Lorenzana destaca en Cambados o apoio da Xunta ao sector vitivinícola

Sábado, 31 Mai 2025 14:41

Cambados (Pontevedra), 31 de maio de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, salientou hoxe o apoio da Xunta ao sector vitivinícola galego, que conta con máis de 10.000 profesionais e case 450 adegas que elaboran viño baixo algúns dos cinco selos de denominación de orixe ou indicación xeográfica protexida.

Lorenzana visitou este mediodía a adega Palacio de Fefiñanes, da D. O. Rías Baixas, que produce e comercializa unha media de 175.000 botellas ao ano, das que aproximadamente o 50 % ten como destino a exportación a uns 25 países.

A conselleira lembrou que a Xunta, a través do Instituto Económico de Galicia (Igape), convocou en 2023 e 2024 un programa de axudas para financiar a adquisición de uva por parte das adegas galegas por importe de 2 M€. En total, as dúas convocatorias suman 67 solicitudes, a maioría, na provincia de Pontevedra (38).

  • A Xunta salienta o potencial do sector TIC galego e reafirma o compromiso coa innovación, a transformación dixital e o crecemento empresarial
    Ler máis
  • Lorenzana apela a non deixarse contaminar pola corrente negacionista que quere derrocar a industria en Galicia
    Ler máis
  • Rueda anuncia que a Xunta declara Proxecto Industrial Estratéxico o desenvolvemento inicial do complexo industrial de fabricación de automóbiles SAIC, co fin de crear máis de 2.000 empregos en Ferrol
    Ler máis