IG300I - AUTOMOCIÓN - LIÑA 2. INVESTIMENTO DO PRODUTIVO (2025)
Finalidade / Obxectivo
Apoiar á industria da automoción galega dentro do Plan de Apoio á Descarbonización e Transición ao Vehículo Eléctrico do Sector da Automoción de Galicia, mediante apoios en tres tipoloxías ou liñas de proxecto de actuación: desenvolvemento tecnolóxico e innovación de procesos ou organización, investimento produtivo e Renovables.
Tipos de apoio
Réxime de concorrencia non competitiva.
Esta liña financiarase con Fondos Propios da Comunidade Autónoma de Galicia.
Beneficiarios potenciais
1. Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as empresas do sector de automoción cun centro de traballo en Galicia no que se desenvolva o proxecto subvencionado.
Consideraranse industrias de automoción aquelas cuxa actividade principal se desenvolva nos CNAE 29 e 30, en calquera dos seus subepígrafes e tamén aquelas empresas que, non estando dadas de alta en actividades deses CNAE, estean asociadas á Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.
2. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:
a) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007.
b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
c) As empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, do 31 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
d) As empresas que no momento da resolución da axuda non se atopen ao corrente de débedas coas distintas administracións: AEAT, Seguridade Social e Consellería de Facenda e Administración Pública.
e) As que entren dentro da categoría de empresas en crise.
Para o caso das agrupacións de empresas ás que se fai referencia na liña 1, cada unha das integrantes da agrupación deberán de reunir todos os requisitos establecidos neste artigo.
Sectores incentivables
Consideraranse industrias de automoción aquelas cuxa actividade principal se desenvolva nos CNAE 29 e 30, en calquera dos seus subepígrafes e tamén aquelas empresas que, non estando dadas de alta en actividades deses CNAE, estean asociadas á Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.
Requisitos principais do proxecto
1. Axudas a pemes para as seguintes tipoloxías de proxecto que serán, en todo caso, realizados por unha única entidade e nunha única localización:
a) Creación dun novo establecemento: inicio dunha nova actividade industrial.
b) Modificación de liñas de produción: realización de investimentos en aparellos e equipos, así como a adquisición de activos fixos materiais para a implementación de solucións de hibridación do mundo físico e dixital (sistemas intelixentes, low-end e embebidos, sensores, wearables, e-tags, realidade virtual e impresión 3D, robótica e vehículos non tripulados dentro do establecemento industrial) que integren polo menos unha liña de produción completa, destinadas a:
i. A ampliación da capacidade dun establecemento existente;
ii. A diversificación da produción nun establecemento en produtos que anteriormente non se producían no establecemento; ou ben
iii. A transformación fundamental no proceso global de produción do establecemento.
2º. Axudas a grandes empresas para as seguintes tipoloxías de proxecto que serán, en todo caso, realizados por unha única entidade e nunha única localización:
Creación dun novo establecemento: inicio dunha nova actividade industrial.
Investimentos iniciais en favor dunha nova actividade económica: realización de investimentos en aparellos e equipos, así como a adquisición de activos fixos materiais para a implementación de solucións de hibridación do mundo físico e dixital (sistemas intelixentes, low-end e embebidos, sensores, wearables, e-tags, realidade virtual e impresión 3D, robótica e vehículos non tripulados dentro do establecemento industrial) que integren polo menos unha liña de produción completa, destinadas á diversificación da produción nun establecemento, a condición de que a nova actividade non sexa unha actividade idéntica ou similar á realizada anteriormente no establecemento.
* Condicións dos proxectos obxecto de apoio.
- A persoa beneficiaria deberá realizar unha aportación financeira mínima do 25 % dos custos subvencionables, mediante os seus propios recursos ou mediante financiamento externo, exenta de calquera tipo de axuda pública.
-A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado.
Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto, a persoa solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude.
-O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata a data de remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar o 30 de novembro de 2025.
- As empresas interesadas poderán presentar unha única solicitude de axuda a cada liña definida. De presentárense máis dunha á mesma liña, arquivaranse automáticamente as rexistradas despois da primeira, agás desistencia expresa de algunha das outras por parte da persoa solicitante.
Unha vez presentadas, as solicitudes non poderán modificarse.
- Establécese un importe máximo acumulado por empresa na mesma convocatoria de 10.000.000 €
Investimentos ou gastos computables
Investimento en activos fixos tanxibles e intanxibles nos que incorra a empresa dende a data de solicitude ata o 30 de novembro de 2025.
a) Compra de maquinaria ou bens de equipo.
b) Obras de reforma e rehabilitación de naves ou espazos produtivos.
c) Programas de implantación de solucións tecnolóxicas (software e hardware).
d) Outros investimentos en activos fixos.
* Condicións:
O importe mínimo de custo subvencionable total deberá acadar 100.000 €.
Non serán subvencionables en ningún caso impostos, xuros e gastos financeiros, e taxas.
Para ser considerados subvencionables, os gastos deberán ser abonados dentro do prazo de execución do proxecto e nos prazos de pago previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
Contía das axudas
Concederase unha axuda en función do tamaño da empresa sobre os custos subvencionables incorridos pola empresa durante o período subvencionable, coas seguintes intensidades:
Axudas rexionais á inversión (línea 2)
Gran empresa - 15 %
Mediana empresa - 25 %
Pequena empresa – 35%
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o 11 de febreiro de 2025 ás 9.00 horas e rematará o 30 de abril de 2025 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
Incompatibilidades
Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para os mesmos custos subvencionados.
Referencia lexislativa
Resolución do 13 de xaneiro de 2025 (DOG Nº8 do 14/01/2025) - Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 31 de xaneiro de 2025 (DOG Nº23 do 04/02/2025) - Novos prazos de presentación
Información e tramitación
* Información:
- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]
*Tramitación:
A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de maneira obrigatoria na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual
Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa solicitante.
b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @asina da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/pae/afirma-Anexo-PSC.
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a firma da solicitude por parte dun único solicitante.
* Documentación complementaria:
a) No caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil, as persoas interesadas deberán achegar escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes, e acreditación da representación con que se actúa, no caso de non atoparse inscritas no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).
b) Ofertas: as tres ofertas que debe ter solicitado a persoa beneficiaria en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia.
No caso de adquisicións de edificacións ou construcións novas ou usadas non será preciso achegar as tres ofertas, deberá acompañarse un informe de taxación suscrito por sociedade de taxación homologada.
c) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias acreditarán o cumprimento da normativa en materia de prazos a provedores.
* Documentación específica:
- Listaxe completa dos investimentos previstos, que se deberá cubrir no formulario de solicitude.
Observacións
O prazo de execución e xustificación rematará o 30 de novembro de 2025.
A persoa beneficiaria deberá presentar a xustificación e solicitude de cobramento da axuda ata a data de fin de execución do proxecto.
En todas as liñas resolverase a concesión de axuda e un anticipo do 80 % da axuda.