O Igape impulsa a formación en inglés para profesionais a través do programa “EXPORT FOCUS - SPEAK TO THE WORLD”

Luns, 30 Xuño 2025 11:18

O Igape pon en marcha o curso intensivo presencial “Export with Confidence”, unha iniciativa dirixida a profesionais dos ámbitos comercial, márketing e dirección empresarial que desexen perfeccionar o seu inglés nun entorno natural, inmersivo e orientado á exportación internacional.

O programa desenvolverase en dúas edicións: do 7 ao 10 de xullo e do 14 ao 17 de xullo, no Peares Centro de Inmersión Lingüística, e inclúe aloxamento en habitación individual e pensión completa. Está pensado para persoas cun nivel mínimo de inglés B2 (intermedio) e ofrece prazas limitadas a 8 participantes por curso, cun prazo de inscrición aberto ata esgotar prazas.

Entre os obxectivos do curso destacan:

  • Aprender a presentar con soltura a empresa, produto ou servizo.
  • Negociar, vender e comunicar en contextos profesionais de exportación.
  • Adaptarse a diferentes estilos de comunicación en mercados internacionais.
  • Desenvolver confianza, fluidez e naturalidade en inglés.
  • Crear unha rede de contactos con outros profesionais.

A metodoloxía aposta polo inglés en todo momento, tamén nas comidas, e por un enfoque “learning by doing” a través de actividades prácticas, simulacións, traballo en grupo e feedback continuo e personalizado, nun entorno sen presións nin exames.

O curso estrutúrase en catro días con actividades como elevator pitch, networking, role-plays de situacións reais, negociacións e unha feira de exportación simulada. O equipo docente está formado por Augusto Soto e Jessica Pérez Barnes.

Para máis información e consultas técnicas ou académicas, as persoas interesadas poden contactar a través do correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

✍️ Inscricións ao programa

>>FOLLETO INFORMATIVO<<

  • Rueda salienta na Toxa o papel clave da diáspora galega como aliada estratéxica para o desenvolvemento económico de Galicia
    Ler máis
  • Poñemos en marcha un proxecto piloto de Interim Management
    Ler máis
  • A Xunta salienta o papel estratéxico da empresa familiar no desenvolvemento económico e social de Galicia
    Ler máis