IG300J - AUTOMOCIÓN - LIÑA 1: DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN (2026)
Finalidad / Objetivo
Apoiar á industria da automoción galega, mediante apoios en tres tipoloxías ou liñas de proxecto de actuación: desenvolvemento tecnolóxico e innovación de procesos ou organización, protección do ambiente incluída a descarbonización e proxectos agrupados de transformación e/ou modernización produtiva.
Tipos de apoyo
Réxime de concorrencia non competitiva.
A presente convocatoria de axudas está cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40 % restante. En particular:
Liña 1: Desenvolvemento e Innovación
Obxectivo político: 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Prioridade: 1A.Transición dixital e intelixente.
Obxectivo específico: RSO1.1. Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas.
Tipo de acción (CPSO): 1.1.03. Proxectos de I+D+i centrados en tecnoloxías industriais innovadoras para apoiar ás empresas na súa transición industrial en liña coas prioridades europeas en materia de dixitalización e pacto verde.
Subtipo de acción (CPSO): 1.1.03.2. Proyectos que impulsen y refuercen la transición a la cadena de valor del vehículo eléctrico y a la descarbonización del sector de automoción en Galicia.
Tipo de intervención: 010. Actividades de investigación e innovación en pemes, incluída a creación de redes; 011. Actividades de investigación e innovación en en grandes empresas, incluída a creación de redes.
Indicadores de realización:
RCO01 – Empresas apoiadas
RCO02 – Empresas apoiadas a través de subvencións
Indicadores de resultado:
RCR02 – Investimentos privados que acompañan ao apoio público (euros)
RCR03 – Pemes que innovan en produtos ou en procesos (empresas)
Beneficiarios potenciales
1. Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as empresas do sector de automoción cun centro de traballo en Galicia no que se desenvolva o proxecto subvencionado.
Consideraranse industrias de automoción aquelas cuxa actividade principal se desenvolva nos CNAE 29 e 30, agás as epígrafes 30.1 e 30.2, e tamén aquelas empresas que, non estando dadas de alta en actividades deses CNAE, estean asociadas á Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.
2. Tamén poderán ser persoas beneficiarias as agrupacións de empresas segundo a regulación específica de cada liña de axuda. A agrupación rexerá polo documento contractual que as regule, e o seu funcionamento interno responderá a criterios de autonomía de xestión e deberá incluír de forma expresa quen é a líder ou representante da agrupación. A líder será a representante da agrupación, única interlocutora coa Administración en todo o procedemento sen prexuízo do carácter de beneficiarias de todas e cada unha das integrantes da agrupación.
Todas as entidades que colaboren na execución do proxecto terán a condición de persoas beneficiarias e deberán cumprir as mesmas condicións e obrigas que a solicitante líder da agrupación. Na solicitude deberán constar, de forma expresa, os compromisos de execución asumidos por cada persoa membro.
3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:
a) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007.
b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
c) As empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, do 31 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
d) As empresas que no momento da resolución da axuda non se atopen ao corrente de débedas coas distintas administracións: AEAT, Seguridade Social e Consellería de Facenda e Administración Pública.
e) As que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC).
Sectores incentivables
Consideraranse industrias de automoción aquelas cuxa actividade principal se desenvolva nos CNAE 29 e 30, agás as epígrafes 30.1 e 30.2, e tamén aquelas empresas que, non estando dadas de alta en actividades deses CNAE, estean asociadas á Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.
Requisitos principales del proyecto
a) Poderán ser subvencionables proxectos de desenvolvemento experimental e proxectos de innovación en materia de organización e procesos, segundo se definen a continuación:
1º. Proxectos de desenvolvemento experimental:
A adquisición, combinación, configuración e emprego de coñecementos e técnicas xa existentes, de índole científica, tecnolóxica, empresarial ou doutro tipo, con vistas á elaboración de produtos ou procesos novos ou mellorados; pode incluír tamén, por exemplo, actividades de definición conceptual, planificación e documentación de novos produtos, procesos ou servizos. O desenvolvemento experimental poderá comprender a creación de prototipos, a demostración, a elaboración de proxectos piloto, o ensaio e a validación de produtos, procesos ou servizos novos ou mellorados, en contornas representativas de condicións reais de funcionamento, sempre que o obxectivo principal sexa achegar novas melloras técnicas a produtos, procesos ou servizos que non estean substancialmente asentados; pode incluír o desenvolvemento de prototipos ou proxectos piloto que poidan utilizarse comercialmente cando sexan necesariamente o produto comercial final e a súa fabricación resulte demasiado onerosa para o seu uso exclusivo con fins de demostración e validación. O desenvolvemento experimental non inclúe as modificacións habituais ou periódicas efectuadas en produtos, liñas de produción, procesos de fabricación, servizos existentes e outras operacións en curso, aínda cando esas modificacións poidan representar melloras dos mesmos.
2º. Proxectos de innovación en materia de organización e de procesos:
A aplicación dun novo método organizativo ás prácticas comerciais, a organización do centro de traballo ou as relacións exteriores dunha empresa ou a aplicación dun método de produción ou subministración novo ou significativamente mellorado (incluídos cambios significativos en canto a técnicas, equipos ou programas informáticos); non se inclúen os cambios baseados en métodos organizativos xa empregados na empresa, os cambios na estratexia de xestión, as fusións e adquisicións, o abandono dun proceso, a mera substitución ou ampliación de capital, os cambios exclusivamente derivados de variacións do prezo dos factores, a produción personalizada, a adaptación aos usos locais, os cambios periódicos de carácter estacional ou outros cambios cíclicos, o comercio de produtos novos ou significativamente mellorados, os cambios ou melloras de importancia menor nin os aumentos das capacidades de produción ou servizo mediante a introdución de sistemas de fabricación ou loxística moi similares aos xa utilizados.
b) As grandes empresas só poderán ser beneficiarias de axuda a este tipo de proxectos se cooperan con pemes na execución do proxecto obxecto de axuda, debendo asumir estas un mínimo dun 10 % para dos proxectos de desenvolvemento experimental. No caso dos proxectos de innovación en organización e procesos, debe existir colaboración efectiva con una ou varias pemes, que deben asumir un mínimo do 30% do total dos custos subvencionables.
Por colaboración efectiva, tal e como se recolle no artigo 2 punto 90 do Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014) (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC), enténdese a colaboración entre, polo menos, dúas partes independentes para o intercambio de coñecementos ou tecnoloxía, ou para lograr un obxectivo común sobre a base da división do traballo, na que as partes implicadas definen conxuntamente o ámbito do proxecto en colaboración, contribúen á súa aplicación e comparten os seus riscos e os seus resultados; unha ou varias das partes poden soportar a totalidade dos custos do proxecto e liberar así outras partes dos seus riscos de financiamento. A investigación baixo contrato e a prestación de servizos de investigación non se consideran formas de colaboración.
• Condicións dos proxectos obxecto de apoio:
- As grandes empresas deberán necesariamente constituír unha agrupación con pemes.
- A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado.
Para ese efecto, antes de iniciar o proxecto, a persoa solicitante deberá presentar a solicitude de axuda. Non se poderá incorrer en ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita a axuda con carácter previo á solicitude.
- O prazo de execución dos proxectos rematará o 30 de xuño de 2029.
- Non poderán concederse axudas ao abeiro destas bases para financiar investimentos en máquinas, equipamento ou instalacións que utilicen combustibles fósiles.
- Todos os proxectos deberán contemplar un custo subvencionable mínimo de 100.000 euros e a subvención máxima por proxecto limítase a 10.000.000 euros.
Inversiones o gastos computables
* Custos directos
A) Custos de persoal. Os custos relacionados co persoal investigador, técnico e demais persoal auxiliar, na medida en que estean dedicados ao proxecto ou actividade pertinente. Poderán imputarse gastos ao proxecto tanto de persoal con contrato laboral, persoal autónomo socio da empresa e persoal autónomo economicamente dependente, segundo o establecido na Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo. As entidades beneficiarias deberán detallar e certificar a dedicación horaria ao proxecto de cada persoa traballadora.
O custo hora individual máximo financiable será de 65 €.
Non se considerarán subvencionables:
a) Os gastos relacionados con aquelas persoas traballadoras que non estean dadas de alta nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia onde se desenvolve o proxecto.
b) Os gastos de persoal que non teña relación contractual laboral coa entidade beneficiaria da subvención, excepto os supostos admitidos de persoal autónomo.
c) Os custos de persoal administrativo relacionados con tarefas de xestión e tramitación do financiamento solicitado.
d) As contratacións en formación, as de prácticas e as de persoas bolseiras.
e) Os custos de viaxes, indemnizacións ou dietas non se consideran gastos de persoal e, polo tanto, non son subvencionables.
B) Custos de equipamento, instrumental e material: Aceptaranse os gastos de amortización de equipamentos, instrumental e material na medida e durante o período en que se utilicen para o proxecto. No caso de que o equipamento, instrumental e o material non se utilicen en toda a súa vida útil para o proxecto, unicamente consideraranse subvencionables os custos de amortización correspondentes á duración do proxecto, calculados de acordo con os principios contables xeralmente aceptados e dentro dos límites marcados pola resolución de concesión. No caso particular do material funxible, aceptaranse os custos sempre que poidan relacionarse directamente con algunha das actividades do proxecto e se xustifique adecuadamente na solicitude. Limítase o custo do material funxible ao 10% do orzamento financiable do proxecto ata un máximo de 1.000.000,00 €.
Os custos de equipamento, instrumental e material non superarán o 60% do orzamento financiable do proxecto.
Non se consideran incluidos neste concepto o material de oficina e consumibles informáticos, que se consideran comprendidos dentro dos custos indirectos.
C) Custos de investigación contractual, coñecementos técnicos e patentes adquiridas ou obtidas por licenza de fontes externas en condicións de plena competencia. Queda expresamente excluída calquera forma de consultoría asociada á xestión e tramitación da axuda solicitada.
• Custos indirectos:
Son aqueles que non están vinculados ou non poden vincularse directamente á actividade subvencionada por ter carácter estrutural, pero resultan necesarios para a súa realización, nos que se inclúen os gastos administrativos (tales como xestión administrativa e contable), gastos de supervisión e control de calidade, subministracións (tales como auga, electricidade, calefacción e teléfono, material de oficina), seguros, seguridade ou gastos de limpeza. En aplicación da opción prevista no artigo 54.b) do Regulamento (UE) 2021/1060, o custo imputable por este concepto será o importe resultante de aplicar unha porcentaxe do 15% aos custos directos de persoal subvencionables.
2. Condicións:
O importe mínimo de custo subvencionable total deberá acadar 100.000 €.
Non serán subvencionables en ningún caso impostos, xuros e gastos financeiros, e taxas.
En aplicación do artigo 66 do Regulamento (UE) 2021/1060, non serán subvencionables os gastos de apoio á reubicación.
Cuantía de las ayudas
Concederase unha intensidade de axuda en función do tamaño da empresa e das actuacións propostas nesta liña 1 para os custos subvencionables previstos pola empresa durante o período subvencionable, coas seguintes intensidades:
1. Desenvolvemento experimental (liña 1.1º)
Gran empresa - 25 % (*)
Mediana empresa - 35 %
Pequena empresa - 45 %
2. Innovación de organización e procesos (liña 1.2º) 15 % (**) 50 % 50 %
Gran empresa - 15 % (**)
Mediana empresa - 50 %
Pequena empresa - 50 %
(*) So para proxectos de colaboración efectiva con pemes que asuman un mínimo do 10 % dos custos subvencionables.
(**) So para proxectos de colaboración efectiva con pemes que asuman un mínimo do 30 % dos custos subvencionables.
Adicionalmente, poderanse incrementar nun 15 % as porcentaxes aplicables á liña de desenvolvemento experimental 1.1º sempre que se cumpra a condición de que os resultados do proxecto se difundan amplamente por medio de conferencias, publicacións, bases de libre acceso ou programas informáticos gratuítos ou de fonte aberta.
Plazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o sexto (6) día hábil posterior ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2026 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.
Incompatibilidades
Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións que financien os mesmos custos subvencionables do proxecto. Poderán admitirse outras axudas para custos distintos sempre que non se produza dobre financiamento e se respecten os límites de compatibilidade e acumulación do réxime de axuda aplicable.
Referencia legislativa
Resolución do 20 de xullo de 2026 (DOG Nº135 do 21/07/2026) - Bases reguladoras e convocatoria
Información y tramitación
* Información:
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]
* Tramitación
1. Para presentar a solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios.
2. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:
a) As solicitudes subscribiranse directamente polas persoas interesadas ou por persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
b) Ter en vigor un certificado dixital dos validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado (http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC).
Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
* Documentación complementaria:
a) No caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil, as persoas interesadas
deberán achegar escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes, e acreditación da representación con que se actúa, no caso de non atoparse inscritas no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).
b) Ofertas: as tres ofertas que debe ter solicitado a persoa beneficiaria en aplicación
do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia.
No caso de adquisicións de edificacións ou construcións novas ou usadas non será
preciso achegar as tres ofertas, deberá acompañarse un informe de taxación suscrito por sociedade de taxación homologada.
c) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias acreditarán o cumprimento da normativa en materia de prazos a provedores.
d) Para proxectos que inclúan infraestruturas de duración superior a cinco (5) anos, documentación que acredite a defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial. Se a empresa solicitante non dispón aínda en fase de solicitude dun proxecto suficientemente definido que permita integrar a dita análise nesta fase inicial, poderá presentar a dita documentación en fase de xustificación. O Igape dispón dun servizo de axuda coa elaboración do informe. Pode solicitalo no seguinte enlace: https://oficinaeconomicagalicia.xunta.gal/analiseclima.
• Documentación específica
a. No caso de proxectos de cooperación entre pemes ou de grandes empresas en cooperación con pemes, documento de constitución da agrupación nos termos establecidos no artigo 4.2 das bases reguladoras.
b. Memoria técnica do proxecto, que conterá a seguinte información:
- Antecedentes da empresa: proxectos de I+D+i desenvolvidos previamente.
- Tipoloxía do proxecto (desenvolvemento experimental ou innovación de organización e procesos).
- Obxectivos do proxecto.
- Plan de traballo e detalle do orzamento , xustificando a súa necesidade.
- Impacto do proxecto na estrutura e organización da empresa e posibilidade de incorporación dos resultados tecnolóxicos do proxecto á cadea de valor ada automoción de Galicia.
- Protección dos resultados do proxecto.
- Calquera outra información relevante ou de interese sobre o proxecto.
- Plan de difusión dos resultados do proxecto no caso de optar ao incremento do 15% da liña 1.1º
c. Listaxe completa dos custos previstos, que se deberá cubrir no formulario de solicitude.
d. No caso de imputar gastos de persoal de nova contratación, deberán achegarse tamén os contratos de traballo onde conste a dedicación ao proxecto.
Observaciones
O prazo de execución dos proxectos rematará o 30 de xuño de 2029.
A persoa beneficiaria deberá presentar a xustificación e solicitude de cobramento da axuda dentro do prazo dun (1) mes a partires da data de fin de execución do proxecto fixada na resolución de concesión. Para estes efectos:
- Imputaranse á anualidade 2026 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación ou de solicitude de cobramento remate ata o 30 de novembro de 2026. Os gastos executados a partir do 1 de decembro de 2026 poderán impultarse con cargo á xustificación da anualidade 2027.
- Imputaranse á anualidade 2027 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación ou de solicitude de cobramento remate ata o 30 de setembro de 2027. Os gastos executados a partir do 1 de outubro de 2027 poderán imputarse con cargo á xustificación da anualidade 2028.
- Imputaranse á anualidade 2028 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación ou de solicitude de cobramento, remate ata o 30 de setembro de 2028. Os gastos exectuados a partir do 1 de outubro de 2028 poderán imputarse con cargo á xustificación da anualidade 2029.
- Imputaranse á anualidade 2029 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación ou de solicitude de cobramento remate ata o 30 de xuño de 2029.
En todas as liñas resolverase a concesión de axuda e un anticipo do 80 % da axuda.