Máis de 2.000 pemes galegas xa se beneficiaron do programa ReAcciona creado pola Xunta para aumentar a competitividade empresarial

Sábado, 22 Febreiro 2025 15:09
  • A nova convocatoria abriu o pasado 21 de xaneiro e permanecerá dispoñible ata o vindeiro 15 de novembro, cun orzamento de 2,8 M€
  • Desde que se puxo en marcha no ano 2012, este programa de asesoramento especializado leva prestado máis de 3.000 servizos a empresas

Vigo, 22 de febreiro de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, salientou hoxe que máis de 2.000 pequenas e medianas empresas galegas xa se beneficiaron nos últimos anos do programa ReAcciona, que inclúe un catálogo de servizos para a mellora da competitividade empresarial.

A conselleira visitou esta mañá en Vigo un dos establecementos de Laguardia & Moreira, beneficiaria desta liña de apoios do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). Unha liña de apoios que inclúe, entre outros, servizos de asesoramento para o relanzamento comercial, para o deseño de produtos innovadores, para a optimización de procesos, a mellora da xestión financeira.

A nova edición deste ano do programa ReAcciona abriu o pasado 21 de xaneiro e permanecerá dispoñible ata o vindeiro 15 de novembro, cun orzamento de 2,8 M€ e subvencións de ata o 80 %.

Desde que se puxo en marcha no ano 2012, este programa de asesoramento especializado leva beneficiado a máis de 2.000 empresas, con máis de 3.000 servizos prestados e un orzamento executado de 14 millóns de euros.

  • A Xunta salienta o potencial do sector TIC galego e reafirma o compromiso coa innovación, a transformación dixital e o crecemento empresarial
    Ler máis
  • Lorenzana apela a non deixarse contaminar pola corrente negacionista que quere derrocar a industria en Galicia
    Ler máis
  • Rueda anuncia que a Xunta declara Proxecto Industrial Estratéxico o desenvolvemento inicial do complexo industrial de fabricación de automóbiles SAIC, co fin de crear máis de 2.000 empregos en Ferrol
    Ler máis