IG402A - PROGRAMA RE-ACCIONA - AXUDAS A SERVIZOS MODULARES DE ASESORAMENTO ESPECIALIZADO A EMPRESAS GALEGAS PRESTADOS POR ENTIDADES COLABORADORAS (2026)
Finalidad / Objetivo
Estas bases teñen como obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas destinadas a facilitar a execución dun conxunto de servizos profesionais por parte de entidades colaboradoras previamente seleccionadas mediante Resolución do 12 de decembro de 2023.
O programa permítelles ás pemes executar proxectos de mellora en distintos ámbitos:
Categoría 1: Análise e Avaliación competitiva, cunha duración mínima orientativa de 60 horas.
- Servizos de análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora.
- Servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento (modalidades A, B,C).
- Servizos de protección da innovación (modalidades B, C), servizos parciais.
- Servizos de asesoramento para o financiamento da innovación (modalidade B), servizo parcial.
Categoría 2: Optimización e mellora competitiva, cunha duración mínima orientativa de 85 horas.
- Servizos de desenvolvemento estratéxico integral da empresa.
- Servizos de análise do cumprimento normativo e os riscos legais (Compliance).
- Servizos de asesoramento para o relanzamento comercial.
- Servizos de deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
- Servizos de protección da innovación (modalidade A), servizo completo.
- Servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras.
- Servizos de captación, fidelización e xestión de talento.
Categoría 3: Estratexias de Competitividade avanzada, cunha duración mínima orientativa de 100 horas.
- Servizos de circularización e optimización dos procesos de produción e cadea loxística.
- Servizos de preparación de procesos certificables.
- Servizos para o desenvolvemento dunha estratexia de integración ESG na peme.
- Servizos de asesoramento para o financiamento da innovación (modalidade A), servizo completo.
Tipos de apoyo
Axudas en especie.
Réxime de concorrencia non competitiva.
Réxime de minimis.
A convocatoria das axudas ten unha dotación de 2.000.000 €, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60% do gasto elixible, computándose como cofinanciamento nacional, polo 40 % restante, o cofinanciamento público do Igape e o investimento privado elixible das persoas beneficiarias. En particular:
Obxectivo político 1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e das comunicacións.
Obxectivo específico 1.3. Reforzar o crecemento sostible e a competitividade das pemes e a creación de emprego nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos.
Tipo de acción 1.3.04. Programa REACCIONA (prestación de servizos avanzados de competitividade para as empresas galegas, especialmente pemes).
Tipo de intervención 024. Servizos avanzados de apoio ás pemes e agrupacións de pemes (incluídos servizos de xestión, comercialización e deseño).
Beneficiarios potenciales
As pequenas e medianas empresas (pemes), incluíndo os autónomos, comunidades de bens, asociacións, fundacións ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, leven a cabo actividade empresarial e poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención.
En calquera caso, deberán ter radicado algún centro de traballo en Galicia, e cumprir a definición de peme.
Para todos os servizos definidos no artigo 1, agás o “servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras” polas características deste tipo de empresas, as solicitantes deberán contar cun cadro medio de traballadores, no ano anterior á solicitude da axuda, non inferior a 3.
Requisitos principales del proyecto
Para todos os servizos definidos no artigo 1, agás o “servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras” polas características deste tipo de empresas, as solicitantes deberán contar cun cadro medio de traballadores, no ano anterior á solicitude da axuda, non inferior a 3. Esta circunstancia acreditarase, con carácter xeral, co informe do “cadro medio de traballadores en situación de alta” emitido pola Seguridade Social. Adicionalmente ao número indicado no devandito informe, poderán contabilizarse para determinar o número mínimo de traballadores, se é o caso, o administrador, familiares colaboradores que traballen na empresa, autónomos dependentes e socios traballadores, todos eles incluídos no réxime de traballadores autónomos. Neste caso, acreditarase a través do informe de vida laboral que acredite a vinculación da traballador coa empresa, ou outros medios análogos.
Para o “Servizo de apoio para empresas emerxentes innovadoras”, entenderase como tales, aquelas de recente creación (entre 0 e 7 anos), cunha base innovadora ou tecnolóxica, e cunha proposta de valor diferenciada. As condicións relativas ao número de empregados, socios traballadores ou membros do equipo declararanse responsablemente no formulario electrónico de solicitude e será comprobado pola entidade colaboradora con carácter previo á tramitación da solicitude, en base ao informe da Seguridade Social de cadro medio anual de traballadores en alta a 31 de decembro do ano anterior.
Os servizos serán prestados pola entidade colaboradora que elixa a persoa solicitante, de entre as seleccionadas para cada tipo de servizo.
As entidades colaboradoras non poderán ser beneficiarias das axudas para o tipo servizo que prestan nin para ningún outro dos que formen parte do programa Re-acciona.
Inversiones o gastos computables
Serán subvencionables os gastos de prestación dos servizos enumerados no artigo 1.2, prestados polas entidades colaboradoras seleccionadas para cada servizo, realizados entre a data de solicitude e a data límite de execución establecida na resolución de convocatoria das axudas.
As entidades colaboradoras non poderán estar asociadas nin vinculadas coa persoa solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores.
O período de execución dos gastos e investimentos subvencionados denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión, que non poderá superar a data para a execución dos proxectos establecida na resolución de convocatoria.
Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables nos que incorrera nas súas operacións comerciais deberán ter sido aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación.
Cuantía de las ayudas
As axudas previstas nestas bases reguladoras configúranse como axudas en especie. A subvención será do 80 % dos importes definidos para cada servizo.
Non serán subvencionables o IVE nin outros impostos recuperables.
O importe definido para cada tipo de servizo determínase segundo o seguinte esquema, en función da duración mínima orientativa de cada servizo:
Denominación / Importe do servizo (IVE non incluído)
Categoría 1: Análise e Avaliación competitiva - 3.780 €
Categoría 2: Optimización e mellora competitiva - 5.355 €
Categoría 3: Estratexias de Competitividade avanzada - 6.300 €
Plazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o sexto día hábil posterior ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2026 ás 14.00 horas, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.
No caso de que unha mesma persoa beneficiaria solicite axuda para varios servizos, deberase cubrir unha solicitude distinta para cada un deles.
Incompatibilidades
Estas axudas son incompatibles con outras axudas ou subvencións públicas para o mesmo proxecto.
Deberase garantir que a persoa beneficiaria non se supera o límite de 300.000 euros en réxime de minimis nos tres anos previos ao da concesión da axuda. Para as empresas do sector da pesca e a acuicultura o límite redúcese a 40.000 euros. E para as empresas do sector agrícola o límite de redúcese a 50.000 euros.
Referencia legislativa
Resolución do 30 de decembro de 2025 (DOG Nº10 do 16/01/2026) - Bases reguladoras e convocatoria
Información y tramitación
As entidades colaboradoras do Programa Re-acciona son as encargadas de tramitar o procedemento (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación) a petición da empresa solicitante.
O Igape ten publicada na súa páxina https://igape.gal/gl/pemes-e-autonomos/reacciona a relación actualizada en todo momento das entidades colaboradoras e os servizos que presta cada unha delas, detallando as condicións dos mesmos.
Observaciones
O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de 2 meses desde a data de presentación de solicitude da axuda. Transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.
Tanto o prazo para executar o proxecto como o prazo para presentar a xustificación de execución rematarán na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poidan exceder o 30/09/2027.