IG300F - AXUDAS Á IMPLANTACIÓN DE MEDIDAS PARA O AVANCE NO CUMPRIMENTO DE CRITERIOS AMBIENTAIS, SOCIAIS E DE GOBERNANZA (ASG) 2025

Finalidad / Objetivo

1. Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos individuais nos que unha empresa aborda medidas de impacto nos factores ASG (Ambientais, Sociais e de Gobernanza), especificamente deseñadas ou desenvolvidas para o seu ámbito de actividade, cuxa finalidade sexa o desenvolvemento e implantación de solucións avanzadas para a produción, transporte e distribución de materias primas, compoñentes, semielaborados e produtos finais, acadando reducións e aforros na utilización de recursos naturais, auga e enerxía e diminucións na xeración de refugallos, subprodutos ou desfeitos, coa tendencia de converter os refugallos en recursos de uso en outros procesos produtivos; e tamén aquelas actuacións dirixidas a desenvolver a responsabilidade social empresarial e avanzar nos mellores modelos de gobernanza nas organizacións.

2. Os proxectos propostos deben dirixirse a un ou varios dos 18 obxectivos que se agrupan en 4 tipoloxías: Globais, Ambientais, Sociais ou Gobernanza.

Tipos de apoyo

Subvencións en réxime de concorrencia non competitiva.
Axudas en réxime de minimis.
Financiadas con fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios potenciales

1. As empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluíndo aos empresarios autónomos, e que teñan un centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.

2. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:
a) As empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipos para os que solicitan a axuda.
b) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (agás empresarios autónomos), que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial.
c) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007.
d) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
e) Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, as empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004 de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Sectores incentivables

Exclúense de axuda as seguintes actividades:

a) A produción agrícola primaria e a produción primaria de produtos da pesca e da acuicultura.
b) As actividades na explotación ou a bordo, necesarias para a preparación dun produto agrícola, pesqueiro ou acuícola para a primeira venda ou a primeira venda a revendedores ou transformadores.

Requisitos principales del proyecto

Os proxectos propostos deben dirixirse a un ou varios dos 18 obxectivos que se agrupan en 4 tipoloxías: Globais, Ambientais, Sociais ou Gobernanza:

• Globais:

1. Auditoría e Avaliación de riscos ASG: proxectos de identificación, diagnose e propostas de xestión dos riscos relacionados cos factores ASG.
2. Consultoría e certificación de empresa B-CORP (con diferentes alcances segundo a situación):

a. Informe de EIB (Avaliación de Impacto B) completado ao 100% incluíndo plan de melloras.
b. Custos de verificación final máis certificación (cota do primeiro ano).
c. Recertificación: verificación final máis cota do primeiro ano.

As consultorías contratadas polas empresas para o proceso B-CORP deberán acreditar que compren algunha das seguintes condicións:
• Contan con persoal con formación como aceleradores B-corp.
• Contan con persoal con formación como multiplicadores B-Corp.
• Presentan experiencia previa en procesos de certificación B-Corp.

• Ambientais:
Redución do consumo de recursos no proceso produtivo:
3. Redución do consumo de recursos naturais, materias primas e semielaborados.
4. Mellora da eficiencia enerxética (sistemas de control e optimización intelixente de consumos, excluído todo o relacionado con fontes, xeradores ou produción enerxética).
5. Monitoraxe e control de procesos.
6. Medición, monitoraxe e redución de pegada de carbono e pegada hídrica.
Redución da xeración de residuos no proceso produtivo, a perigosidade dos mesmos e/ou facilitar a súa reutilización, valorización e/ou reciclaxe:
7. Redución e/ou reutilización de residuos e subprodutos.
8. Clasificación e/ou valorización de residuos e subprodutos.
9. Deseño e desenvolvemento de envases e embalaxes ecoeficientes.
10. Consultoría e certificación de Eco-deseño: ISO 14006.
Análise do ciclo de vida do produto:
11. Incorporación de criterios de sustentabilidade nas compras.
12. Análise de ciclo de vida e implantación de estratexias de deseño sostible baseadas no principio ‘berce a berce’.

• Sociais:

13. Diversidade e inclusión: elaboración de plans de fomento dun entorno de traballo inclusivo e diverso, promoción da igualdade de oportunidades e da diversidade en todos os niveis da empresa.
14. Ética Laboral: propostas de prácticas laborais xustas e éticas, cara a asegurar condicións de traballo seguras e respectuosas.
15. Elaboración de programas de investimento na Comunidade: participación en actividades que beneficien ás comunidades locais, programas de educación, saúde ou desenvolvemento comunitario.

• Gobernanza:
16. Estruturas das Xuntas Directivas: análises e propostas de establecemento de Xunta Directiva diversa e independente que supervise e guíe as decisións estratéxicas da empresa.
17. Transparencia Financeira: propostas de mellorar a información financeira e a súa divulgación cara a garantir a transparencia.
18. Ética empresarial: desenvolvemento de códigos de conducta empresarial que promovan a ética e a integridade en todas as operacións.
As empresas poderán presentar un único proxecto en cada convocatoria, no caso de que unha única entidade presentase mais dun proxecto só se tería en conta o primeiro que teña entrada no Rexistro electrónico.

Inversiones o gastos computables

1. Poderanse subvencionar os seguintes tipos de conceptos:
a) Activos materiais e inmateriais (deben contabilizarse nunha conta contable do grupo 2):
i. Sensores, equipos e sistemas para a medición, monitorizaxe, seguimento e control de parámetros produtivos e ambientais.
ii. Hardware e software intelixente para proceso da información cando sirva ao aforro, monitorización ou control de insumos e de consumo de recursos hídricos ou enerxéticos ou ben para a redución da produción de refugallos, así como os gastos de desenvolvemento do devandito software. En ningún caso serán subvencionables os gastos de mantemento ou o canon dixital.
iii. Nova maquinaria e bens de equipo, unicamente no caso de que se trate de equipos destinados á reutilización ou reciclaxe in situ de refugallos producidos nos procesos da empresa ou equipos destinados especificamente á redución de emisións ou recuperación de recursos hídricos.

b) Servizos de consultoría externa, de deseño de procesos ou de produtos máis eficientes, ou organizativa (debe contabilizarse nunha conta contable do grupo 6): asistencia técnica, eco-deseño, reenxeñería de procesos, programas de responsabilidade social ou propostas dirixidas a mellorar a gobernanza, a xestión de riscos ASG ou cara a certificación B Corp. As colaboracións externas subvencionables deberán contribuír aos obxectivos específicos do proxecto e polo tanto non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionadas cos gastos de explotación normais da empresa como son os servizos rutinarios de asesoría fiscal, os servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade, servizos de mantemento nin calquera outros non vencellados directamente ao obxecto do proxecto ASG proposto. Tamén serán subvencionables os custos das certificacións previstas nomeadas no apartado 2 do artigo 1.
Non serán subvencionables aquelas colaboracións externas nas que non se indique con claridade o resultado que se vai obter, os entregables previstos e como se integrará ese traballo no resultado final global do proxecto.

2. O período de execución dos gastos e investimentos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde o 1 de xaneiro de 2025 ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data para a execución dos proxectos.
3. No seu caso, os bens obxecto do investimento deberán ser adquiridos polo beneficiario en propiedade. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da empresa antes do remate do prazo de execución do proxecto.
4. Os bens e servizos subvencionados deberán ser adquiridos a terceiros.
5. Cando o importe dos investimentos ou gastos subvencionables superen as contías establecidas na Lei de contratos do sector público para o contrato menor (importe igual ou superior a 15.000 €), o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á súa contratación, agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención ou que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente núme¬ro de entidades que os subministren, neste último caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia asinado por un experto independente.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos:
a) Comparabilidade.
b) Non vinculación.
c) Identificación do ofertante e do destinatario.
d) Data: todas as ofertas deberán mostrar unha data de emisión.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia.

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerase subvencionable o importe da oferta elixida logo da xustificación da súa elección mediante a presentación dunha memoria que motive que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios técnicos adicionais ao prezo.

En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

6. Os investimentos terán que incluírse no activo da empresa e manterse no centro de traballo en Galicia durante os 3 anos seguintes ao remate do prazo de execución do proxecto.
7. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores; así mesmo, tomarase en consideración a definición de única empresa definida no artigo 2.2. do Regulamento UE 2023/2831.
8. Non se considerará o IVE como gasto subvencionable.
9. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables nos que incorrera nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, no seu defecto, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Cuantía de las ayudas

A subvención será do 80% dos investimentos materiais e inmateriais e gastos de colaboracións externas subvencionables cos seguintes límites inferiores e subvención máxima:

Importe mínimo por empresa: 3.000 €
Subvención máxima por empresa: 60.000 €
Subvención máxima en proxectos só de consultoría, por empresa: 30.000 €

• Cando un proxecto só de consultoría, se refira a un traballo específico para un só dos 18 obxectivos previstos, o importe máximo subvencionable por empresa será de 15.000 €.
• Nos supostos nos que se contempla a certificación, os custos de certificación non se consideran incluídos nos límites anteriores establecidos para custos de consultoría.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computarse transcorridos 5 días hábiles a contar desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2025, ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas.

Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que non se supera o límite de 300.000 euros nos tres anos previos ao da concesión da axuda.

Referencia legislativa

Resolución do 14 de xullo de 2025 (DOG Nº142 do 28/07/2025) - Bases e convocatoria
Resolución do 28 de abril de 2026 (DOG Nº84 do 07/05/2026) - Esgotamento de crédito

Información y tramitación

INFORMACIÓN E TRAMITACIÓN
1. Para presentar a solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico a través de https://spiga-sede.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.

2. As empresas poderán presentar un único proxecto en cada convocatoria, no caso de que unha única entidade presentase mais dun proxecto só se tería en conta o primeiro que teña entrada no Rexistro electrónico.

3. No caso de que o proxecto conteña unha mestura de varias tipoloxías (Global, Ambiental, Social, Gobernanza) nos que se agrupan os obxectivos descritos no artigo 1, os solicitantes deberán clasificalo dentro dalgunha das tipoloxías definidas en función da que considere principal ou máis salientable.

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
• Documentación descriptiva do proxecto e dos seus custos:
a) Memoria descritiva do proxecto que deberá conter mención explícita aos obxectivos aos que se dirixe o proxecto (artigo 1).
b) As tres ofertas, se é o caso.
• Documentación do expediente administrativo:
c) No caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil, escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes, e acreditación da representación coa que se actúa, no caso de non atoparse inscritas no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).
d) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará polos seguintes medios de proba:
1º Mediante certificación subscrita pola persoa física ou polo órgano de administración, con poder de representación suficiente, na que afirmen alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pago.
2º As persoas xurídicas que, de acordo coa normativa contable non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, mediante:
i. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas.
Esta certificación será válida ata que resulten auditadas as contas anuais do exercicio seguinte.
ii. No caso de que non sexa posible emitir a certificación de auditor, «Informe de Procedementos Acordados» elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que, en base á revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pago a provedores da sociedade a unha data de referencia, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pago da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido.

Observaciones

• Prazo de execución dos proxectos: comezará o día 1 de xaneiro de 2025 e será con carácter xeral de 9 meses dende a data de resolución, sen que, en ningún caso, se poida superar o 30 de setembro de 2026. Para os proxectos cuxo prazo de execución remate antes do 30 de outubro de 2025, o prazo de xustificación será o 30 de outubro de 2025, e como máximo o 30 de setembro de 2026 para o resto dos proxectos; as accións realizadas entre o 31 de outubro de 2025 e o 31 de decembro de 2025 poderán ser imputadas ao 2026. Non obstante, as subvencións que abranguen gasto subvencionable executado en 2025 deberán presentar a xustificación nese exercicio con independencia de que o remate das accións subvencionables sexa no 2026.

• Prazo de xustificación: coincide co prazo de execución, as persoas beneficiarias das axudas deberán presentar a solicitude de cobramento ata a data límite de execución concedida para os mesmos.

• Anticipo: As persoas beneficiarias da axuda, xunto coa resolución de concesión, recibirán a concesión dun anticipo do 80% da subvención, sen que supere o importe da anualidade.

• Modificacións: Unha vez ditada a resolución de concesión, admitirase unha única solicitude de modificación dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, sempre e cando estes cambios non desvirtúen o proxecto. Non se admitirán modificacións que amplíen o prazo de execución concedido ao proxecto nin aquelas que supoñan unha maior subvención para o proxecto.
A solicitude de modificación (unha como máximo por proxecto) deberán presentala cunha antelación mínima dun mes respecto da data de finalización do prazo de execución.