IG421A - GALICIA EXPORTA ORGANISMOS INTERMEDIOS (2026)

O prazo de presentación finaliza o Miércoles, 30 Septiembre 2026 as 14:00 h.

Finalidad / Objetivo

O obxecto destas axudas é impulsar o desenvolvemento de proxectos de internacionalización promovidos por organismos intermedios que contribúan a reforzar a proxección exterior, a visibilidade e o posicionamento competitivo das empresas galegas nos mercados internacionais. Para acadar este fin, fomentarase a realización conxunta de accións de promoción e cooperación empresarial, que favorezan o aproveitamento de sinerxías, a optimización de recursos e a mellora da presenza das pemes galegas no ámbito global.

Tipos de apoyo

Subvención en réxime de concorrencia non competitiva.
Réxime de minimis.

A convocatoria de axudas ten unha dotación de 1.700.000€, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60% do gasto elixible, computándose como cofinanciamento nacional, polo 40% restante, o cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible das persoas beneficiarias.

En particular, esta convocatoria enmárcase no:
Obxectivo Político 1: unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Prioridade P1A: Transición dixital e intelixente.
Obxectivo Específico 1.3: Reforzar o crecemento sostible e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.
Tipo de acción (CPSO): 1.3.3 - axudas á internacionalización de empresas galegas.
Subtipo de acción (CPSO): 1.3.3.3 – axudas ao Programa Galicia Exporta Organismos Intermedios.
Tipo de intervención: 021.Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser persoas beneficiarias os organismos intermedios empresariais de Galicia.

2. Considéraranse así mesmo beneficiarias ás empresas, incluídos os autónomos, que participen directamente nas accións subvencionadas que cumpran coa definición de peme e teñan algún centro de traballo radicado na Comunidade Autónoma de Galicia e contar, no devandito centro, con polo menos un traballador por conta allea na data de publicación no DOG destas bases de axudas (este requisito non será de aplicación ás startups que conten con certificación de Enisa en vigor nin ás empresas constituídas con menos de corenta e dous (42) meses de antigüidade na citada data).

As accións de internacionalización solicitadas deberán estar directamente vinculadas ás actividades desenvolvidas no centro de traballo radicado en Galicia e imputaráselles a axuda en minimis que lles corresponda segundo o gasto subvencionado. Cada peme participante deberá declarar o cumprimento dos requisitos de peme e as axudas en minimis solicitadas e/ou concedidas nos tres anos previos á concesión da axuda.

As empresas deben estar dadas de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización cun informe positivo, emitido a partir de 1 de xaneiro de 2013. A solicitude de alta en programas avanzados do Igape de apoio á internacionalización, deberá facerse antes da data presentación da solicitude de axuda, a través do procedemento do Igape IG192.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas.
b) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.
c) As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (agás empresarios autónomos), que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial.
d) Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, as empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Requisitos principales del proyecto

1. As actuacións apoiadas ao abeiro desta convocatoria estrutúranse en tres categorías principais:

a) Promoción internacional, orientadas á apertura e consolidación de mercados e identificación de oportunidades comerciais no exterior.

b) Márketing e comunicación internacional, dirixidas á difusión, promoción e posicionamento conxunto das empresas galegas e dos seus produtos ou servizos nos mercados internacionais.

c) Competitividade internacional, destinadas a fortalecer a capacidade das empresas galegas para operar e consolidarse no ámbito global, mediante a adaptación a normativas, homologacións ou outras iniciativas que melloren a súa eficiencia e competitividade exterior.

* Participación mínima segundo o tipo de acción:
• Accións sectoriais: deberá participar, como mínimo, o organismo intermedio solicitante.
• Accións grupais: a participación do organismo intermedio acompañado de, polo menos, unha peme ou, no caso de que o organismo non participe directamente, coa participación mínima de dúas pemes.

O número máximo de pemes participantes por acción será de 20, ademais do organismo intermedio correspondente. O organismo intermedio poderá estar representado por un máximo de dúas persoas, mentres que cada peme participante contará cunha única persoa representante.

2. O período de execución dos gastos subvencionables computarase desde o día 1 de xaneiro de 2026 (se ben o proxecto para o que se solicita a axuda non poderá estar executado integramente -data da última factura- no momento de presentar a solicitude de axuda) ata o derradeiro día do prazo de execución establecido na resolución de concesión. Excepcionalmente, serán considerados subvencionables os gastos relacionados coas reservas de espazos, viaxes e aloxamentos realizados antes do inicio do período de execución ordinario, sempre que a solicitude inclúa accións de participación como expositor en ditas feiras ou eventos expositivos internacionais, e se xustifique que estes gastos son imprescindibles para garantir a participación na actividade prevista.

3. Cando o importe dos investimentos ou gastos subvencionables sexa de importe igual ou superior a 15.000 € a persoa solicitante, deberá pedir, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á súa contratación, agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude de subvención ou que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que os subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia asinado por un experto independente. Deberán reunir, como mínimo, os requisitos de comparabilidade, non vinculación, identificación do ofertante e do destinatario e data de emisión.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia.

4. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor do mercado e non se admitirán os pagamentos en efectivo.

5. Queda expresamente excluído do ámbito de aplicación destas bases o Imposto sobre o valor engadido (IVE), a non ser que se acredite que non é recuperable.

6. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables nos que incorrera nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, no seu defecto, nos establecidos na Lei pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

7. O gasto mínimo subvencionable do proxecto, excluídos os custos indirectos, será de 3.500 euros (IVE excluído).

Inversiones o gastos computables

Serán subvencionables aqueles gastos que correspondan de xeito indubidable á natureza da actuación subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto para o cal foron concibidos. Os gastos subvencionables clasifícanse en:

1. CUSTOS DIRECTOS:

• PROMOCIÓN INTERNACIONAL

Neste apartado se inclúen as seguintes actividades:
a) Participación como expositor en feiras.
b) Participación activa en eventos expositivos de carácter internacional.
c) Visitas conxuntas a feiras ou outros eventos expositivos.
d) Misións comerciais directas.
e) Misións comerciais inversas.
f) Accións cooperativas en destino para identificación de oportunidades, implantación promocional e exploración de mercados.

Gastos subvencionables:
1. Aluguer de espazos e/ou stand, e servizos relacionados coa participación na feira ou evento: gastos de aluguer de espazos e ou stand, entradas (máximo 22), dereitos de inscrición, deseño, construcións, montaxe e desmontaxe de stand, aluguer de mobiliario, equipamento, decoración ou personalización do stand, aluguer de equipos audiovisuais, participación en actividades paralelas organizadas no marco da feira, modelos ou de persoal de apoio e outros servizos de natureza similar debidamente xustificados.
2. Gastos de envío de mostras sen valor comercial e de catálogos.
3. Gastos asistencia externa en destino para a elaboración de axendas de reunións e organización das accións anteriores, sempre que se acredite a súa execución efectiva en destino. As empresas que presten este tipo de servizos descritos deberán estar dadas de alta na base de datos de axentes comerciais mediadores no exterior do Igape. Este requisito non se requirirá cando o servizo sexa prestado polas oficinas comerciais ou cámaras de España no estranxeiro, ou polas oficinas comerciais ou organismos públicos españois ou estranxeiros que presten este tipo de servizos.
4. Gastos de intérpretes.
5. Gastos de viaxe e aloxamento:
- Billetes de avión, tren, autobús, barco e viaxes internos que sexan necesarios para o desenvolvemento da acción incluíndo as viaxes internas dentro do país. Tamén son subvencionables os gastos de facturación de equipaxe e elección de asentos, as taxas de viaxe, seguros de viaxe, probas PCR ou similares, visados e gastos de xestión da axencia de viaxe.
- Aluguer de vehículos sen condutor. Exclúense os gastos de transporte en taxi e VTC.
- Estancia en réxime de aloxamento e almorzo, na cidade de celebración da feira ou evento expositivo ou da misión comercial, ou nos seus arredores, cun máximo de cinco noitadas, das cales, polo menos unha deberá coincidir coas datas de celebración da acción.
No caso de accións que se desenvolvan en máis dun país, poderase ampliar a estancia en ata dúas noitadas adicionais por país, establecéndose un límite máximo total de dez noitadas.
Así mesmo, cando a acción teña lugar en máis de dúas cidades dun mesmo país, poderase autorizar unha ampliación de ata dúas noitadas por cidade adicional ata un máximo de dez, sempre que quede debidamente xustificada a súa necesidade para o desenvolvemento da actividade.
Poderanse realizar un máximo de dúas noitadas in itinere.
- Os límites de gastos deste apartado son os recollidos no anexo II. Para o cómputo do límite de quilometraxe terase en conta a distancia entre a orixe e o destino final sen computar as escalas. Non son subvencionables os gastos deste epígrafe para accións que teñan lugar en Galicia con excepción das misións comerciais inversas.
6. Para as misións comerciais inversas son subvencionables todos os gastos mencionados nos apartados anteriores para as persoas participantes na acción cun máximo de 20 persoas. Inclúense desprazamentos internos en Galicia, gastos de intérpretes e alugueiro de salóns e espazos.
7. Prospección de mercados internacionais: alugueiro de locais ou instalacións promocionais para actividades de prospección ou exploración en mercados internacionais con excepción daqueles que se utlicen como puntos de venda directa.

• MÁRKETING E COMUNICACIÓN INTERNACIONAL

Gastos subvencionables:
1. Compra de espazos publicitarios e a inserción de anuncios en medios de comunicación impresos ou dixitais, sempre que a súa difusión se realice no estranxeiro. As campañas deberán ser realizadas dentro do prazo de execución do proxecto. Non son subvencionables o deseño e elaboración das propias campañas.
2. Gastos para a elaboración de material promocional conxunto: deseño, elaboración, edición, montaxe, produción, tradución e impresión do material promocional.
O límite máximo de gasto subvencionable para as accións deste apartado é de 50.000 € para a totalidade das solicitudes presentadas polo Organismo Intermedio dentro do marco desta convocatoria.


Non son subvencionables neste apartado:
- Os custos de mailings.
- Os convites.
- O material de papelería, tarxetas, sobres, carpetas, listas de prezos e calquera outro material que non estea dirixido estritamente a fins promocionais.
- Carteis, dípticos e trípticos, manuais de instrucións, flyers, displays, ou outros elementos de similares características
- Produtos de merchandising e outros agasallos promocionais.

• COMPETITIVIDADE INTERNACIONAL

Gastos subvencionables:
1. Cotas de bases de datos de intelixencia competitiva internacional sectorial.
2. Asistencia xurídica ou técnica para a xestión de tramitación de acordos de joint-ventures, contratos, certificacións, homologacións e rexistros de marca e patentes para o estranxeiro (inclúese o rexistro de códigos fonte).
3. Asistencia xurídica ou técnica para a xestión de licitacións internacionais conxuntas.
4. Tradución de documentación vinculada aos puntos 2 e 3.

2. CUSTOS INDIRECTOS:

Serán aqueles custos distintos dos custos directos subvencionables, que non poden vincularse directamente á actividade subvencionada, pero resultan necesarios para a súa realización: gastos administivos, subministros, seguros, mantemento ou limpeza.

Fíxanse nun tipo fixo do 7% sobre os custos directos subvencionables.

Cuantía de las ayudas

Subvención do 70% dos custos directos.
Ademais, engádese a subvención dos custos indirectos do proxecto, correspondente a un tipo fixo do 7% sobre os custos directos subvencionables.

O organismo intermedio e as empresas que participen directamente nas accións subvencionadas serán consideradas persoas beneficiarias para os efectos de imputación da axuda de minimis que lles corresponda.

Nas accións grupais, cando participen conxuntamente o organismo intermedio e as pemes, os gastos serán divididos de forma equitativa entre todas as partes implicadas. No caso de que só participen pemes, o minimis correspondente á totalidade do gasto subvencionado será repartido entre elas.

O importe máximo de subvención será de 400.000 €, custos indirectos incluídos por beneficiario e convocatoria para o conxunto de solicitudes presentadas.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o oitavo día hábil posterior ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2026, ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

1. Estas axudas son incompatibles con calquera outra axuda para os mesmos gastos subvencionables.

2. Ao estar este réxime de axudas suxeito ao réxime de minimis, deberase garantir que a persoa beneficiaria non supera o límite de 300.000 euros nos tres anos previos á concesión da axuda baixo o réxime de minimis. Para as empresas do sector da pesca e a acuicultura as axudas de minimis totais que se concedan a unha mesma empresa non poderán superar 40.000 euros e para as empresas do sector agrícola o límite de minimis redúcese a 50.000 euros.

Referencia legislativa

Resolución do 30 de decembro de 2025 (DOG Nº10 do 16/01/2026) - Bases reguladoras e convocatoria

Información y tramitación

1. Os organismos interesados deberán cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e das accións para as que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es
Os organismos intermedios poderán presentar máis dunha solicitude sempre que cada unha delas inclúa acciones distintas e non recollidas noutras solicitudes previamente presentadas no marco da presente convocatoria.
Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios.
No formulario electrónico o solicitante deberá cubrir unha memoria xustificativa das accións para as cales solicita subvención que incluirá os mercados obxecto das accións e, para cada acción, detalle de: tipo, título, descrición, datas estimadas de inicio e fin, orzamento e lugar de celebración (se procede).
A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I).

Os organismos interesados deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) No caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil, as persoas interesadas deberán achegar acta e estatutos de constitución debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes, e acreditación da representación con que se actúa, no caso de non atoparse inscritas no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).

b) As tres ofertas que, se é o caso, deba ter solicitado.

c) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores.

Observaciones

• O prazo de execución comezará o 1 de xaneiro de 2026. O proxecto obxecto da axuda non poderá estar completamente executado (data da última factura) no momento de presentar a solicitude. Este prazo rematará na data indicada na resolución de concesión e, en ningún caso, poderá exceder o 15 de decembro de 2026. Esta data constitúe o prazo máximo para a emisión e o pagamento das facturas correspondentes.Dentro do período de execución, deberá presentarse a solicitude de cobramento.

• Cada solicitude poderá ser modificada unha única vez, e a modificación deberá presentarse, como máximo, dous meses antes da data de finalización do prazo de execución do proxecto.