Galicia conecta o seu talento contract cos mercados internacionais. Galicia connects its contract-sector talent with international markets
Cinco días para descubrir talento, compartir coñecemento e crear novas oportunidades de negocio. Five days to discover talent, share knowledge and create new business opportunities.
A Semana Internacional Contract – Galicia, iniciativa consolidada do Igape, conecta empresas galegas do hábitat e da canle contract con prescritores internacionais de arquitectura, interiorismo e equipamento de espazos. International Contract Week – Galicia, a well-established Igape initiative, connects Galician companies from the habitat and contract sectors with international specifiers in architecture, interior design and space equipment.
Visitas a empresas, unha xornada aberta ao sector e reunións B2B achegarán profesionais vinculados a proxectos de hoteis, restauración, retail, oficinas, vivenda colectiva e outros espazos públicos ou corporativos. Un encontro pensado para impulsar a internacionalización e construír relacións profesionais de longo percorrido. Company visits, an industry conference and B2B meetings will bring together professionals involved in hotel, restaurant, retail, office, collective housing and other public or corporate projects. A meeting designed to drive internationalisation and build long-term professional relationships.
Cifras destacadas da edición Key figures
- 5 días de actividade 5 days of activities
- 15 relatores e profesionais invitados 15 guest speakers and professionals
- 2 días de visitas a empresas galegas 2 days of visits to Galician companies
- Cerámica e revestimentos Ceramics and surface coverings
- Ata 240 reunións B2B Up to 240 B2B meetings
Xornada central e reunións B2B Main conference and B2B meetings
Datos prácticos Practical information
- Data: xoves, 22 de outubro de 2026 Date: Thursday, 22 October 2026
- Horario: 09:00–14:00 h Time: 9:00 am–2:00 pm
- Lugar: Edificio Bandalux, Santiago de Compostela Venue: Bandalux Building, Santiago de Compostela
- Asistencia: gratuíta, previa inscrición e ata completar a capacidade dispoñible Admission: free of charge, subject to prior registration and venue capacity
- Cóctel-networking: 14:00–15:30 h Networking cocktail: 2:00–3:30 pm
Relatores e prescritores internacionais 2026 International speakers and specifiers 2026
![]() |
David Cámara Navarro| UNEX - Asociación Empresarial do Hábitat Director de UNEX. Precursor do Canal Contract en España e Latinoamérica/Caribe, conta cunha ampla experiencia no liderado de programas de internacionalización no sector. A súa traxectoria inclúe o desenvolvemento e dirección de iniciativas innovadoras destinadas a fomentar a cooperación empresarial e o intercambio de coñecemento. Actualmente dirixe a Asociación Empresarial do Hábitat, liderando unha das redes máis destacadas do sector Contract. Director of UNEX. A forerunner of the Contract Channel in Spain and Latin America/Caribbean, with extensive experience leading internationalisation programmes in the sector. His expertise includes developing and leading innovative programmes that promote business cooperation and knowledge sharing. He currently directs the Habitat Business Association, leading one of the most prominent networks in the Contract sector. |
|
Abigail Garbanzo | Abigail Garbanzo — Interior Design Project Management Project Manager estratéxica especializada en interiorismo hoteleiro, con máis de 18 anos de experiencia en estudios de deseño, empresas promotoras, firmas de procurement e loxística e compañías de dirección de proxectos. Acompaña promotores e operadores desde as fases iniciais, integrando o deseño de interiores coa planificación, o orzamento e a execución. Conta cunha sólida experiencia na xestión e prescrición de FF&E para proxectos hoteleiros e residenciais de luxo e ultraluxo. Strategic Project Manager specialising in hotel interior design, with more than 18 years of experience working with design studios, developers, procurement and logistics firms, and project management companies. She supports developers and operators from the earliest stages, aligning interior design with planning, budget and execution. She has extensive experience in FF&E management and specification for luxury and ultra-luxury hospitality and residential projects. |
|
|
Sergio Sánchez | EZLO Architects Arquitecto e escultor madrileño, trasladouse a Panamá en 2012 para desenvolver novos mercados e posteriormente fundou EZLO Architects nas Bahamas. Está especializado no deseño de vivendas, vilas e proxectos residenciais de luxo no Caribe, con actuacións en enclaves como Lyford Cay, Old Fort Bay e Albany. A súa traxectoria combina arquitectura, deseño e comercialización de materiais, acabados e mobiliario para proxectos de alto nivel. Madrid-born architect and sculptor who moved to Panama in 2012 to develop new markets and later founded EZLO Architects in The Bahamas. He specialises in luxury homes, villas and residential projects across the Caribbean, including developments in Lyford Cay, Old Fort Bay and Albany. His career combines architecture and design with the sourcing and distribution of construction materials, finishes and furniture for high-end projects. |
|
|
Mariana Patiño | AECOM Middle East Arquitecta sénior especializada en infraestruturas de transporte, con máis de sete anos de experiencia internacional no deseño e desenvolvemento de aeroportos, estacións ferroviarias e grandes proxectos de mobilidade. Participou en actuacións en Oriente Medio e Latinoamérica, coordinando equipos multidisciplinares en todas as fases, desde o concepto ata o deseño detallado. A súa experiencia combina deseño arquitectónico, BIM, coordinación técnica e liderado de equipos. Senior Architect specialising in transport infrastructure, with more than seven years of international experience in the design and development of airports, railway stations and major mobility projects. She has worked on projects in the Middle East and Latin America, coordinating multidisciplinary teams from concept through detailed design. Her experience combines architectural design, BIM, technical coordination and team leadership. |
|
|
Arquitecta panameño-estadounidense e Head of Retail Design en Emaar Malls, conta con máis de 13 anos de experiencia internacional en arquitectura, retail e deseño de espazos de luxo. Desenvolveu proxectos en Oriente Medio, Europa, Asia, África e América e colaborou con marcas como Carolina Herrera, Prada, Valentino, Shiseido e Parfums de Marly. A súa traxectoria combina deseño, estratexia, dirección de proxectos e liderado de equipos multiculturais. Panamanian-American architect and Head of Retail Design at Emaar Malls, with more than 13 years of international experience in architecture, retail and luxury-space design. She has developed projects across the Middle East, Europe, Asia, Africa and the Americas, collaborating with brands including Carolina Herrera, Prada, Valentino, Shiseido and Parfums de Marly. Her career combines design, strategy, project management and multicultural team leadership. |
|
|
Anas El Kharras | The Great Hospitality Maroc Enxeñeiro civil e socio director de The Great Hospitality Maroc, conta con máis de 12 anos de experiencia en proxectos hoteleiros e residenciais. Combina coñecementos técnicos, dirección de proxectos e experiencia internacional, cunha especialización na adquisición e xestión de FF&E e OS&E. Participa no desenvolvemento de proxectos hoteleiros de alta gama e na conexión entre marcas, provedores e profesionais internacionais e o mercado marroquí. Civil Engineer and Partner and Managing Director at The Great Hospitality Maroc, with more than 12 years of experience in hospitality and residential projects. He combines technical expertise, project management and international experience, specialising in FF&E and OS&E procurement and management. He contributes to high-end hospitality developments and connects international brands, suppliers and design professionals with the Moroccan market. |
|
|
Zineb Larhlid | The Great Hospitality Maroc Arquitecta e Head of Design en The Great Hospitality Maroc, está especializada en deseño hoteleiro, FF&E e OS&E e desenvolvemento de proxectos. Conta con experiencia internacional en deseño, selección de materiais, dirección creativa e coordinación técnica. Desde a súa posición contribúe ao desenvolvemento de proxectos hoteleiros de alta gama en Marrocos, conectando as necesidades do mercado local coa experiencia, as marcas e os provedores internacionais. Architect and Head of Design at The Great Hospitality Maroc, specialising in hospitality design, FF&E and OS&E, and project development. She has international experience in design, material selection, creative direction and technical coordination. In her role, she contributes to high-end hospitality projects in Morocco, connecting local market requirements with international expertise, brands and suppliers. |
Máis Contract More about the contract sector
A canle contract integra produtos e servizos de arquitectura, interiorismo e equipamento destinados a clientes corporativos ou institucionais. Nestes proxectos, as decisións de compra adoitan estar influídas ou dirixidas por profesionais prescritores, como arquitectos, deseñadores de interiores, decoradores, project managers e responsables de compras, que seleccionan as solucións máis axeitadas para cada espazo. The contract sector encompasses architecture, interior design and equipment products and services intended for corporate and institutional clients. Purchasing decisions in these projects are often influenced or led by professional specifiers—including architects, interior designers, decorators, project managers and procurement managers—who select the most suitable solutions for each space.
Sectores representados: Sectors represented:
- Mobiliario e equipamento Furniture and equipment
- Iluminación Lighting
- Téxtiles Textiles
- Cerámica e revestimentos Ceramics and surface coverings
- Pedra natural Natural stone
- Madeira e manufacturas Wood and wood products
- Solucións técnicas e servizos especializados Technical solutions and specialised services
Outras edicións: Previous editions:
- 15º Aniversario Semana Internacional Contract Galicia. 15th Anniversary International Contract Galicia Week.
- XV Semana Internacional Contract Galicia. 15th International Contract Galicia Week. Oleiros 2025.
- XIV Semana Internacional Contract Galicia. 14th International Contract Galicia Week. Oleiros 2024.
- XIII Semana Internacional Contract Galicia. Oleiros 2023. 13th International Contract Galicia Week. Oleiros 2023.
- Xornada inaugural XII Semana Internacional Contract Galicia. Muxía 2022. Inaugural session of the XII International Contract Galicia Week. Muxía 2022.
- Xornada inaugural XI Semana Internacional Contract Galicia. Muxía 2021. Inaugural session of the XI International Contract Galicia Week. Muxía 2021.
- A hotelaría de luxo. Situación actual e perspectivas. Unha visión compartida desde América e Europa. Encontro Internacional Contract en líña (26 a 28 de maio de 2021). Luxury hospitality: Current situation and perspectives. A shared vision from America and Europe. International Online Contract Meeting (26th to 28th May 2021).
- Xornada inaugural X Semana Internacional Contract Galicia. (9 de decembro de 2020). Inaugural session of the X International Contract Galicia Week. (9th December 2020)
Non deixes de consultar o vídeo presentación do sector CONTRACT GALICIA. Don't forget to check out the presentation video of the CONTRACT GALICIA sector.






