Lorenzana viaxa a Noruega cunha delegación de empresas galegas para promocionar o sector naval no exterior

Mércores, 04 Xuño 2025 17:00
  • A conselleira visitará a feira Nor-Shipping 2025, un dos principais puntos de encontro da industria marítima mundial que se celebra estes días, onde contan con expositor propio Astilleros Armón, Ibercisa, Metalships, Progener-Grupo Emenasa e Aclunaga
  • Esta misión comercial a Oslo está encabezada polo clúster do naval, Aclunaga, o do metal, Asime, e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, que participan nesta feira internacional co apoio do Igape
  • Na súa estancia en Oslo, a conselleira tamén terá ocasión de reunirse coa embaixadora de España en Noruega, Alejandra del Río Novo, e con empresas do sector da acuicultura

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, inicia mañá unha viaxe a Noruega acompañando unha delegación de preto de trinta empresas galegas do naval que participan na feira Nor-Shipping 2025, un dos principais puntos de encontro da industria marítima mundial.

Esta misión comercial a Oslo está encabezada polo clúster do naval, Aclunaga, o do metal, Asime, e a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía, que participan nesta feira internacional co apoio do Instituto Económico de Galicia (Igape), a través do programa Foexga (2,4 M€) e Galicia Exporta Organismos Intermedios (1,5 M€), convocados recentemente.

Nor-Shipping é unha feira e congreso internacional de construción naval e transporte marítimo que se está a celebrar en Oslo (Noruega) do 3 ao 6 de xuño. Trátase dun dos principais eventos do sector a nivel internacional no que, ademais das empresas galegas que estarán de visita estes días, contarán con expositor propio Astilleros Armón, Ibercisa, Metalships, Progener-Grupo Emenasa e Aclunaga.

Na súa estancia en Oslo, a conselleira tamén terá ocasión de manter un encontro coa embaixadora de España en Noruega, Alejandra del Río Novo, e con empresas do sector da acuicultura.

  • A Xunta salienta o potencial do sector TIC galego e reafirma o compromiso coa innovación, a transformación dixital e o crecemento empresarial
    Ler máis
  • Lorenzana apela a non deixarse contaminar pola corrente negacionista que quere derrocar a industria en Galicia
    Ler máis
  • Rueda anuncia que a Xunta declara Proxecto Industrial Estratéxico o desenvolvemento inicial do complexo industrial de fabricación de automóbiles SAIC, co fin de crear máis de 2.000 empregos en Ferrol
    Ler máis