IG414B - HOMOLOGACIÓN DE AXENTES DE APOIO Á INTERNACIONALIZACIÓN DAS EMPRESAS GALEGAS

Non ten un prazo estipulado

Finalidad / Objetivo

Estas bases teñen por obxecto regular o procedemento de homologación de axentes de apoio á internacionalización co fin de dispoñer dunha base de datos pública de empresas e profesionais con experiencia contrastada e medios suficientes nos mercados internacionais, que sirva como instrumento de referencia e garantía para as empresas galegas nos seus procesos de internacionalización.

Beneficiarios potenciales

Poderán solicitar a homologación as persoas físicas ou xurídicas, incluíndo as persoas traballadoras autónomas con persoal ao seu cargo, españolas ou estranxeiras, que desenvolvan actividades de apoio á internacionalización empresarial e cumpran os requisitos establecidos nestas bases.

Requisitos principales del proyecto

1.Requisitos de homologación

1.1. Requisitos xerais

As persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ter personalidade xurídica propia ou a característica de persoa traballadores autónoma con persoal ao seu cargo, e ter capacidade de obrar.
b) Estar legalmente constituídas conforme á normativa do seu país de orixe.

1.2. Requisitos técnicos

1. Dispor de experiencia acreditable en servizos de apoio á internacionalización.
2. Contar con medios humanos e materiais adecuados no mercado ou mercados para os que se solicita a homologación, ben de forma directa ou mediante acordos estables con entidades terceiras.
3. Prestar servizos de forma profesional e habitual.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes estará permanentemente aberto dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.


Referencia legislativa

Resolución do 25 de xuño de 2026 (DOG Nº124 do 06/07/2026) - Bases reguladoras

Información y tramitación

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es
- ou en [email protected]

* Tramitación:

1. Para presentar a solicitude de axuda, deberase cubrir previamente un formulario descritivo das características da persoa solicitante para solicitar a homologación.

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://spiga-sede.igape.es, tamén accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

2. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) As solicitudes subscribiranse directamente polas persoas interesadas ou por persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito, incluíndo, entre outros, poder notarial, documento privado de autorización ou acreditación mediante rexistro público.
b) Ter en vigor un certificado dixital dos validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado (http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC).

Unha vez asinado o formulario de solicitude mediante certificado dixital, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia. No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo no que quedará constancia do feito da presentación.

3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

* Documentación complementaria

A solicitude basearase fundamentalmente en declaracións responsables a cubrir no formulario web de solicitude. Só se requirirá documentación adicional nos supostos de comprobación ou verificación posterior.

No suposto de ter que realizarse achega de documentación adicional se realizará de acordo do disposto no art. 10 de trámites posteriores.

Observaciones

A homologación será requisito necesario para que os servizos de consultoría e apoio á internacionalización prestados por axentes privados poidan ser considerados subvencionables nos programas e liñas de axuda do Igape que así o establezan.

A relación de axentes homologados publicarase e manterase actualizada no catálogo de axentes homologados do Igape, que será público e estará dispoñible na súa páxina web.

A homologación terá validez indefinida, sen prexuízo da obriga de actualización da información e das facultades de comprobación e revogación.