IG300L - AUTOMOCIÓN - LIÑA 3: PROXECTOS DE PEMES DE TRANSFORMACIÓN E MODERNIZACIÓN PRODUTIVA (2026)

O prazo de presentación finaliza o Miércoles, 30 Septiembre 2026 as 14:00 h.

Finalidad / Objetivo

Proxectos de pemes que teñan como finalidade a transformación e/ou a modenización produtiva das pemes de cara á transición ao ecosistema de mobilidade descarbonizada e conectada ou reconvertendo a súa produción cara aos novos compoñentes de mobilidade verde e conectada.

Tipos de apoyo

Réxime de concorrencia non competitiva.

A presente convocatoria de axudas está cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia FEDER 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40 % restante. En particular:

Liña 3: Proxectos de pemes de transformación e modernización produtiva
Obxectivo político: 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Prioridade: 1A. Transición dixital e intelixente.
Obxectivo específico: RSO1.3. Reforzo do crecemento sostible e a competitividades das pemes e a creación de emprego nestas, tamén mediante investimentos produtivos.
Tipo de acción (CPSO): 1.3.01. Apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial, especialmente das pemes, para promover o crecemento sostible, a competitividade e a creación e o mantemento do emprego.
Subtipo de acción (CPSO): 1.3.01.1. Apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial
Tipo de intervención: 021. Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluídos os investimentos produtivos
Indicadores de realización:
RCO01 – Empresas apoiadas
RCO02 – Empresas apoiadas a través de subvencións
Indicadores de resultado:
RCR02 – Investimentos privados que acompañan ao apoio público (euros)

Beneficiarios potenciales

1. Poderán ser persoas beneficiarias destas axudas as pemes do sector de automoción cun centro de traballo en Galicia no que se desenvolva o proxecto subvencionado.

Consideraranse industrias de automoción aquelas cuxa actividade principal se desenvolva nos CNAE 29 e 30, agás as epígrafes 30.1 e 30.2, e tamén aquelas empresas que, non estando dadas de alta en actividades deses CNAE, estean asociadas á Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.

3. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:
a) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007.
b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
c) As empresas que incumpran os prazos de pago previstos na Lei 3/2004, do 31 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da citada Lei 3/2004.
d) As empresas que no momento da resolución da axuda non se atopen ao corrente de débedas coas distintas administracións: AEAT, Seguridade Social e Consellería de Facenda e Administración Pública.
e) As que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) nº 651/2014 (RXEC).

Sectores incentivables

Consideraranse industrias de automoción aquelas cuxa actividade principal se desenvolva nos CNAE 29 e 30, agás as epígrafes 30.1 e 30.2, e tamén aquelas empresas que, non estando dadas de alta en actividades deses CNAE, estean asociadas á Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia.

Requisitos principales del proyecto

Proxectos que teñan como finalidade a transformación e/ou a modenización produtiva das pemes de cara á transición ao ecosistema de mobilidade descarbonizada e conectada ou reconvertendo a súa produción cara aos novos compoñentes de mobilidade verde e conectada. Os proxectos poderán incluír tanto investimentos en activo fixos produtivos como consultoría.

• Condicións dos proxectos obxecto de apoio:

- A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado.
Para ese efecto, antes de iniciar o proxecto, a persoa solicitante deberá presentar a solicitude de axuda. Non se poderá incorrer en ningún dos custos alegados sobre os cales se solicita a axuda con carácter previo á solicitude.

- O prazo de execución dos proxectos rematará o 30 de xuño de 2029.

- Non poderán concederse axudas ao abeiro destas bases para financiar investimentos en máquinas, equipamento ou instalacións que utilicen combustibles fósiles.

- Todos os proxectos deberán contemplar un custo subvencionable mínimo de 100.000 euros e a subvención máxima por proxecto limítase a 10.000.000 euros.

Inversiones o gastos computables

Poderán ser subvencionables os investimentos das pemes en maquinaria e bens de equipo, hardware, software e instalacións necesarias para a sú implantación, así como os custos de consultoría técnica necesarios para o desenvolvemento ou implantación dos proxectos. Os servizos de consultoría non consistirán en actividades permanentes ou periódicas nin estarán relacionados cos gastos de explotación normal da empresa, como os servizos rutinarios de asesoría fiscal, servizos xurídicos periódicos ou os de publicidade.

Cuantía de las ayudas

Concederase unha axuda en función do tamaño da empresa sobre os custos subvencionables incorridos pola empresa durante o período subvencionable, coas seguintes intensidades:

• Investimento:
- Mediana empresa – 25%
- Pequena empresa – 35%

• Consultoría:
- Mediana empresa – 50%
- Pequena empresa – 50%

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o sexto (6) día hábil posterior ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2026 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.

Incompatibilidades

Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións que financien os mesmos custos subvencionables do proxecto. Poderán admitirse outras axudas para custos distintos sempre que non se produza dobre financiamento e se respecten os límites de compatibilidade e acumulación do réxime de axuda aplicable.

Referencia legislativa

Resolución do 20 de xullo de 2026 (DOG Nº135 do 21/07/2026) - Bases reguladoras e convocatoria
Extracto das bases

Información y tramitación

* Información:

- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]

* Tramitación

1. Para presentar a solicitude, a persoa solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://spiga-sede.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios.

2. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) As solicitudes subscribiranse directamente polas persoas interesadas ou por persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
b) Ter en vigor un certificado dixital dos validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado (http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC).

Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferidos estes ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

* Documentación complementaria:

a) No caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil, as persoas interesadas
deberán achegar escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes, e acreditación da representación con que se actúa, no caso de non atoparse inscritas no Rexistro Xeral de Apoderamentos de Galicia (REAG).

b) Ofertas: as tres ofertas que debe ter solicitado a persoa beneficiaria en aplicación
do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia.
No caso de adquisicións de edificacións ou construcións novas ou usadas non será
preciso achegar as tres ofertas, deberá acompañarse un informe de taxación suscrito por sociedade de taxación homologada.

c) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as persoas beneficiarias acreditarán o cumprimento da normativa en materia de prazos a provedores.

d) Para proxectos que inclúan infraestruturas de duración superior a cinco (5) anos, documentación que acredite a defensa contra o cambio climático en todas as fases do ciclo do proxecto de infraestrutura, desde a planificación inicial. Se a empresa solicitante non dispón aínda en fase de solicitude dun proxecto suficientemente definido que permita integrar a dita análise nesta fase inicial, poderá presentar a dita documentación en fase de xustificación. O Igape dispón dun servizo de axuda coa elaboración do informe. Pode solicitalo no seguinte enlace: https://oficinaeconomicagalicia.xunta.gal/analiseclima.

Observaciones

O prazo de execución dos proxectos rematará o 30 de xuño de 2029.
A persoa beneficiaria deberá presentar a xustificación e solicitude de cobramento da axuda dentro do prazo dun (1) mes a partires da data de fin de execución do proxecto fixada na resolución de concesión. Para estes efectos:
- Imputaranse á anualidade 2026 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación ou de solicitude de cobramento remate ata o 30 de novembro de 2026. Os gastos executados a partir do 1 de decembro de 2026 poderán impultarse con cargo á xustificación da anualidade 2027.
- Imputaranse á anualidade 2027 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación ou de solicitude de cobramento remate ata o 30 de setembro de 2027. Os gastos executados a partir do 1 de outubro de 2027 poderán imputarse con cargo á xustificación da anualidade 2028.
- Imputaranse á anualidade 2028 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación ou de solicitude de cobramento, remate ata o 30 de setembro de 2028. Os gastos exectuados a partir do 1 de outubro de 2028 poderán imputarse con cargo á xustificación da anualidade 2029.
- Imputaranse á anualidade 2029 os gastos dos proxectos cuxo prazo de execución, de xustificación ou de solicitude de cobramento remate ata o 30 de xuño de 2029.

En todas as liñas resolverase a concesión de axuda e un anticipo do 80 % da axuda.