Lorenzana destaca que a nova liña de acceso ao crédito para autónomos e pemes facilitará o acceso ao financiamento a máis de mil empresas

Xoves, 23 Xaneiro 2025 18:39
  • A Xunta incrementa o orzamento da convocatoria do presente ano 2025 ata os 19 millóns de euros que poderían poñer en circulación ao redor de 150M€
  • Nos últimos 5 anos, máis de 4.900 pemes e persoas autónomas galegas recibiron estas axudas, mobilizando un importe total de 389 M€

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2024

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, participou esta mañá nunha xornada de traballo na sede do Igape, onde aproveitou para facer balance da liña de acceso ao crédito para pemes e autónomos do período 2020-2024. Así mesmo, avanzou os principais puntos da nova convocatoria 2025.

No acto, onde estiveron presentes as principais entidades financeiras e Sociedades de Garantía Recíproca (SGR), Lorenzana destacou que no pasado exercicio, esta liña mobilizou un total de 144 millóns de euros.

O Goberno galego destina este ano 19 millóns de euros a esta iniciativa, que posibilitará máis dun millar de operacións. Deste xeito, as axudas terán un impacto previsto en operacións financeiras que poderá alcanzar os 150 millóns de euros no ano 2025.  

Doutra banda, na xornada fíxose balance dos resultados da liña de axudas do período 2020-2024. Así, Lorenzana, acompañada pola directora do Igape, Covadonga Toca, resaltou as máis de 4.920 pemes e persoas autónomas galegas que puideron beneficiarse dos créditos e sinalou que este programa permitiu impulsar a mobilización dun importe total de 389 millóns de euros.

  • Lorenzana destaca que a Xunta está a desenvolver unha política industrial de anticipación para “estar preparados antes de que chegue a oportunidade”
    Ler máis
  • A Xunta presenta por primeira vez na Oficina Económica de Galicia en Madrid as startups da BFAero ante 18 fondos de investimento
    Ler máis
  • Lorenzana sitúa o sector TIC como esencial para o crecemento e a competitividade da empresa en Galicia
    Ler máis