ENCONTRO EMPRESARIAL
Galicia con sinerxia: Enerxías renovables e transición enerxética, sector alimentación, a loxística do fututo
O vindeiro mércores 12 de xuño, ás 9:30 h, en Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia, San Cibrao das Viñas - Ourense), terá lugar o evento "Galicia con sinerxia: enerxías renovables e transición enerxética, sector alimentación, a loxística do fututo" no marco do programa Capacita Directivos 2024.
A Xunta de Galicia, a través do Igape, o Círculo de Empresarios de Galicia, Nordés Club Empresarial e a Asociación paro o Progreso da Dirección (APD), colaboran no programa Capacita Directivos 2024: Empresa intelixente, competitividade e crecemento empresarial de Galicia, co obxectivo de axudar a consolidar unha industria galega competitiva nun mercado global e profundar en liñas estratéxicas que fortalezan un crecemento intelixente e sostible.
'Empresa intelixente: competitividade e crecemento empresarial en Galicia’ é unha iniciativa de colaboración público-privada que contempla a organización e desenvolvemento de encontros empresariais en distintos puntos de Galicia, coa finalidade de concienciar, reflexionar, debater, compartir experiencias e promover a colaboración entre empresas, administracións, universidades, centros tecnolóxicos ou clústeres.
Galicia con sinerxia: Enerxías renovables e transición enerxética, sector alimentación, a loxística do fututo
Transformando as cadeas de valor en sistemas de valor, a través de interacción, colaboración e complementariedade dos sectores estratéxicos de Galicia. Como unha inmensa cadea, á que se van agregando elos, os sectores produtivos galegos forman un ecosistema de ecosistemas entrelazados, no que ningún é prescindible. É esa sinerxia a que fai que 1+1 somen 3, e que 1+1+1 somen 5, 6, 7 ou o que queiramos. A economía galega basea a súa riqueza nos seus recursos naturais: no que producen a terra, o mar, o vento, os ríos… Pero a súa transformación non valería de nada sen loxística de distribución.