artigo 15 l) destas bases no relativo á consecución de obxectivos, que non serán consideradas modificacións.