IG530B - INDUSTRIA INNOVA - IMPULSO DE PROXECTOS DE DESENVOLVEMENTO DA INNOVACIÓN (2026)

Finalidad / Objetivo

Axudas dirixidas ao desenvolvemento da innovación das empresas galegas, orientadas a mellorar a súa capacidade mediante a o impulso de proxecto de investigación industrial, desenvolvemento experimental e a innovación de procesos e organización.

A convocatoria de axudas ten unha dotación de 30.000.000 €, cofinanciada pola Unión Europea no marco do Programa Galicia FEDER 2021-2027, cunha taxa de cofinanciamento do 60 % do gasto elixible, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible das persoas beneficiarias polo 40% restante.

Tipos de apoyo

Subvencións a fondo perdido en concorrencia competitiva.

Beneficiarios potenciales

a) Pemes e grandes empresas do ámbito industrial que dispoñan dun centro de traballo permanente legalmente constituído en Galicia, que poidan liderar proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico que cumpran as características recollidas no artigo 5.

b) As agrupacións de pemes e grandes empresas que realicen proxectos de I+D+i en colaboración.

c) Agrupacións dunha empresa ou empresas do sector industrial, e un ou varios centros tecnolóxicos e/ou centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito autonómico.

Só serán admisibles os proxectos presentados por grandes empresas se cooperan con unha ou varias pemes, e estas deberán asumir, no seu conxunto, un mínimo do 5 % total dos custos subvencionables do proxecto. Os organismos de investigación non terán a consideración de pemes para estes efectos.

Sectores incentivables

Son actividades subvencionables a investigación industrial, o desenvolvemento experimental, a innovación organizativa e a innovación en materia de procesos, entendendo como tales as definicións do Regulamento UE nº 651/2014 (RGEC).

A cualificación da actividade subvencionable para cada entidade participante no proxecto corresponderá coa que sexa predominante. Neste sentido, considerarase predominante cando máis da metade dos custos subvencionables no proxecto sexan clasificadas nesa categoría.

Os proxectos que pertenzan ao ámbito estratéxico de sector automoción galego, terán unha reserva do 50% do crédito no ámbito desta convocatoria.

Requisitos principales del proyecto

1. Os proxectos deberán ter un orzamento subvencionable mínimo de 2.000.000 de euros e máximo de 25.000.000 de euros, dividido nas distintas actividades que realice cada un dos integrantes da agrupación.

2. Exixirase unha participación mínima por cada membro da agrupación de 200.000 euros, no seu caso.

3. A duración dos proxectos será de tres anualidades e estenderase ata o 30 de setembro de 2028.

As axudas obxecto desta convocatoria teñen un efecto incentivador, polo que a solicitude debe presentarse antes do comezo do proxecto.

Inversiones o gastos computables

• Custos directos

1. Custos de persoal
1.1. Persoal propio: O custo de persoal propio poderá ser, como máximo, o 80 % do custo subvencionable total do proxecto ou, no caso de proxectos en cooperación, do orzamento de cada entidade.
1.2 Persoal de nova contratación: sen vinculación laboral coa empresa nos 3 meses anteriores ao inicio do seu contrato. Só se admitirá persoal de nova contratación cuxos contratos se encadren nos grupos de cotización 1, 2 e 3.
1.3 Persoal directivo e xerencial: Dedicación máxima mensual do 30%.
1.4 Persoal autónomo e societario: Dedicación máxima mensual do 30%.

Non se considerarán custos subvencionables aqueles custos de persoal (propio ou nova contratación) cuxos contratos se encadren en grupos de cotización inferiores aos correspondentes ás titulacións/categorías profesionais que establece a Seguridade Social.

2. Custos de equipamento e material instrumental inventariables, de nova adquisición.

3. Custos de material, subministracións e produtos similares

4. Adquisición de patentes

5. Subcontratacións.- Permitiranse o 65% conforme a normativa vixente
- Prohibida entre empresas da mesma agrupación.
- >20 % y >60.000 € → contrato escrito + autorización de Igape.

6. Outros custos:
6.1 Custos do informe realizado polo auditor.
6.2 Custo do informe de valoración de cumprimento do principio DNSH

• Custos indirectos: 15% aos custos directos de persoal subvencionables.

Cuantía de las ayudas

Proxectos individuais:

Segundo a categoría predominante do proxecto:
• Pequena empresa
- Investigación industrial: 60%
- Desenvolvemento experimental: 45%
- Innovación organizativa ou en materia de procesos: 50%

• Mediana empresa
- Investigación industrial: 60%
- Desenvolvemento experimental: 35%
- Innovación organizativa ou en materia de procesos: 50%

• Grande empresa
- Investigación industrial: 50%
- Desenvolvemento experimental: 25%

Proxectos en colaboración:

Segundo a categoría predominante do proxecto:

- Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresas (como mínimo unha delas debe ser peme e ningunha empresa pode asumir por si soa máis do 70 % dos custos subvencionables): 60% (pequenas e medianas empresas) e 50% no caso de grandes empresas.
- Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas (como mínimo unha delas debe ser peme e ningunha empresa pode asumir por si soa máis do 70 % dos custos subvencionables): 60% (pequena) 50% (mediana), 40% (gran empresa).
- Innovación organizativa ou en materia de procesos (No caso de grandes empresas; só cando colaboran de xeito efectivo cunha ou varias pemes, as cales deberán asumir como mínimo o 30 % dos custos subvencionables totais do proxecto): 50% (pequenas e medianas empresas) e 15% (grandes empresas).

Plazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes da axuda comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e será de dous meses contados dende as 9.00 horas do día de inicio do prazo e ata as 14.00 horas do día en que se cumpra o citado prazo de dous meses.

Incompatibilidades

Incompatibles coa percepción doutras axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.

Referencia legislativa

Resolución do 30 de decembro de 2025 (DOG Nº10 do 16/01/2026) - Bases reguladoras e convocatoria

Información y tramitación

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]

Observaciones

As entidades beneficiarias poderán solicitar o pagamento anticipado segundo as seguintes porcentaxes:

- Primeira anualidade: ata o 100% da subvención concedida desta anualidade.
- Anualidades sucesivas: ata o 50% da subvención concedida en cada anualidade.

En ningún caso o importe da totalidade dos anticipos concedidos poderá superar o 80 % da subvención total concedida. O pagamento farase a cada un dos membros do consorcio.

- Aceptación: A aceptación da resolución de concesión da axuda (DECA) deberá facerse de maneira expresa a través da sinatura do documento que para tal fin o Igape porá á disposición da persoa beneficiaria na sala de sinaturas da Xunta.