IG408M - IA360 - Liña B. ADQUISICIÓN E IMPLANTACIÓNS DE SOLUCIÓNS BASEADAS EN IA (2026)

Finalidad / Objetivo

Adquisición e implantacións de solucións baseadas en Intelixencia Artificial para a mellora da produtividade empresarial.

Tipos de apoyo

Réxime de concorrencia competitiva.
Fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia.

Beneficiarios potenciales

1. Pemes galegas (a data da solicitude) ou cun centro de traballo permanente e legalmente constituído en Galicia, no que se deberán desenvolver as actividades do proxecto.

2. As persoas beneficiarias das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para tramitar e executar a axuda.

Non poderán ter a condición de empresas beneficiarias:

a) As asociacións, as fundacións e, en xeral, as entidades sen ánimo de lucro.
b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.
c) As empresas en crise.
d) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.
e) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Sectores incentivables

As empresas beneficiarias deberán de exercer a súa actividade no tecido industrial galego e a súa cadea de valor e vencellados aos sectores estratéxicos e de especial interese definidos pola Xunta de Galicia así coma aqueles sectores emerxentes de especial relevancia ou vencellados aos Plans Directores da Xunta de Galicia.

Requisitos principales del proyecto

1. Terán a consideración de actuacións subvencionables os proxectos de aplicación de solucións comerciais baseadas en Intelixencia Artificial que permitan mellorar a produtividade e a competitividade das empresas de Galicia.

Os proxectos terán un orzamento mínimo subvencionable de 30.000€.

2. Soamente se financiarán as actividades desenvolvidas na Comunidade Autónoma galega.

3. Será requisito indispensable para ser elixible o aliñamento do proxecto cos retos, prioridades e ámbitos de priorización da Estratexia de Especialización de Galicia (RIS3).

4. As axudas teñen un efecto incentivador. O comezo do proxecto terá como data mínima de inicio a data de solicitude, polo que calquera actividade ou investimento terá que ser executado con posterioridade á solicitude e no case de se detectar que calquera actividade do proxecto se iniciou antes, a totalidade do proxecto será inadmisible.

Os estudos de viabilidade previos, realizados pola persoa beneficiario, non incluídos na solicitude de axuda non se terán en conta para a determinación da data de inicio da actividade. O mesmo aplica aos avances técnicos dos proxectos para acadar os TRL previos aos que se indiquen na solicitude do proxecto.

As empresas beneficiarias das axudas poderán subcontratar as actividades subvencionadas ata unha porcentaxe máxima do 50% dos custos directos do proxecto.

Cualificación requerida del proyecto

A avaliación de proxecto que reúna os requisitos exixidos nestas bases realizarase sobre un total de 100 puntos que se outorgarán atendendo aos obxectivos e aspectos técnicos e económico-financeiros. En caso de coincidir a puntuación de varias solicitudes, utilizarase como criterio de desempate o de maior puntuación sucesivamente nos criterios 1.1, 1.2, 1.3 por esa orde. No caso de que persista o empate, en último termo terá preferencia a solicitude que teña o número de expediente máis baixo.

Inversiones o gastos computables

a) Custos de persoal, propio ou de nova contratación (artigo 8 das bases), cun límite do 30% sobre o orzamento total subvencionable.

b) Os custos de instrumental e material na medida e durante o período en que se utilicen para o proxecto.

Poderanse imputar os gastos de materiais, equipamentos e produtos directamente relacionados coa implantación do novo produto ou servizo e directamente relacionado coas actividades do proxecto. Para estes efectos, deberán recollerse de forma detallada e concisa na memoria presentada na solicitude, sendo debidamente xustificados á finalización do proxecto.

c) Os custos de consultoría e servizos tecnolóxicos externos.

d) Os custos derivados do informe de auditoría para a xustificación económica da subvención. Non poderá superar os 1.500 € por anualidade.

e) Os gastos xerais e outros gastos de explotación adicionais que se deriven directamente do proxecto e que sexan recollidos de forma detallada e concisa na memoria presentada na súa solicitude, sendo debidamente xustificados á finalización do proxecto. Entrarán neste concepto do custo as licenzas de software mediante subscrición, pagamento por uso, ou similar.

f) Subcontratacións: aquelas actuacións contratadas con terceiros, que supoñan a execución dunha parte das actividades incluídas no proxecto que constitúe o obxecto da subvención (artigo 9). A subcontratación máxima será do 50 % do custos directos.

* Non serán subvencionables en ningún caso impostos, xuros e gastos financeiros, e taxas.

* Non poden ser considerados coma subvencionables os custos derivados de:

a) cumprimento de normativa obrigatoria.
b) As análises, ensaios ou caracterizacións habituais ou recorrentes non vinculados ao proxecto subvencionable.
c) Calquera tipo de acción formativa.
d) Servizos de telecomunicacións ou de almacenamento ou hospedaxe da información.
e) Instalacións de edificios e obra civil (electricidade, climatización, redes de telecomunicacións, etc.).
f) Equipamento para espazos ou usos alleos ás actividades directamente relacionadas co proxecto coma, por exemplo, zonas de administración ou xestión, salas de reunións, despachos, mobiliario de oficina.
g) Quedan expresamente excluídos os custos correspondentes a calquera forma de consultoría asociada á xestión e tramitación do financiamento solicitado.
h) Investimentos no ámbito da fabricación dos produtos, así como a renovación de activos xa existentes na empresa.

* Cando o importe dos gastos subvencionables sexa igual ou superior a 15.000 €, deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores con carácter previo á prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que os presten ou subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia asinado por un experto independente.

As tres ofertas ou orzamentos de provedores deberán reunir, como mínimo, os requisitos de comparabilidade, non vinculación, identificación do ofertante e do destinatario e data.

Non serán admisibles as ofertas emitidas por provedores que non teñan a capacidade para a subministración do ben ou servizo ou que semellen de compracencia (contido e formato idénticos ou extremadamente similares entre ofertas, erros idénticos ou aparencia non habitual, entre outros.

Con carácter xeral, para cada elemento será subvencionable o importe correspondente á oferta de menor prezo de entre as comparables. Excepcionalmente, cando a persoa solicitante non escolla a oferta de menor prezo, considerarase subvencionable o importe da oferta elixida, logo da sucinta motivación de que se trata da oferta economicamente máis vantaxosa tras a valoración de diferentes criterios técnicos adicionais ao prezo.

* Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables nos que incorrera nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, no seu defecto, nos establecidos na Lei pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, e as súas posteriores modificacións.

* En ningún caso o custo de adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

Cuantía de las ayudas

As axudas concederanse en forma de subvencións.

Mediana empresa – 50%
Pequena empresa – 50%

A subvención máxima a percibir polos proxectos será de 100.000 €

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes da axuda comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e será de dous meses contado desde as 9.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o citado prazo de dous meses.

Incompatibilidades

Compatibles coa percepción doutras axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, salvo que se superen as intensidades máximas de axuda establecidas no Regulamento (UE) 651/2014 que se indican e que teñen a consideración de intensidade máxima.

Referencia legislativa

Resolución do 30 de decembro de 2025 (DOG Nº10 do 16/01/2026) - Bases reguladoras e convocatoria

Información y tramitación

Para presentar a solicitude, a empresa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da empresa solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es.
As persoas interesadas, poderán presentar unha solicitude a cada unha das dúas liñas da presente resolución.

As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:

a) Memoria descritiva do proxecto que deberá conter mención explícita aos criterios de avaliación e selección dos proxectos aplicables (artigo 7). A extensión da memoria non poderá superar as 30 páxinas.

b) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deban ter solicitado, de acordo co establecido no artigo 6 destas bases reguladoras.

c) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil. No caso de sociedades rexistradas no Rexistro Mercantil, poderá solicitarse, motivadamente, algunha ou algunhas das escrituras referidas no parágrafo anterior cando a información obtida do Rexistro Mercantil non resulte suficiente para concluír sobre a personalidade da sociedade ou da súa representación.

d) Declaración do imposto de sociedades do último exercicio pechado.

e) As contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou acreditación do seu depósito, no caso de deber de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a empresa estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Así mesmo, no caso de que a solicitante estea integrada nun grupo de sociedades que consolide contas, anexará as contas anuais consolidadas. Anexaranse, igualmente, as contas anuais de tódalas entidades que deban ser tidas en conta para os efectos de determinar a consideración ou non de PEME da persoa solicitante, salvo que estas estean integradas nas contas consolidadas que, se é o caso, fosen presentadas.

f) En relación á declaración doutras axudas para o mesmo proxecto ou mesmos custos, cando teña axudas concedidas, deberá achegar copia das resolucións de concesión.

g) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias deben cumprir coa normativa en materia de prazos a provedores, o que se acreditará polos medios de proba establecidos nas bases reguladoras.

Observaciones

O prazo de execución comezará a partir da data de solicitude da axuda, sen que, en ningún caso, se poida superar o 30 de setembro de 2026.

A data límite de xustificación non poderá superar o 15 de outubro de 2026, coincidindo coa data máxima de presentación da solicitude do cobramento por parte da persoa beneficiaria.

As persoas beneficiarias da axuda, xunto coa resolución de concesión, recibirán a concesión dun anticipo de ata o 50 % da subvención, sen que supere o importe da anualidade. O prazo máximo de xustificación do anticipo da anualidade 2026 será o 31 de xaneiro de 2027.

Unha vez ditada a resolución de concesión admitiranse modificacións dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, sempre e cando estes cambios non alteren o baremo ou desvirtúen o proxecto. Concretamente, non se admitirán modificacións que amplíen o prazo de execución do proxecto máis aló das datas límites establecidas na resolución de convocatoria nin aquelas que supoñan unha maior subvención para o proxecto.