Lorenzana subliña o apoio da Xunta ao tecido produtivo para facilitar o crecemento das empresas en Galicia

Luns, 28 Outubro 2024 13:30
  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reuniuse esta mañá co alcalde do concello de Boiro, José Ramón Romero
  • Apunta que un dos obxectivos da Xunta é que as empresas teñan máis facilidades de acceso ao solo empresarial
  • Destaca que os orzamentos da Consellería de Economía e Industria para 2025 recollen a creación de novas figuras de aceleración da ordenación de solo industrial que permitirían reducir dunha media de dez anos a menos de dous para que as empresas poidan comezar a súa construción
  • A conselleira lembra que ademais, a Xunta pon solo empresarial gratuíto a disposición do tecido empresarial durante os primeiros oito anos

 

Boiro (A Coruña), 26 de outubro de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, subliñou hoxe o apoio da Xunta ao tecido produtivo para facilitar o crecemento das empresas en Galicia.

Lorenzana, que mantivo un encontro coa alcalde do concello de Boiro, José Ramón Romero, para analizar as necesidades de solo deste municipio, destacou que un dos obxectivos da política industrial do Goberno galego é que as empresas teñan máis facilidades de acceso ao solo industrial e promover o crecemento das empresas xa implantadas en Galicia.

Neste sentido, apuntou que o proxecto de orzamentos da Xunta para o ano 2025 recolle a creación de novas figuras de aceleración da ordenación de solo empresarial, como as Zonas de Aceleración de Proxectos Empresariais e Solo, que permitirán, segundo explicou, simultanear a tramitación urbanística coa dos proxectos, de xeito que se pasaría dunha media de dez anos a menos de dous anos para que as empresas poidan comezar a súa construción. 

María Jesús Lorenzana lembrou que estas novas figuras de ordenación súmanse á medida xa anunciada, de poñer solo industrial gratuíto á disposición das empresas durante os primeiros oitos anos, unha medida pioneira que permitirá ao tecido empresarial acceder a máis de 500.000 m². Esta medida impacta no orzamento de Xestur por valor de 5M€.

Finalmente a titular de Economía e Industria explicou que con estas actuacións a Xunta dá un paso máis na súa estratexia de política industrial que busca impulsar novos sectores industriais estratéxicos, detectar e integrar novas cadeas de valor, promocionar a formación, atracción de talento e o emprego de calidade, e mellorar a competitividade da industria galega.

  • A Xunta subliña o elevado interese das pemes polas axudas á transformación dixital do Igape con preto de 400 solicitudes rexistradas
    Ler máis
  • A Xunta destaca o papel da iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo para impulsar as capacidades industriais de Galicia neste sector
    Ler máis
  • Lorenzana lembra que as empresas aínda poden sumarse aos acordos de asociación para impulsar grandes proxectos industriais en seguridade, a defensa e o aeroespazo en Galicia
    Ler máis