IG408K - TICKET INNOVA - AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACIÓN E O DESENVOLVEMENTO TECNOLÓXICO, A TRAVÉS DA APLICACIÓN DE SERVIZOS DE INNOVACIÓN (2026)
Finalidad / Objetivo
1. Axudas destinadas a incentivar o uso de servizos para o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación polas pequenas e medianas empresas (pemes), en especial, polas pertencentes a sectores tradicionais non intensivos en innovación.
2. A finalidade é fomentar a implementación da innovación nas pemes galegas e a transferencia de tecnoloxía entre os centros tecnolóxicos e as empresas, como valor engadido e como instrumento para o incremento da súa produtividade, crecemento e diferenciación no mercado.
3. As axudas destinaranse a financiar a contratación, polas pemes, de servizos especializados de apoio á innovación, que inclúan os servizos relativos á xestión da innovación e a súa implantación no mercado, realizados a través de empresas de consultaría especializadas na prestación de servizos de innovación, centros tecnolóxicos galegos, hubs de innovación dixital etc.
Tipos de apoyo
Réxime de concorrencia non competitiva.
Fondos Propios da Comunidade Autónoma de Galicia.
Réxime de minimis.
Beneficiarios potenciales
1. As pequenas e medianas empresas galegas (en diante, pemes) ou cun centro de traballo en Galicia.
2. Consideraranse pemes as empresas que, á data da solicitude, respondan á definición de peme e con forma xurídica de sociedade mercantil.
3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:
a) As empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos para os que solicitan a axuda.
b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
c) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou que incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.
d) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
Requisitos principales del proyecto
O importe mínimo de gasto subvencionable deberá acadar os 5.000 €.
Inversiones o gastos computables
1. Serán subvencionables os custos de contratación de servizos externos especializados en materia de innovación e desenvolvemento tecnolóxico (empresas especializadas en innovación e centros tecnolóxicos) efectuados desde o 1 de xaneiro de 2026 ata a data da solicitude de axuda. O importe mínimo de gasto subvencionable deberá acadar os 5.000 €.
2. Non serán subvencionables en ningún caso impostos, xuros e gastos financeiros, e taxas.
3. En ningún caso os gastos subvencionables poderán ser superiores ao valor de mercado.
4. As contratacións relativas a prestación dos servizos asociados aos tickets de innovación terán que estar realizadas e pagadas dentro do prazo de execución, que abrangue dende o 1 de xaneiro de 2026 ata a data da presentación da solicitude.
5 . Modalidades de tickets Innova:
a) Estratexia e xestión da innovación.
- Estudos de viabilidade tecnolóxica e industria.
- Estudos de vixilancia tecnolóxica e estado da técnica.
- Auditoría/consultaría en produto/servizo.
- Estudos de mercado, ensaios, testeo e validación experimental de novos prototipos de novos produtos e/ou servizos, procesos piloto, novos métodos ou materiais.
- Obtención de certificacións de normas oficiais vinculadas á actividade innovadora.
- Asesoramento para a identificación, monitorización e acompañamento de licitacións de CPI (compra pública de innovación).
- Actividades de deseño industrial, enxeñería e posta a punto de novos sistemas de produción vinculados a novos produtos, procesos ou servizos diferenciadores.
b) Deseño para a innovación.
- Conceptualización e deseño de novos produtos e servizos diferenciais.
- Deseño de marca e identidade corporativa.
c) Xestión da protección do coñecemento da innovación.
- Asesoramento na xestión da protección do coñecemento da innovación industrial patentes, marcas comerciais e deseños industriais, etc.
d) Certificacións para as deducións fiscais en I+D+i.
e) Preparación de propostas a programas e axudas europeas.
f) Deseño de novos procesos ou servizos baseados en tecnoloxías dixitais emerxentes.
- Realidade aumentada, a impresión 3D, a automatización avanzada e robótica, así como internet das cousas ou sistemas intelixentes embebidos.
- Sistemas de intelixencia artificial (intelixencia de negocio, big data e similares).
- Ciberseguridade.
g) Diagnósticos madurez do dato.
6. En ningún caso serán subvencionables as actuacións ou actividades habituais da empresa, nin a modificación ou adaptación de procesos produtivos, produtos ou servizos existentes, que non supoñan unha innovación. En concreto, exclúense as actividades destinadas a:
a) O cumprimento de normativa obrigatoria.
b) As análises, ensaios ou caracterizacións habituais ou recorrentes non vinculados ao proxecto subvencionable.
c) Fabricación ou produción de prototipos.
d) Implantación de certificados de calidade, ambiente, boas prácticas ou similares.
e) Análise, ensaios ou caracterizacións habituais ou recorrentes.
f) Calquera tipo de acción formativa.
g) Accións de implantación de solucións dixitais na empresa que non supoñan innovacións en servizos, procesos e organización: como melloras de aplicacións ou software xa existente ou a súa adaptación, os desenvolvementos ofimáticos (ERPs, CRMs, páxinas web, plataformas de comercio electrónico, xestións de redes, clientes, intelixencia e análise de negocios), e ferramentas de oficina virtual, financeiros ou contables e calquera outra aplicación asimilable ás anteditas.
h) Servizos de telecomunicacións ou de almacenamento ou hospedaxe da información.
i) Arrendamento de equipos (hardware), redes ou sistemas físicos de tecnoloxías.
7. Os gastos que se subvencionan deberán respectar o establecido nesta convocatoria e serán exclusivamente custos directos.
8. Con carácter xeral, os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.
9. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables nos que incorrera nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, no seu defecto, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, e as súas modificacións posteriores.
10. Cando o importe dos gastos subvencionables sexa igual ou superior a 15.000 € a beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á prestación do servizo ou da adquisición do ben. As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os seguintes requisitos: comparabilidade, non vinculación, identificación do ofertante e do destinatario, data de emisión.
Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros).
Para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a persoa solicitante non escolla a oferta de menor prezo, considerarase subvencionable o importe da oferta elixida, logo da sucinta motivación de que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios técnicos adicionais ao prezo.
Cuantía de las ayudas
Concederase unha axuda do 80%, ata un máximo de 30.000 €, para os gastos realizados pola empresa beneficiaria durante o período subvencionable.
Gasto: De 5.000 € ata 37.500 €
Subvención: De 4.000 € ata 30.000 €
Plazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o sexto día hábil posterior ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2026 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
Para os efectos da determinación da prelación temporal, a data para ter en conta será a data e hora de presentación da solicitude. No caso de presentación de achegas ou de que a solicitude requira emenda, terase en conta a data e hora en que a persoa solicitante presente correctamente toda a documentación e a información requirida.
Unha mesma entidade só poderá presentar unha solicitude en toda a convocatoria, debendo escoller para elo, un servizo entre os seis correspondentes aos seis tickets para a innovación descritos nesta convocatoria.
Incompatibilidades
1. Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións para os mesmos gastos.
2. Deberase garantir que de recibir a persoa beneficiaria outras axudas baixo o réxime de minimis non se supera o límite de 300.000 euros nos tres anos previos á concesión da axuda. Para as empresas do sector da pesca as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 40.000 euros nos tres anos previos á concesión da axuda e para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 50.000 euros nos tres anos previos á concesión da axuda.
Referencia legislativa
Resolución do 30 de decembro de 2025 (DOG Nº10 do 16/01/2026) - Bases reguladoras e convocatoria
Información y tramitación
* Información:
- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]
*Tramitación:
1. Para presentar a solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es
As solicitudes presentadas non poderán modificarse.
No formulario incluirase a xustificación dos gastos realizados (facturados e pagados) mediante a modalidade de conta xustificativa simplificada.
As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
a) Escritura de constitución, estatutos, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil.
b) Declaración do imposto de sociedades do último exercicio pechado.
c) As contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado.
No caso de que estea integrada nun grupo de sociedades que consolide contas, anexará as contas anuais consolidadas.
d) Declaración da condición de peme, que se cubrirá no formulario electrónico de solicitude.
e) Copia das resolucións de concesión no caso de axudas para o mesmo proxecto.
f) As tres ofertas que, se é o caso, deban ter solicitado.
Observaciones
Unha vez ditada a resolución de concesión, non se admitirán modificacións.