IG100A - AXUDAS PARA SUFRAGAR OS DANOS SUFRIDOS EN ESTABLECEMENTOS COMERCIAIS, INDUSTRIAIS, TURÍSTICOS E MERCANTÍS, DERIVADOS DOS INCENDIOS FORESTAIS EN GALICIA DURANTE O VERÁN DE 2025

Finalidad / Objetivo

Estas bases teñen por obxecto regular a xestión do procedemento para a concesión das axudas para sufragar os danos sufridos en establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís, derivados dos incendios que se produciron en Galicia durante o verán de 2025.

Tipos de apoyo

As axudas outorgaranse de forma directa por mor do interese público, social e humanitario.

Beneficiarios potenciales

As persoas físicas ou xurídicas, titulares dos establecementos comerciais, mercantís, industriais e turísticos en que se producisen os danos derivados dos incendios ou da súa extinción.

Sectores incentivables

Establecementos comerciais, industriais, turísticos e mercantís.

Inversiones o gastos computables

1. Serán obxecto de axuda os danos orixinados nos establecementos comerciais, industriais, turísticos ou mercantís como consecuencia dos incendios que se produciron en Galicia durante o verán de 2025. Para os efectos da determinación dos danos, teranse en conta os ocasionados nas edificacións, instalacións, maquinaria e mercadorías depositadas nos establecementos, así como nos vehículos comerciais ou industriais afectos a estas actividades, na parte non comprendida tanto polas axudas que aproben outras administracións públicas como por calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, de que poidan ser beneficiarias as persoas afectadas.

2. Non serán obxecto destas axudas os danos producidos en explotacións agrícolas, gandeiras ou forestais.

3. Tampouco serán subvencionables as actividades de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica, agás aquelas instalacións de xeración de enerxía eléctrica incluídas no propio establecemento.

Cuantía de las ayudas

A porcentaxe de axuda será do 100 % do importe dos danos causados polos incendios conforme a valoración levada a cabo no informe de taxación de danos, cos seguintes límites:

a) 600.000 euros por persoa beneficiaria. Excepcionalmente, este importe poderá incrementarse ata o límite de 1.500.000 euros, atendendo aos danos sufridos e ao seu impacto socioeconómico na actividade afectada e, en especial, á posible repercusión no mantemento do emprego.

b) A suma da axuda concedida xunto con outras axudas e/ou indemnizacións que aproben outras administracións públicas ou calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, estatal ou internacional, para a mesma actuación, non poderá exceder do 100% do importe dos danos causados polos incendios conforme a valoración do informe de taxación de danos.

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes. As solicitudes poderán presentarse dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Ampliado o prazo ata o 30 de outubro de 2025

Incompatibilidades

1. A concesión destas axudas terá carácter subsidiario respecto de calquera outro sistema de cobertura de danos, público ou privado, de que poidan ser beneficiarios os afectados.

2. Non obstante, cando os mencionados sistemas non cubran a totalidade dos danos producidos, as axudas previstas nestas bases reguladoras concederanse con carácter complementario e serán compatibles en concorrencia con outras subvencións, indemnizacións, axudas, ingresos ou recursos procedentes de sistemas públicos ou privados, estatais ou internacionais, ata o límite do valor do dano producido.

Referencia legislativa

Resolución do 29 de agosto de 2025 (DOG Nº166 do 30 de agosto de 2025) - Bases reguladoras e convocatoria
Decreto 79/2025 do 29 de setembro (DOG Nº188 do 30/09/2025) - Modificación do Decreto 76/2025 do 29 de agosto de 2025

Información y tramitación

1. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://spiga-sede.igape.es

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Documento acreditativo da representación da persoa que actúe en nome da persoa solicitante, de ser o caso.
b) Título ou documento admisible en dereito que acredite a titularidade da persoa solicitante co establecemento afectado.
c) Título ou documento admisible en dereito que acredite a vinculación da titular do establecemento co inmoble danado.
d) Copia da póliza de seguro, no caso de ter seguro.

Observaciones

As axudas entenderanse concedidas en atención á situación, produto da situación de emerxencia excepcional en que se atope a persoa beneficiaria polo que, non requirirán outra xustificación que a acreditación por calquera medio admisible en dereito da titularidade do establecemento danado, sen prexuízo dos controis que se establezan para verificar este aspecto.

O aboamento da subvención realizarase nun único pagamento, mediante transferencia bancaria na conta da persoa beneficiaria indicada na solicitude dentro dos quince (15) días hábiles seguintes ao da notificación da resolución de concesión