IG300C - AXUDAS Á TRANSFORMACIÓN DIXITAL DAS PEMES (2026)
-
Documentos de interese:
- Resolución do 9 de xuño de 2026 (DOG Nº107 do 10/06/2026) - Bases reguladoras
- Extracto das bases
Finalidad / Objetivo
Apoiar proxectos de transformación dixital orientados á implantación e posta en produción de solucións dixitais que proporcionen soporte aos procesos dunha empresa, ás súas relacións comerciais e operativas con terceiros e á súa interconexión dixital na cadea de valor, así como proxectos de intercambio automatizado de datos entre unha empresa galega e outras empresas.
Os proxectos deberán comportar a implantación efectiva dunha solución ou sistema, a súa posta en funcionamento en contorna real e a obtención de resultados verificables. Poderán comprender, entre outros, actuacións de dixitalización e automatización de procesos, implantación de sistemas de xestión, integración e intercambio de datos, interfaces e canles dixitais de relación comercial e operativa con terceiros, mellora da función loxística, medición e seguimento ASG baseados no dato e actuacións de ciberseguridade.
Non se admitirán proxectos consistentes exclusivamente en estudos, análises, diagnósticos, plans, memorias ou deseños de solucións sen o seu desenvolvemento e implantación efectiva na persoa solicitante.
Tipos de apoyo
Subvención a fondo perdido en réxime de concorrencia competitiva.
Dotación de 3.000.000 €, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40 % restante. En particular:
Obxectivo político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Obxectivo específico 1.2. Aproveitar as vantaxes que ofrece a dixitalización aos cidadáns, ás empresas, ás organizacións de investigación e ás administracións públicas.
Tipo de acción (CPSO) 1.2.01. Axudas á dixitalización das empresas galegas.
Subtipo de acción (CPSO) 1.2.01.1. Axudas á dixitalización.
Tipo de intervención 013. Dixitalización de pemes (incluídos o negocio e o comercio electrónicos e os procesos empresariais na rede, os polos de innovación dixital, os laboratorios vivintes, os ciberemprendedores, as empresas emerxentes baseadas en TIC, o comercio electrónico entre empresas).
Beneficiarios potenciales
1. PEMES, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídos autónomos, cun centro de traballo en Galicia no que se vaia realizar o proxecto.
2. Non poden ser beneficiarios:
- As agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade (agás empresarios autónomos), que careza de personalidade xurídica propia, aínda que realice actividade empresarial. (art. 4.2.b)
- As empresas que sexan prestadoras dos mesmos ou similares servizos ou subministradoras dos mesmos ou similares bens para os que solicitan a axuda.
- As empresas do sector da pesca e a acuicultura así coma nos supostos excluidos no regulamento de mínimis.
- As empresas, respecto dos conceptos subvencionables para os que soliciten a axuda, cando estes estean excluídos do ámbito de aplicación do réxime ou artigo que resulte aplicable conforme a estas bases.
En particular:
1º. No caso das empresas do sector da produción agrícola primaria, non serán subvencionables os investimentos materiais e inmateriais (artigos 14 ou 17 do Regulamento 651/2014), sen prexuízo de que poidan resultar subvencionables outros conceptos previstos nestas bases cando teñan encaixe nun réxime de axuda aplicable.
2º. Sectores excluídos: aceiro, lignito e carbón; o sector do transporte e a súa infraestrutura correspondente; a produción, almacenamento, transporte, distribución e infraestruturas de enerxía; e o sector da banda larga—, os investimentos materiais e inmateriais non poderán acollerse ao artigo 14 do dito regulamento, sen prexuízo de que poidan resultar subvencionables ao abeiro do artigo 17 cando este resulte aplicable ao sector, actividade e custos correspondentes e se cumpran os requisitos establecidos nel.
Sectores incentivables
Calquera sector da actividade económica, sempre que a actividade, o proxecto e os custos para os que se solicita a axuda se atopen dentro do ámbito de aplicación do réxime de axuda correspondente.
Requisitos principales del proyecto
O importe subvencionable mínimo dos proxectos deberá ser de 12.000 €.
Os proxectos só poderán ser individuais: propostos por unha peme para abordar unha das seguintes tipoloxías:
1ª. Interfaces e canles dixitais de relación comercial e operativa con terceiros.
Implantación de interfaces, canles ou solucións destinadas a dixitalizar, automatizar ou soportar interaccións operativas ou comerciais con terceiros, incluíndo clientes empresariais, provedores e, de ser o caso, clientes finais, permitindo a execución, rexistro, seguimento e trazabilidade de transaccións, prestacións ou fluxos estruturados de información, incluíndo, cando proceda, o intercambio automatizado de datos mediante plataformas, EDI, APIs ou mecanismos equivalentes, así como, cando proceda, a contratación, reserva, pedido, pagamento, atención posvenda ou prestación dixital de servizos, e a súa integración cos sistemas internos da empresa.
Poderán incluírse nesta tipoloxía proxectos orientados á comercialización ou prestación de novos produtos ou servizos, ou á implantación de novos modelos de negocio ou de relación co mercado, sempre que a súa materialización principal consista na implantación efectiva da solución dixital e non na mera definición comercial do modelo.
Encadraranse nesta tipoloxía os proxectos cuxo obxecto principal sexa a relación operativa ou comercial con terceiros mediante unha canle dixital externa, tanto en contornas B2B como B2C, sempre que se incorporen procesos operativos ou transaccionais estruturados, verificables e integrados coa operativa da empresa. Non se considerarán proxectos subvencionables as webs ou aplicacións meramente informativas, os catálogos dixitais sen funcionalidade operativa ou transaccional, as actuacións de marketing dixital, publicidade, redes sociais, xeración de contidos ou captación comercial cando non incorporen procesos estruturados de contratación, pedido, reserva, prestación, pagamento, seguimento ou atención posvenda, nin aquelas actuacións nas que a funcionalidade principal se limite á presenza en liña ou á promoción comercial.
2ª. Dixitalización e automatización de procesos.
Implantación de solucións dixitais orientadas á execución, control, integración e mellora dun proceso ou conxunto delimitado de procesos internos da empresa, incluíndo, cando proceda, a captación e tratamento de datos e a interconexión dos elementos físicos e virtuais necesarios para o funcionamento efectivo do proceso dixitalizado, así como cadros de mando operativos e funcionalidades de explotación do dato directamente vinculadas ao proceso obxecto do proxecto.
Encadraranse nesta tipoloxía os proxectos centrados nun proceso ou ámbito funcional concreto, aínda que utilicen módulos dun sistema existente. Cando o obxecto principal sexa a implantación dunha plataforma integral de xestión empresarial, o proxecto encadrarase na tipoloxía 3ª.
3ª. Sistemas de xestión integral.
Implantación e posta en produción de sistemas integrais de xestión empresarial e operativa, tales como ERP ou solucións equivalentes, que vertebren a información e os procesos da empresa en varias áreas funcionais, incluíndo a parametrización, migración de datos, módulos imprescindibles e integracións troncais necesarias para o seu funcionamento efectivo.
Poderán incluír funcionalidades de xestión comercial ou operativa vinculadas aos procesos internos e á integración coa plataforma. As interfaces ou integracións con terceiros só se considerarán incluídas nesta tipoloxía cando sexan complementarias á implantación do sistema integral e non constitúan o obxecto principal do proxecto.
4ª. ASG instrumentado por tecnoloxía.
Implantación e posta en produción de solucións dixitais orientadas á captación, integración, monitorización, trazabilidade, cálculo, explotación e, se procede, reporte mediante indicadores verificables de información ambiental, social e de gobernanza, incluíndo, entre outros, consumos, residuos, pegadas, cumprimento e outros indicadores ASG.
Só se encadrarán nesta tipoloxía os proxectos cuxo obxecto principal sexa a implantación dun sistema ou solución dixital específica de medición, seguimento ou explotación do dato ASG, con alcance funcional propio e resultados verificables. Non se incluirán aquí as actuacións nas que a compoñente ASG sexa meramente accesoria dun proxecto principal doutra tipoloxía.
5ª. Ciberseguridade para a operación dixital da empresa.
Implantación de medidas e solucións de ciberseguridade orientadas a garantir a continuidade, fiabilidade, resiliencia e operación segura dos procesos, sistemas, activos e interconexións dixitais da empresa, incluíndo, cando proceda, actuacións de análise do alcance, configuración, integración, validación e estabilización inicial estritamente necesarias para a súa posta en funcionamento.
Só se encadrarán nesta tipoloxía os proxectos cuxo obxecto principal sexa a implantación efectiva de medidas ou solucións de seguridade con alcance funcional propio e posta en funcionamento real. Non se considerarán subvencionables as actuacións de mantemento ordinario, renovación, prórroga ou continuidade de servizos preexistentes, nin os servizos permanentes, periódicos ou recorrentes de operación ou monitorización. Cando a ciberseguridade constitúa un elemento accesorio ou habilitador dun proxecto principal doutra tipoloxía, o proxecto encadrarase nesta última.
6ª. Mellora da función loxística.
Implantación de solucións dixitais aplicadas á función loxística e á cadea de subministración, incluíndo, entre outros, aprovisionamento, xestión de almacén e intraloxística, planificación e execución de transportes, trazabilidade e visibilidade de envíos, coordinación con operadores e provedores, integración e intercambio de datos con terceiros, sensorización, automatización, robotización, xeolocalización, simulación e optimización.
Encadraranse nesta tipoloxía os proxectos cuxo obxecto principal sexa a mellora da función loxística. Cando a actuación afecte principalmente a un proceso interno non loxístico, encadrarase na tipoloxía 2ª, e cando o obxecto principal sexa unha canle dixital externa de relación comercial ou operativa con terceiros, non específica de loxística, encadrarase na tipoloxía 1ª.
4. Tipos de proxecto segundo o importe subvencionable
Os proxectos encadraranse nos seguintes tipos en función do seu importe subvencionable total:
a) Tipo 1: proxectos cun importe subvencionable inferior a 50.000 €.
b) Tipo 2: proxectos cun importe subvencionable de 50.000 € ata 120.000 €.
c) Tipo 3: proxectos cun importe subvencionable superior a 120.000 €.
5. Para poder percibir o pagamento final da subvención e, de ser o caso, regularizar o anticipo recibido, o proxecto deberá estar completamente finalizado, o cal se acreditará na memoria de xustificación.
Con carácter xeral, considerarase que un proxecto está finalizado cando a solución subvencionada estea implantada, configurada e operativa en contorna real no ámbito funcional obxecto do proxecto e se acredite a obtención de resultados ou evidencias verificables da súa posta en funcionamento.
Cando o proxecto comporte interacción dixital externa con terceiros, deberá acreditarse, ademais, a súa posta en funcionamento efectiva no ámbito do proxecto, mediante evidencias verificables da súa dispoñibilidade operativa e integración coa operativa da empresa.
6. Os proxectos ou actuacións que se presenten deberán ser técnica, económica e financeiramente viables para a persoa solicitante.
7. Todos os proxectos financiados ao amparo destas bases reguladoras deben respectar o principio de non causar un prexuízo significativo ao medio ambiente (principio DNSH).
8. Os proxectos financiados ao abeiro destas bases reguladoras deben respectar o cumprimento dos principios horizontais recollidos no artigo 9 do Regulamento (UE) nº 2021/1060 (RDC), en especial os relativos á materia ambiental, de igualdade e de accesibilidade a persoas con discapacidade que poidan resultar de aplicación.
Cualificación requerida del proyecto
Os proxectos deberán acadar polo menos 40 puntos para poder optar á concesión da axuda en réxime de concorrencia competitiva.
A concorrencia aplicarase de maneira individual a cada un dos tres tipos de proxectos definidos, de maneira que competirán entre si os proxectos que encaixen no mesmo tipo, en base aos seguintes criterios:
1. Calidade técnica do proxecto: ata 65 puntos.
2. Adecuación económica e capacidade de execución: ata 15 puntos.
3. Pertenza do proxecto a un sector industrial estratéxico declarado polo Consello da Xunta de Galicia: 15 puntos.
4. Proxecto en concello emprendedor: 5 puntos.
Cuantía de las ayudas
Aplicarase aos distintos conceptos subvencionables en función da súa natureza e do réxime de axuda que lles resulte aplicable conforme as bases:
• Investimentos materiais e inmateriais – (art. 14): 35% pequena/ 25% mediana
• Investimentos materiais e inmateriais – (art. 17): 20% pequena / 10% mediana
• Consultoría externa – 50%
• Licenzas temporais, subscricións e servizos en nube ou en modalidade SaaS en mínimis - 50%
Os gastos do hub de innovación dixital, terán a consideración de colaboracións externas:
Nos proxectos coordinados por un hub de innovación dixital dos seleccionados ao abeiro da Estratexia galega de HID, cun importe subvencionable igual ou superior a 60.000 €, excluídos os gastos de coordinación do hub, será subvencionable, ata un máximo de 6.000 €, o servizo de consultoría desenvolto polo hub en concepto de coordinación, apoio á definición do proxecto, apoio na selección de tecnoloxías e provedores e seguimento da súa implementación. Adicionalmente, deberase achegar declaración do hub de innovación dixital na que conste que non se proporcionou á peme solicitante ningún outro tipo de servizo ou asesoramento financiado con outros programas de axuda que concorra co que se presta ao abeiro desta axuda.
Para aqueles proxectos nos que o importe conxunto dos conceptos subvencionables correspondentes a activo inmaterial, consultoría e solucións tipo SaaS e similares supere os 30.000 €, será subvencionable, ata un máximo de 2.000 €, o custo do informe emitido por unha persoa enxeñeira colexiada, cualificada no ámbito en que se desenvolva o proxecto, independente e sen conflito de interese. Este informe deberá achegarse e terá a consideración de gasto subvencionable de consultoría externa.
Plazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación das solicitudes desta convocatoria será dun (1) mes, contado desde as 9.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e ata as 14.00 horas do día no que se cumpra o devandito prazo dun (1) mes.
Incompatibilidades
Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas que financien os mesmos custos subvencionables do proxecto. Poderán admitirse outras axudas para custos distintos sempre que non se produza dobre financiamento e se respecten os límites de compatibilidade e acumulación do réxime de axuda aplicable.
Referencia legislativa
Resolución do 9 de xuño de 2026 (DOG Nº107 do 10/06/2026) - Bases reguladoras
Información y tramitación
• Información:
- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]
Cada peme poderá presentar un máximo de dúas solicitudes.
Cando un proxecto inclúa actuacións encadrables en varias tipoloxías, deberá clasificalo na tipoloxía principal, sen prexuízo da reclasificación de oficio polo Igape.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Memoria descritiva do proxecto (modelo orientativo posto á disposición das persoas solicitantes).
b) As tres ofertas que, se é o caso, deban ter solicitado.
c) No caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil, escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes, e acreditación da representación coa que se actúa, no caso de non atoparse inscritas no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).
d) Para subvencións de importe superior a 30.000 € as persoas beneficiarias deben acreditar o cumplimento da normativa en materia de prazos a provedores.
Observaciones
• O prazo de execución dos proxectos non poderá superar o 30 de xuño de 2027.
• Anticipo do 80 % da subvención concedida, co límite da anualidade prevista no exercicio orzamentario correspondente.
• Solicitude de liquidación final o 31 de outubro de 2026 para os proxectos cuxo prazo máximo de execución sexa o 31 de outubro de 2026 ou anterior, e como máis tarde o 30 de xuño de 2027 no resto dos proxectos.
• Nos proxectos cuxo prazo de execución remate na anualidade 2027 e que perciban pagamento anticipado con cargo á anualidade 2026, a persoa beneficiaria deberá presentar, como máis tarde o 31 de outubro de 2026, unha xustificación parcial dos gastos e investimentos efectivamente realizados e pagados ata esa data, sempre que o pagamento anticipado fose aboado cunha antelación mínima de 30 días naturais respecto da dita data.
• Cando, por razón da data de resolución, da aceptación expresa da resolución de concesión ou do aboamento efectivo do anticipo, non exista prazo material suficiente para a realización e pagamento de gastos subvencionables antes do 31 de outubro de 2026, a xustificación do anticipo realizarase coa liquidación final do proxecto, sen prexuízo das actuacións de comprobación e control que poidan proceder.