O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), no seu compromiso por fomentar a mellora competitiva do tecido empresarial galego, deseñou o programa Re-acciona, co obxectivo de apoiar ás pequenas e medianas empresas (pemes) no desenvolvemento de solucións que incrementen a súa competitividade, eficiencia e sostibilidade.
O programa dispón dun total de 13 servizos arredor de tres eixes de competitividade: a análise, a optimización e a estratexia.
Requisitos para a solicitude
- A solicitude deberá realizarse necesariamente a través da entidade colaboradora que o solicitante escolla para a prestación do servizo
- Contar cun centro de traballo en Galicia
- Ter condición de peme
- Para o servizo de Desenvolvemento estratéxico integral de empresa, deben ter realizado un informe previo de análise
- Os servizos serán prestados pola entidade colaboradora que elixa o solicitante de entre as seleccionadas para cada servizo
- A entidade colaboradora elixida será a responsable de:
- Avaliar, de xeito previo á solicitude, os requisitos das entidades solicitantes e da viabilidade e eficacia da execución do servizo
- Realizar ante o Igape os trámites de solicitar a axuda
- Xustificar a axuda ante o Igape
Importe e horas dos servizos
O importe definido para cada tipo de servizo e as horas determínanse segundo o seguinte esquema:
Denominación | Nº aproximado de horas | Importe do servizo (sen IVE) | Custo para a empresa (sen IVE) |
---|---|---|---|
Categoría 1. Análise e avaliación competitiva | 60 horas | 3.780 € | 756 € |
Categoría 2. Optimización e mellora competitiva | 85 horas | 5.355 € | 1.071 € |
Categoría 3. Estratexias de competitividade avanzada | 100 horas | 6.300 € | 1.260 € |
Tipos de servizos
Análise e avaliación competitiva
- Análise do potencial competitivo e primeiras accións de mellora
- Xestión financeira e procura de financiamento
- Protección da innovación
- Asesoramento para o financiamento da innovación, servizo parcial
Optimización e mellora competitiva
- Desenvolvemento estratéxico integral da empresa
- Análise do cumprimento normativo e os riscos laborais (Compliance)
- Asesoramento para o relanzamento comercial
- Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores
- Protección da innovación (modalidade A), servizo completo
- Apoio para empresas emerxentes innovadoras
- Consultaría modular para pemes en captación, retención e xestión de talento
Estratexias de competitividade avanzada
- Circularización e optimización dos procesos de produción e cadea loxística
- Preparación de procesos certificables
- Desenvolvemento dunha estratexia de integración ESG na peme: impulsa da empresa cara a sustentabilidade e a creación de valor
- Asesoramento para o financiamento da innovación, servizo completo
Servizos Re-acciona e presentacións das entidades colaboradoras
A análise do potencial competitivo (APC) estudará os diversos factores que definen a capacidade da empresa para competir no mercado, en canto á estrutura de negocio, dos procesos e da cultura organizativa. O resultado debe ser un informe en que se establece a posición actual competitiva da empresa e se dan as pautas que cómpre seguir para a súa mellora.
O servizo completo consta de:
-
Nº aproximado de horas: 60 horas
-
Importe do servizo (sen IVE): 3.780 €
-
Custo para a empresa (sen IVE): 756 €
A continuación pode descargar as presentacións das entidades colaboradoras deste servizo:
Neste servizo, a partir da análise da situación da empresa mediante a APC -ou por outro medio equivalente-, elaborarase de maneira conxunta coa empresa un proxecto de futuro para ela que a provexa dos plans necesarios para acadar o seu obxectivo. Tras a elaboración do proxecto de futuro e os correspondentes plans de mellora, con este servizo a entidade colaboradora deberá acompañar a empresa durante todo o proceso e executar, polo menos, un plan de mellora transversal.
O servizo completo consta de:
-
Nº aproximado de horas: 85 horas
-
Importe do servizo (sen IVE): 5.355 €
-
Custo para a empresa (sen IVE): 1.071 €
A continuación pode descargar as presentacións das entidades colaboradoras deste servizo:
Tel: 656 662 292
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Tel: 986 95 38 44
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O obxectivo deste servizo é axudar as pequenas e medianas empresas a establecer e fortalecer os seus programas de cumprimento normativo, coñecido como Compliance, para aliñar o comportamento de todos os membros da organización cos principios éticos de boas prácticas corporativas e a filosofía de mellora continua, co obxectivo de evitar riscos legais ou financeiros e mellorar a reputación e a confianza da empresa
O servizo completo consta de:
-
Nº aproximado de horas: 85 horas
-
Importe do servizo (sen IVE): 5.355 €
-
Custo para a empresa (sen IVE): 1.071 €
A continuación pode descargar as presentacións das entidades colaboradoras deste servizo:
Tel:886 99 00 33
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Tel: 981 17 43 81
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O obxectivo deste servizo é axudar as pequenas e medianas empresas a optimizar as súas estratexias de captación, fidelización e xestión de talento, como recurso vital para o crecemento e o éxito de calquera organización. Así mesmo, o alcance deste servizo debe estar orientado a definir as políticas de contratación, formación, promoción e retribución da empresa.
O servizo completo consta de:
-
Nº aproximado de horas: 85 horas
-
Importe do servizo (sen IVE): 5.355 €
-
Custo para a empresa (sen IVE): 1.071 €
A continuación pode descargar a presentación da entidade colaboradora deste servizo:
Tel:981 530 566
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O obxectivo deste servizo é axudar as pemes na integración das consideracións ambientais, sociais e de gobernanza (ESG) na súa estratexia e operacións, coa intención de lograr un desempeño sustentable e xerar valor a longo prazo. Este servizo permitirá incrementar a capacidade das pemes para incorporar a sustentabilidade como elemento estratéxico da súa xestión, como fonte de vantaxe competitiva no mercado e avanzar cara a un crecemento responsable.
O servizo completo consta de:
-
Nº aproximado de horas: 100 horas
-
Importe do servizo (sen IVE): 6.300 €
-
Custo para a empresa (sen IVE): 1.260 €
A continuación pode descargar a presentación da entidade colaboradora deste servizo:
Tel: 981 160 310
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O servizo debe basearse na análise da condición económico-financeira da empresa, establecendo e optimizando as súas necesidades financeiras a curto e medio prazo, e formalizándoas nun plan de mellora da xestión financeira.
O servizo completo consta de:
-
Nº aproximado de horas: 60 horas
-
Importe do servizo (sen IVE): 3.780 €
-
Custo para a empresa (sen IVE): 756 €
A continuación pode descargar as presentacións das entidades colaboradoras deste servizo:
Tel: 886 99 00 33
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Tel: 881 99 89 25
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Especialmente adaptado a empresas que xeren produtos industriais, o servizo deberá adaptar á realidade da empresa esquemas de produción que melloren o seu traballo.
O servizo completo consta de:
-
Nº aproximado de horas: 100 horas
-
Importe do servizo (sen IVE): 6.300 €
-
Custo para a empresa (sen IVE): 1.260 €
A continuación pode descargar as presentacións das entidades colaboradoras deste servizo:
Tel: 986 22 71 35
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Tel: 981 978 786
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
No caso de que se detecte unha debilidade na comercialización de produtos derivada da escasa formalización dos procedementos de comercialización, será preferente a execución deste servizo. O obxectivo é revitalizar a estratexia comercial da empresa e lograr un crecemento sustentable.
O servizo completo consta de:
-
Nº aproximado de horas: 85 horas
-
Importe do servizo (sen IVE): 5.355 €
-
Custo para a empresa (sen IVE): 1.071 €
A continuación pode descargar as presentacións das entidades colaboradoras deste servizo:
Tel: 604 037 721
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Tel: 986 419 922
Email:Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O servizo consiste na análise dos procesos operativos da empresa e a implementación dun modelo de xestión baseado en procesos.
O servizo completo consta de:
-
Nº aproximado de horas: 100 horas
-
Importe do servizo (sen IVE): 6.300 €
-
Custo para a empresa (sen IVE): 1.260 €
A continuación pode descargar as presentacións das entidades colaboradoras deste servizo:
Tel: 981 174 381
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Tel: 681 309 948
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O servizo de consultoría para startups é un enfoque personalizado e adaptable que brinda orientación e apoio a empresas emerxentes innovadoras en diversas áreas clave. Este servizo adáptase ás necesidades e etapa de desenvolvemento específicas de cada startup, e brindar un apoio experto e personalizado para axudar a superar desafíos, maximizar oportunidades e lograr o crecemento e éxito.
O servizo completo consta de:
-
Nº aproximado de horas: 85 horas
-
Importe do servizo (sen IVE): 5.355 €
-
Custo para a empresa (sen IVE): 1.071 €
A continuación pode descargar as presentacións das entidades colaboradoras deste servizo:
O obxectivo deste servizo é promover a implantación de metodoloxías de deseño para a súa xestión estratéxica, deseño para a innovación, co obxectivo de desenvolver novos produtos, novos servizos e novos procesos de negocio nas pemes galegas, a través do uso de metodoloxías de deseño estratéxico.
O servizo completo consta de:
-
Nº aproximado de horas: 85 horas
-
Importe do servizo (sen IVE): 5.355 €
-
Custo para a empresa (sen IVE): 1.071 €
A continuación pode descargar a presentación da entidade colaboradora deste servizo:
Tel: 744 471 461
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
O obxectivo deste servizo é fomentar a protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións mediante o impulso da protección das innovacións técnicas (invencións) e as creacións de forma (deseños industriais), así como topografías de semicondutores. Así mesmo, admitirase o rexistro de signos distintivos (marcas e nomes comerciais) no caso de non existir inventiva suficiente para a protección da innovación antes mencionada.
O servizo debe basearse nunha análise previa de antecedentes (estudo do estado da arte) para coñecer as posibilidades de rexistrabilidade e para deseñar a estratexia de protección dirixida á obtención dos títulos de propiedade industrial adecuados para mellorar a competitividade e explotación dos resultados da investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación. Do mesmo xeito, analizarase a idoneidade de protección polas vías do segredo industrial como mecanismo complementario ou alternativo á protección industrial.
O servizo parcial consta de:
-
Nº aproximado de horas: 60 horas
-
Importe do servizo (sen IVE): 3.780 €
-
Custo para a empresa (sen IVE): 756 €
O servizo completo (modalidade A) consta de:
-
Nº aproximado de horas: 85 horas
-
Importe do servizo (sen IVE): 5.355 €
-
Custo para a empresa (sen IVE): 1.071 €
A continuación pode descargar as presentacións das entidades colaboradoras deste servizo:
Tel: 982 280 258
Email: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
Este servizo debe basearse nunha análise previa do desempeño innovador da peme beneficiaria, para posteriormente establecer unha estratexia dirixida á obtención de financiamento para as súas actividades de I+D+i, en especial a través do sistema nacional de incentivos fiscais.
Será fundamental definir un informe de innovación no cal se reflictan tanto os obxectivos definidos, as actuacións en innovación que poden impulsar a competitividade da empresa, a súa priorización e posible planificación, como os recursos económicos e persoal preciso para a súa posta en marcha.
En canto aos procesos puramente operativos, a empresa debe establecer directrices claras para unha eficaz xestión de ideas, formación en I+D+i, busca de persoal de I+D+i, detección de necesidades para definir formación específica en innovación, busca de financiamento e investimento privado. Isto posteriormente transformarase en desenvolvemento de proxectos que conduzan a resultados que acheguen valor comercial e competitivo á empresa.
O servizo parcial consta de:
-
Nº aproximado de horas: 60 horas
-
Importe do servizo (sen IVE): 3.780 €
-
Custo para a empresa (sen IVE): 756 €
O servizo completo consta de:
-
Nº aproximado de horas: 100 horas
-
Importe do servizo (sen IVE): 6.300 €
-
Custo para a empresa (sen IVE): 1.260 €
A continuación pode descargar as presentacións das entidades colaboradoras deste servizo:
Tel: 981 14 25 85