IG408H - ATRACCIÓN DE EMPRESAS A GALICIA (2026)
Finalidad / Objetivo
Constitúe o obxecto das presentes bases reguladoras a concesión de axudas para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:
1. Proxectos de investimento empresarial cun investimento subvencionable entre 800.000 € e 10.000.000 €.
2. Proxectos de investimento igual ou superior a 100.000 €, cunha creación de emprego de 25 ou máis postos de traballo de carácter indefinido a tempo completo
Tipos de apoyo
Subvención en réxime de concorrencia non competitiva.
A convocatoria de axudas ten unha dotación de 33.740.000€, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60% do gasto elixible, computándose como cofinanciamento nacional, polo 40% restante, o cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible das persoas beneficiarias.
Obxectivo político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Prioridad 1A: Transición digital e inteligente
Obxectivo específico 1.3. O reforzo do crecemento sustentable e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.
Tipo de acción (CPSO) 1.3.01.: Apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial, especialmente das pemes, para promover o crecemento sustentable, a competitividade e a creación e o mantemento do emprego.
Subtipo de acción (CPSO) 1.3.1.4 Apoio financeiro para a atracción de empresas a Galicia.
Tipo de intervención 021: Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos.
Beneficiarios potenciales
PEMES con forma xurídica de sociedade mercantil, cooperativas ou autónomos que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:
a) As empresas que propoñan un proxecto para unha actividade pertencente a un sector excluído.
b) As empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares equipos para os que solicitan a axuda.
c) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas.
d) As empresas en crise.
e) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.
f) Para subvencións de importe superior a 30.000 euros, as empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
Sectores incentivables
Os recollidos no ANEXO III – Actividades incentivables.
CNAE2025: 07-11,13-18, 20-33, 38.21,38.23, 41-43, 46, 49-52, 55.1, 58-59, 61-63, 69, 70.20, 71-75, 77.39, 78-82, 85.5, 85.6, 86, 88, 90, 91, 93, 95, 96.
55.1 – Exclusivamente hoteis 4* e superiores categorías e proxectos de aloxamento singulares calificados por Turismo como de categoría equivalente.
Non serán subvencionables:
- Construción de centros que presten servizos de formación.
- Infraestruturas residenciais para colectivos en risco de institucionalización.
- Clausura ou construción de centrais nucleares.
- Investimentos destinados a reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro.
- Infraestruturas aeroportuarias.
- Investimentos en eliminación de refugallos en entulleiras.
- Investimentos en aumentar a capacidade das instalacións para o tratamento de refugallos residuais, coa excepción de investimentos en tecnoloxías para recuperar materiais de refugallos residuais con fins de economía circular.
- Custos de demolición de edificios ou estruturas xa existentes illados, que non estean incluídos dentro dun proxecto de reforma ou rehabilitación.
Requisitos principales del proyecto
I. Proxectos de investimento empresarial cun investimento subvencionable entre 800.000 € e 10.000.000 €.
Tipoloxías de proxecto
1. Creación dun novo establecemento.
- Creación dun primeiro establecemento.
- Creación dun novo establecemento noutra ubicación diferente ou por traslado con ampliación da capacidade produtiva.
2. Ampliación de capacidade dun establecemento existente.
3. Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían no mesmo.
4. Cambio fundamental no proceso global de produción do produto ou produtos afectados polo investimento no establecemento.
II. Proxectos de investimento igual ou superior a 100.000 €, cunha creación de emprego de 25 ou máis postos de traballo de carácter indefinido a tempo completo.
Tipoloxías de proxecto:
1. Creación dun novo establecemento.
2. Ampliación de capacidade dun establecemento existente.
Requisitos dos proxectos:
1. Os proxectos deberán ter un investimento mínimo subvencionable de 800.000 € ou a creación de polo menos 25 novos empregos de carácter indefinido e a tempo completo para a modalidade. En ningún caso se considerará o IVE como concepto subvencionable.
2. Aportación financeira mínima do 25% dos custos subvencionables, mediante os seus propios recursos ou mediante financiamento externo, exenta de calquera tipo de axuda pública.
3. A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado. Antes de iniciar o proxecto, a persoa solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda. Determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.
4. O período de execución dos investimentos subvencionables, ou no seu caso da creación de emprego, abarcará desde a data de presentación da solicitude ata a data de remate do prazo establecido na resolución de concesión.
5. As solicitudes que por esgotamento do crédito non puideron ser avaliadas no 2025 poderán reiterarse nesta convocatoria, e terase en conta a data de presentación da solicitude no ano 2025 exclusivamente para a consideración do efecto incentivador, e sempre que o proxecto para o cal se presente a solicitude sexa o mesmo. A mesma consideración terán as solicitudes que conten cunha presolicitude rexistrada para o mesmo proxecto.
6. Cando o importe de algún investimento previsto no proxecto sexa igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición dun ben ou 40.000 € no caso de execución de obra, a solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á contratación da execución da obra ou prestación do servizo, excepto que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren. Neste caso, presentarase escrito e documentación acreditativos desta circunstancia.
Será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a persoa solicitante non escolla a oferta de menor prezo, poderá considerarse subvencionable o importe da oferta elixida logo da sucinta motivación de que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios técnicos adicionais ao prezo.
As tres ofertas deberán ser válidas, vixentes, comerciais, comparables e auténticas, e emitidas por empresas provedoras que non estean ser vinculadas coa empresa solicitante.
No caso de adquisicións de edificacións ou construcións novas ou usadas non será preciso achegar as tres ofertas, deberá acompañarse un informe de taxación suscrito por sociedade de taxación homologada. Exceptúase tamén a adquisición dos activos dun establecemento regulada no artigo 6.2 ou o investimento en obra civil que coincida co orzamento do proxecto técnico.
7. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
8. Todos os elementos do investimento proxectados deberán estar vinculados e responder á tipoloxía de proxecto para a que se solicita a axuda.
9. Os proxectos non poderán estar vinculados ás actividades excluídas nas bases. Se algún dos investimentos propostos está vinculado, total ou parcialmente, a actividades non subvencionables, será detraído na súa totalidade.
10. Os proxectos terán que ser propiedade dunha única persoa beneficiaria.
11. Permítese a subcontratación da actividade subvencionada ata o 100 % mediante contrato escrito que terá que ser previamente autorizado polo Igape.
12. Non serán subvencionables os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos.
Cualificación requerida del proyecto
--
Inversiones o gastos computables
As pemes interesadas só poderán presentar unha única solicitude de axuda nesta convocatoria.
As solicitudes avaliaranse por orde de entrada de solicitudes completas ata a total utilización do orzamento da convocatoria.
INVESTIMENTOS OU GASTOS COMPUTABLES
Modalidade I: Investimentos en activos fixos NOVOS, salvo no caso de adquisición de construcións e inmobles e no caso de adquisición de activos dun establecemento que pechou ou pecharía se non se adquirira.
Inmobilizado material:
- Construcións (211)
- Instalacións técnicas (212)
- Maquinaria (213)
- Útiles (214)
- Outras instalacións (215)
- Mobiliario (216)
- Equipos para procesos de información (217)
- Elementos de transporte (218)
- Outro inmobilizado material (219)
Inmobilizado inmaterial:
- Propiedade industrial (203)
- Aplicacións informáticas (206)
Non será subvencionable ningún elemento de transporte, ben de equipo ou calquera outro activo que utilice combustible fósil.
Modalidade II: custos salariais dos novos contratos de carácter indefinido e a tempo completo.
Condicións dos investimentos:
1. Obra civil e outros conceptos inmobiliarios:
a) Nova construción, reforma ou rehabilitación de instalacións levadas a cabo en inmobles ou terreos propiedade da persoa solicitante, ou sobre os que a persoa solicitante teña un dereito de superficie ou unha concesión administrativa cunha vixencia mínima de 6 anos a contar desde a data de presentación da solicitude da axuda.
b) Reformas de instalacións levadas a cabo en inmobles alugados, debendo ter o arrendamento una vixencia mínima de 6 anos a contar desde a data de presentación da solicitude da axuda.
Limitación ao prezo da obra civil: No caso de obras que precisen de proxecto técnico, só se admitirán ofertas que incrementen o custo do proxecto técnico nun máximo do 30%.
No caso de que o importe de investimento que se consigne na solicitude neste concepto sexa o mesmo que figura no proxecto técnico, non será necesario achegar as 3 ofertas.
c) Adquisición de edificacións ou construcións novas ou usadas. O importe da construción subvencionable será o menor entre o do informe de taxación e o valor de adquisición. No caso de adquisición de edificacións ou construcións usadas, ademais, estas non poderán ter sido obxecto de ningunha subvención autonómica, nacional ou comunitaria.
d) Nos casos de construcións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, o custo subvencionable máximo será a diferenza entre o prezo de adquisición dos novos activos e o valor dos da antiga localización, segundo informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada (se son propiedade)
A obra civil debe ser executada e facturada por terceiros. Non será subvencionable a adquisición de materiais de obra directamente pola persoa solicitante.
2. As aplicacións informáticas deberán estar vinculadas co proceso produtivo e cumplir os requisitos indicados nas bases.
3. Adquisición dos activos dun establecemento que pechou ou que pecharía se non se adquirira será subvencionable sempre que se cumpran os seguintes requisitos:
- activos adquiridos a unha terceira persoa non relacionada coa persoa compradora;
- declaración da persoa vendedora sobre a orixe dos bens e sobre que os mesmos non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria,
- que o prezo non sexa superior ao valor de mercado de referencia nin ao custo dos bens novos similares, mediante informe de taxación homologado.
Os proxectos non poderán consistir exclusivamente en construción e conceptos inmobiliarios. Deben de incluír obrigatoriamente investimento nalgún outro concepto subvencionable.
Investimentos non subvencionables:
- Investimentos de reposición ou mera substitución de elementos.
- Custos de traslado de bens de equipo que xa sexan propiedade da empresa.
- Custos de adaptacións á normativa vixente.
- Adquisición das instalacións nas que a solicitante viña desenvolvendo a súa actividade en réxime de alugueiro ou dereito de uso de calquera tipo.
- Custos de formación no uso dos elementos obxecto de investimento.
Cuantía de las ayudas
A contía da axuda será o resultado de multiplicar o investimento subvencionable para a modalidade I.1 e os custos salariais de ata 24 meses do emprego novo a crear para a modalidade I.2 pola porcentaxe de subvención seguinte:
35% no caso das pequenas empresas.
25% no caso de medianas empresas.
Nos sectores industriais do carbón, aceiro e ferroaleacións e no sector do transporte e infraestruturas conexas:
20 % no caso das pequenas empresas.
10 % no caso das medianas empresas.
Plazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o oitavo día hábil posterior ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e finalizará ás 14:00 horas do 30 de setembro de 2026, agás que antes desa data se produza o suposto de esgotamento do crédito.
Incompatibilidades
Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para os mesmos investimentos ou empregos (custos salariais) subvencionados.
Referencia legislativa
Resolución do 30 de decembro de 2025 (DOG Nº10 do 16/01/2026) - Bases reguladoras e convocatoria
Información y tramitación
* Información:
- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]
*Tramitación:
1. Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da Internet https://spiga-sede.igape.es.
2. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a) As solicitudes subscribiranse directamente polas persoas interesadas ou por persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
b) Ter en vigor un certificado dixital dos validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado (http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC).
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a documentación relacionada no apartado 1.C) e a específica dos apartados 2.a.i) ou 2.b.i) segundo a modalidade de proxecto do anexo I.
Observaciones
• Só poderá presentarse unha única solicitude en toda a convocatoria, debendo escoller entre a modalidade de investimento xerais ou axudas sobre os custos salariais do emprego.
• Prazo de execución dos proxectos: rematará na data establecida na resolución de concesión sen que nunca poida exceder do 30 de xuño de 2029.
• A xustificación e solicitude de cobramento da axuda: deberá presentarse dentro do prazo dun mes a partires da data de fin de execución do proxecto.
• Rexistro de presolicitudes: Unha vez pechada a convocatoria, abrirase un rexistro de presolicitudes que deberán conter todos os datos e ofertas relativos ao proxecto de investimento e non poderán ser modificadas, excepto actualización de importes.
• ACEPTACIÓN OBRIGATORIA DA AXUDA - Deberá facerse de maneira expresa a través da sinatura, por parte do representante legal do beneficiario nun prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte á posta a disposición.
• Nesta convocatoria admítese que as solicitudes presentadas á convocatoria de 2025 que non puidesen ser avaliadas por esgotamento do crédito e reiteren a mesma solicitude na presente convocatoria 2026 manterían a data da solicitude inicial como referencia para o efecto incentivador da axuda e unicamente para este efecto.
• Modificación da resolución: máximo dúas solicitudes de modificación.