
Superar a incerteza global desde a experiencia: Galicia como socio estratéxico no contract internacional. Overcoming global uncertainty through experience: Galicia as a strategic partner in international contract
A XV Semana Internacional Contract Galicia xa está en marcha! The 15th edition of the International Contract Week Galicia is kicking off!
Agardámoste o vindeiro 16 de outubro de 2025 no Hotel Boutique NOA, en Santa Cruz, Oleiros — un espazo de referencia que volverá acoller a empresas e profesionais clave do canal contract galego. Join us on October 16, 2025, at the Boutique Hotel NOA in Santa Cruz, Oleiros — a landmark venue where key players and professionals from Galicia’s Contract Channel will meet again.
Baixo o lema “Superar a incerteza global desde a experiencia: Galicia como socio estratéxico en contract internacional”, esta edición ofrecerá unha análise profunda dos retos globais actuais e do papel de Galicia como referente consolidado neste sector a nivel internacional. Under the theme “Overcoming Global Uncertainty Through Experience: Galicia as a Strategic Partner in International Contract,” this edition will explore how mature internationalization strategies respond to today’s shifting global landscape.
A xornada principal do 16 de outubro achegaranos ás últimas tendencias internacionais en deseño, estratexia e xestión de proxectos hospitality, da man de recoñecidos expertos internacionais. As axendas de reunións B2B xa se atopan completas, polo que xa non é posible solicitar novas reunións. Porén, as inscricións á xornada permanecen abertas, e confiamos en que os espazos informais —como os cafés de networking e o cóctel final— ofrezan magníficas oportunidades para establecer contactos e colaboracións de interese. The main event on October 16 will feature the latest international trends in design, strategy, and hospitality project management, presented by leading global experts. B2B meeting schedules are now complete, so new meeting requests can no longer be accepted. However, registration for the event remains open, and we are confident that informal spaces —such as networking coffees and the closing cocktail— will offer great opportunities to make valuable connections.
Inscríbete aquí. Register here.
Programa xornada principal / Main day program --> DOWNLOAD
Poñentes xornada 16 de outubro Speakers for the 16th October session
![]() |
David Cámara Navarro. UNEX Director de UNEX. Precursor do Canal Contract en España e Latinoamérica/Caribe. Cunha ampla experiencia liderando programas de internacionalización no sector. A súa experiencia inclúe o desenvolvemento e liderado de programas innovadores que fomentan a cooperación empresarial e o coñecemento. Actualmente, dirixe a Asociación Empresarial do Hábitat, liderando a rede máis destacada no sector Contract. Director of UNEX. A forerunner of the Contract Channel in Spain and Latin America/Caribbean, with extensive experience leading internationalization programs in the sector. His expertise includes developing and leading innovative programs that promote business cooperation and knowledge sharing. He currently directs the Habitat Business Association, leading the most prominent network in the Contract sector. |
|
Apaixonado polo poder transformador do deseño ben executado, Esteban Álvarez é Director xefe de deseño en Hilton, onde dirixe o deseño de hoteis full-service, lifestyle e de luxo en todo o Caribe. Ao longo da súa traxectoria, formou parte de firmas recoñecidas como Arcadis e Gensler, colaborando en proxectos emblemáticos que van desde hoteis ata cruceiros. A súa visión creativa, unida a unha forte técnica e un enfoque centrado na experiencia do hóspede, permítelle crear espazos que inspiran, sorprenden e perduran na memoria. Hilton é unha das principais compañías hostaleiras a nivel mundial. Fundada en 1919, Hilton conta con máis de 6.000 hoteis en máis de 100 países e un portafolio de marcas como Waldorf Astoria, Conrad ou DoubleTree. A empresa destaca polo seu compromiso coa calidade, a innovación, a sustentabilidade e a experiencia do cliente. Passionate about the transformative power of well-executed design, Esteban Álvarez is Senior Design Director at Hilton, leading full-service, lifestyle, and luxury hotel design across the Caribbean. He has worked at top firms like Arcadis and Gensler on iconic hospitality and cruise projects. His creative vision and guest-centered approach result in memorable spaces. Hilton is one of the world’s leading hospitality companies, founded in 1919. With over 6,000 properties in more than 100 countries, its portfolio includes Waldorf Astoria, Conrad, and DoubleTree. Known for quality, innovation, and sustainability. |
|
|
Bruno é director executivo e director de deseño en Acierta, empresa valenciana especializada na creación de espazos para marcas de luxo como Loewe, Louis Vuitton ou HermèsBruno é director executivo e director de deseño en Acierta, empresa valenciana especializada na creación de espazos para marcas de luxo como Loewe, Louis Vuitton ou Hermès. Fundada en 2005, conta con estudos en cidades como Londres, París ou Nova York e destaca por transformar o retail en experiencias memorables. Con máis de 130 profesionais, Acierta combina deseño técnico, enxeñaría e saber facer artesán para levar a cabo instalacións efémeras de gran complexidade creativa por todo o mundo. Bruno Arnau is the CEO and co-founder of ACIERTA, a successful Valencia-based company specializing in the design, production, and installation of high-end retail spaces for fashion and luxury brands. He leads a team of 130 professionals working worldwide, integrating artisan craftsmanship and engineering. Founded in 2005, ACIERTA works with brands like Loewe, Louis Vuitton, and Hermès. With studios in London, Paris, NYC, and more, it combines technical design with creative excellence to craft memorable retail experiences. |
|
|
Carolina Darocas | Carolina Darocas Design Carolina Darocas é unha arquitecta e deseñadora de interiores con máis de 18 anos de experiencia na realización de proxectos de alta gama en Oriente Medio. Como fundadora e directora xeral de Carolina Darocas Design, un distinguido estudo con sede en Catar, dirixe a creación de elegantes interiores a medida para prestixiosos proxectos en todo o mundo, ofrecendo un enfoque totalmente personalizado desde o concepto ata a finalización. Architect and interior designer with over 18 years of experience delivering luxury projects in the Middle East. Founder and CEO of Carolina Darocas Design, a distinguished Qatar-based studio specialized in creating elegant, tailor-made interiors for global clients. |
|
|
Montserrat Pérez Mora | MP Estudio Interior Deseñadora de interiores con experiencia en proxectos residenciais e de hospitalidade, finalista de diversos concursos de interiorismo, entre eles: “premio de deseño PROMESAS MEXICO” dentro do marco HABITAT EXPO en CDMX. Especialízome en crear espazos á medida de acordo á personalidade e necesidades de cada cliente cun enfoque sostible e optimización de recursos. Con máis de 3 anos anos traballando de maneira independente, transformei lugares en espazos únicos que xeran experiencias memorables e confortables coidando cada aspecto e detalle destes. Interior designer with experience in residential and hospitality projects, finalist in several interior design competitions, including the “PROMESAS MEXICO Design Award” as part of HABITAT EXPO in Mexico City. I specialize in creating tailor-made spaces that reflect each client’s personality and needs, with a sustainable approach and efficient resource management. With over three years of independent practice, I have transformed places into unique environments that provide memorable and comfortable experiences, paying close attention to every aspect and detail. |
|
|
CEO e fundador de Furtivo. Consultora boutique especializada en proxectos de hospitality a nivel global. Antes de fundar Furtivo, Javier foi Director de Arquitectura e Deseño no Radisson Hotel Group, onde liderou a creación de estándares técnicos de marca. Furtivo ten xestionado máis de 100 proxectos hoteleiros a nivel internacional, traballando con grandes cadeas como Marriott, Hyatt e Radisson. CEO and founder of Furtivo. A boutique consultancy specializing in global hospitality projects. Before founding Furtivo, Javier was Director of Architecture and Design at Radisson Hotel Group, where he led the creation of brand technical standards. Furtivo has managed over 100 hotel projects internationally, working with major chains such as Marriott, Hyatt, and Radisson. |
|
|
Marco Rodolfo Praga | AIA LATAM Nacido en Buenos Aires e titulado da Universidade de Belgrano, Marco Praga é arquitecto especializado en deseño. Durante o seu exercicio profesional traballou en proxectos por toda Latinoamérica, o Caribe, EEUU, algunhas rexións de Europa e Asia. Neste percorrido, traballou como consultor de proxectos hostaleiros e arquitecto deseñador. Nos últimos 22 anos dirixiu proxectos desde Arxentina, México e Colombia tendo ao seu cargo o desenvolvemento de proxectos de urbanismo, usos mixtos, hotelería, residenciais e de oficinas, entre outros, en toda a rexión. Especialidades: ampla experiencia na estruturación, deseño e desenvolvemento de hoteis, centros comerciais, desenvolvementos residenciais, oficinas e usos mixtos. Marco Rodolfo Praga, Founder & Design Director. Argentine architect specialized in design, currently AIA LATAM Country Representative in Colombia. With a career spanning Latin America, the US, Europe, and Asia, he has led urban, hospitality, residential, and mixed-use projects. Brings expertise in structured development across regions. |
|
|
Pedro Solaegui Simancas | Ares Arquitectos O arquitecto Pedro Solaegui é socio director en Ares Arquitectos desde o 2001. Especialista en deseño arquitectónico, comercial e de hospitalidade, desenvolveu múltiples proxectos que inclúen centros comerciais, master plans, usos mixtos e instalacións deportivas. Liderou proxectos de hotelaría para marcas como Marriott, Hilton, Wyndham ou Nobu en México, Latinoamérica e o Caribe. É vicepresidente e presidente de concursos da Sociedade Mexicana de Interioristas (SMI) e participa activamente en congresos internacionais. Pedro Solaegui Simancas, Principal Partner at Ares Arquitectos. Architect specialized in commercial, hospitality, and sports facility design. Since 2001 he has led projects for brands like Marriott, Hilton, and Nobu across Latin America. Active in international design circles, he is also Vice President of the Mexican Interior Designers Society (SMI). |
|
|
Patricia Barbis | Studio Barbis Patricia Barbis, deseñadora de interiores. Fundadora de Studio Barbis. Con máis de 20 anos de experiencia internacional en deseño de interiores hostaleiros, Patricia traballou en Nova York e Miami antes de fundar o seu propio estudo. Hoxe lidera proxectos que destacan pola súa narrativa conceptual e sensibilidade espacial. Studio Barbis é un estudo internacional con sedes en Miami e Lima, especializado en hostalaría, restauración e vivenda de alto nivel. Ten experiencia en proxectos en Australia, Dubái, Latinoamérica e os Estados Unidos, cun enfoque creativo e personalizado. Patricia Barbis, Interior Designer. Founder of Studio Barbis. With over 20 years of international experience in hospitality interior design, Patricia worked in New York and Miami before founding her own studio. She now leads projects defined by strong conceptual narrative and spatial sensibility. Studio Barbis is an international studio based in Miami and Lima, specializing in hospitality, restaurants, and high-end residential design. With experience in Australia, Dubai, Latin America, and the US, they offer a creative and tailored approach. |
|
|
Sergio Gallón Villegas | AIA S.A. Sergio Gallón Villegas, Xerente de Arquitectura e Deseño, AIA S.A. Arquitecto con máis de 30 anos de experiencia en deseño de grandes proxectos en Colombia e Latinoamérica. Especialista en deseño bioclimático e tecnoloxías avanzadas, lidera o equipo creativo de AIA desde Bogotá. AIA S.A. é unha das firmas máis recoñecidas de Colombia, con máis de 75 anos de traxectoria en proxectos arquitectónicos e de enxeñaría complexos. Aposta pola innovación, a integración multidisciplinaria e o impacto sostible. Sergio Gallón Villegas, Architecture & Design Manager, AIA S.A. Architect with over 30 years of experience leading large-scale projects in Colombia and Latin America. An expert in bioclimatic design and advanced technologies, he heads the creative team at AIA in Bogotá. AIA S.A. is one of Colombia’s leading architecture and engineering firms, with over 75 years of experience in complex project design and execution. The firm focuses on innovation, multidisciplinary integration, and sustainable impact. |
|
|
Margarita Grau | PALÓ Margarita Grau Espinal, deseñadora de interiores. Fundadora de PALÓ. Especializada en proxectos residenciais e hostaleiros, destaca pola integración da natureza como fonte de inspiración. Fundou PALÓ en 1989, marca de deseño e mobiliario artesanal con gran proxección no sector hostaleiro. PALÓ é unha marca dominicana que fusiona deseño contemporáneo e materiais naturais, con produción propia de mobiliario e decoración para hotelaría. Os seus proxectos abranguen espazos urbanos, de praia e montaña. Margarita Grau Espinal, Interior Designer. Founder of PALÓ. Specialized in residential and hospitality design, she integrates nature as a key source of inspiration. In 1989 she founded PALÓ, a brand that merges craftsmanship and innovative furniture design for the hospitality sector. PALÓ is a Dominican brand that combines natural materials and contemporary design, producing its own furniture and decorative pieces for hotels and resorts in urban, coastal, and mountain settings. |
|
|
Aaron David Clarke | ADC & Tuneu Socio fundador de ADC & Tuneu, Aaron é deseñador de interiores cunha ampla traxectoria en firmas como Martin Brudnizki e Soho House. Fundou o seu propio estudo xunto con Marta Tuneu para ofrecer solucións exclusivas de interiorismo baseadas na experiencia internacional en hotelería e retail. Ademais de desenvolver proxectos como Stradom House ou o restaurante de Louis Vuitton en Pequín, imparte docencia en Elisava. Founding partner of ADC & Tuneu, Aaron is an interior designer with a long career in firms such as Martin Brudnizki and Soho House. He co-founded his own studio with Marta Tuneu, offering exclusive interior design solutions based on extensive international experience in hospitality and retail. In addition to projects like Stradom House and Louis Vuitton’s Beijing flagship, he lectures at Elisava. |
|
|
Marta Tuneu Corrons | ADC & Tuneu Arquitecta e deseñadora especializada en accesorios de luxo, Marta traballou para marcas como Louis Vuitton e Calvin Klein antes de fundar ADC & Tuneu con Aaron Clarke. Combina experiencia en interiorismo e moda con proxectos para clientes premium e docencia en Elisava. Entre os seus traballos máis destacados están Shelborne by Proper en Miami ou o restaurante de Louis Vuitton en Pequín. Architect and designer specialised in luxury accessories, Marta worked with brands such as Louis Vuitton and Calvin Klein before co-founding ADC & Tuneu with Aaron Clarke. She blends interior design and fashion experience with premium projects and lectures at Elisava. Highlights include Shelborne by Proper in Miami and Louis Vuitton’s flagship restaurant in Beijing. |
|
|
Gabriel López | Carolina Darocas Design Arquitecto especializado na coordinación de equipos e execución de proxectos, Gabriel é responsable da supervisión integral dos proxectos de Carolina Darocas Design. A súa experiencia internacional e a capacidade de xestión consolidan a excelencia do estudo. Architect specialised in team coordination and project execution, Gabriel leads the operations of Carolina Darocas Design. His international experience and leadership strengthen the studio’s excellence in high-end interior design. |
|
|
José Sáez Izquierdo | Acierta Retail José Sáez é Director de Desenvolvemento de Produto Creativo en Acierta Retail. Conta cunha sólida traxectoria internacional en firmas como Lladró, onde liderou proxectos especiais en Asia, América e Oriente Medio para marcas de luxo. En Acierta contribúe a crear espazos singulares para clientes como Loewe, Louis Vuitton ou Hermès, combinando deseño técnico e creatividade.. José Sáez is Creative Product Development Director at Acierta Retail. He has a solid international background in firms such as Lladró, where he led special projects across Asia, the Americas and the Middle East for luxury brands. At Acierta, he contributes to creating unique retail spaces for clients such as Loewe, Louis Vuitton and Hermès, blending technical design and creativity.. |
|
|
|
Miguel Ardao | Grupo Ezpeleta Director xeral de Grupo Ezpeleta desde 2006, Miguel Ardao lidera unha compañía familiar galega referente no deseño e fabricación de mobiliario exterior. Baixo a súa dirección, a empresa multiplicou o seu EBITDA e recibiu múltiples premios de deseño por produtos como o parasol EOLO ou as coleccións TRENA e VILA. Anteriormente, desenvolveu a súa carreira en Draka (Prysmian) e Arthur Andersen, con ampla experiencia internacional en automoción e consultoría industrial.. General Manager of Grupo Ezpeleta since 2006, Miguel Ardao leads a benchmark Galician family-owned company specialising in outdoor furniture design and manufacturing. Under his leadership, the firm has multiplied its EBITDA and received multiple design awards for products such as the EOLO parasol and the TRENA and VILA collections. He previously held executive roles at Draka (Prysmian) and Arthur Andersen, gaining international experience in automotive and industrial consultancy. |
|
|
Miguel Fraga Rey | Grupo Ofimor CEO de EQUORE e fundador de OfimorGroup, Miguel Fraga conta cunha traxectoria de máis de 25 anos no sector da construción e do contract. Con OfimorGroup creou un “taller de obras” especializado en solucións integrais para espazos profesionais, desde o deseño ata a execución. En 2023 impulsa EQUORE, aliando sustentabilidade e innovación mediante o uso de residuos téxtiles reciclados para novos acabados en mobiliario. CEO of EQUORE and founder of OfimorGroup, Miguel Fraga has over 25 years of experience in the construction and contract sector. With OfimorGroup, he developed a “workshop of works” that delivers full-service professional space solutions, from design to execution. In 2023, he launched EQUORE, an innovative venture that transforms recycled textile waste into sustainable furniture finishes. |
|
Arquitecta e deseñadora con máis de doce anos de experiencia internacional, Marta Palazuelo lidera o lanzamento da oficina de HBA en Madrid, reforzando a conexión da firma con Europa e Latinoamérica. A súa carreira pasou por estudos como Foster + Partners e Rockwell Group, combinando creatividade e visión estratéxica. En HBA dirixe proxectos hostaleiros con enfoque narrativo, sostible e culturalmente relevante. An architect and designer with over twelve years of international experience, Marta Palazuelo leads the launch of HBA’s Madrid office, strengthening the firm’s ties with Europe and Latin America. Her background includes firms like Foster + Partners and Rockwell Group, combining creativity with strategic vision. At HBA, she leads hospitality projects with a narrative, sustainable and culturally relevant approach. |
|
|
Arquitecta e deseñadora de interiores con experiencia internacional, María Montero forma parte do equipo de Sabina Estates en Eivissa, onde desenvolve proxectos de interiorismo para vilas exclusivas. Cunha sólida base arquitectónica e unha visión mediterránea do luxo contemporáneo, o seu traballo combina precisión técnica, sensibilidade estética e sustentabilidade. Sabina Estates é unha comunidade privada de vilas de luxo en Eivissa que integra arquitectura de autor, deseño contemporáneo e sustentabilidade, con proxectos de arquitectos como David Chipperfield, John Pawson ou Marcio Kogan. An architect and interior designer with international experience, María Montero is part of the Sabina Estates team in Ibiza, where she develops interior design projects for exclusive villas. With a strong architectural background and a Mediterranean vision of contemporary luxury, her work combines technical precision, aesthetic sensitivity, and sustainability. Sabina Estates is a private community of luxury villas in Ibiza that merges signature architecture, contemporary design, and sustainability, with projects by renowned architects such as David Chipperfield, John Pawson, and Marcio Kogan. |
Non deixes de consultar o vídeo presentación do sector CONTRACT GALICIA. Don't forget to check out the presentation video of the CONTRACT GALICIA sector.
Máis información de interese: More relevant information:
- XIV Semana Internacional Contract Galicia. XIV International Contract Galicia Week. Oleiros 2024.
- XIII Semana Internacional Contract Galicia. Oleiros 2023. XIII International Contract Galicia Week. Oleiros 2023.
- Xornada inaugural XII Semana Internacional Contract Galicia. Muxía 2022. Inaugural session of the XII International Contract Galicia Week. Muxía 2022.
- Xornada inaugural XI Semana Internacional Contract Galicia. Muxía 2021. Inaugural session of the XI International Contract Galicia Week. Muxía 2021.
- A hotelaría de luxo. Situación actual e perspectivas. Unha visión compartida desde América e Europa. Encontro Internacional Contract en líña (26 a 28 de maio de 2021). Luxury hospitality: Current situation and perspectives. A shared vision from America and Europe. International Online Contract Meeting (26th to 28th May 2021).
- Xornada inaugural X Semana Internacional Contract Galicia. (9 de decembro de 2020). Inaugural session of the X International Contract Galicia Week. (9th December 2020)


















