Pablo Arias

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou hoxe no encontro dixital Tecnoloxía e innovación ao servizo dun desenvolvemento sustentable organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia. Destaca que a Xunta está a achegar medidas de apoio aos sectores máis afectados pola actual situación económica ao tempo que impulsa a Industria 4.0, a innovación, a eficiencia enerxética e a mobilidade sustentable.

O director do Igape, Fernando Guldrís, participou esta tarde nunha xornada organizada polo Colexio de Economistas da Coruña que abordou as oportunidades que ofrecen estes recursos para a transformación dixital, a transición enerxética e a cohesión territorial de Galicia. Destaca que a nova sociedade formada pola Administración autonómica, entidades financeiras e sociedades transversais permitirá maior axilidade na captación de novos proxectos. Co mesmo obxectivo, a Lei de reactivación económica, que se vén de aprobar no Parlamento galego, conferirá carácter prioritario ás iniciativas empresariais tractoras.

O director do Igape, Fernando Guldrís, informou dos resultados das exportacións durante o ano pasado, que superaron os 20.000M€ por cuarto exercicio consecutivo. Galicia sitúase como a quinta comunidade en volume de vendas, adiantando na clasificación ao País Vasco e acadando o 8% do total a nivel estatal. Subliña que o número de empresas exportadoras se mantivo o pasado ano por riba das 7000. Mentres que no acumulado de 2020 as exportacións galegas se reduciron o 6%, fronte á caída do 10% no conxunto do Estado, durante o mes de decembro incrementáronse un 6,8%. A balanza comercial galega é a segunda mellor de España, cun saldo positivo de preto de 4274M€, case o dobre que no ano anterior, mentres que a estatal presenta un diferenza negativa de -13.422M€. Destacan os importantes incrementos das vendas a destinos como Francia, Dinamarca, Polonia, Turquía, Xapón e Namibia, con subas que van desde os 15 ata os 43 puntos. Lembra que permanecen abertos os prazos de solicitude das axudas da nova convocatoria do Galicia Exporta Dixital, o Cheque Brexit e o programa de apoio á contratación de expertos en comercio exterior, dotados en total con 9M€.

Página 2 de 2