Lorenzana reafirma o apoio da Xunta ao sector da automoción no seu tránsito cara a modernización e a sustentabilidade

Venres, 05 Setembro 2025 15:42
  • O Goberno galego destina máis de 230 millóns de euros á industria do automóbil no período 2024-2027
  • A conselleira destaca que o obxectivo é apoiar a todas as empresas na reconversión e a electrificación dos vehículos
  • Anuncia ademais, que a Xunta está a piques de finalizar os trámites para poder comezar a urbanización da ampliación do polígono de San Cibrao da Viñas

San Cibrao das Viñas (Ourense), 5 de setembro de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, reafirmou hoxe o apoio da Xunta ao sector da automoción no seu tránsito cara a modernización e a sustentabilidade.  

Lorenzana visitou esta mañá no polígono industrial de San Cibrao das Viñas as instalacións do grupo empresarial formado por AMG Metalmecánica GallegaAníbal Blanco Logistics &Transportes e AMMI Technologies. Alí explicou que, a compañía matriz, foi beneficiaria das axudas extraordinarias á industria da automoción postas en marcha polo Goberno galego no ano 2024 “para apoiar a todas as empresas na reconversión e a electrificación dos vehículos”, dixo.

Neste marco, a Xunta destina máis de 230 millóns de euros ao sector da automoción no período 2024-2027 no marco do Plan director e tamén do programa extraordinario de axudas dirixidas a esta industria para acompañalo no proceso de transición á mobilidade eléctrica.

A titular de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, tamén puxo en valor o impacto positivo que ten para a Comunidade o traballo desenvolto por este grupo de empresas ourensás que contan cun forte compoñente industrial, tecnolóxico e exportador.

Avances no parque empresarial de San Cibrao

Lorenzana aproveitou ademais, para anunciar que “estamos a piques de finalizar xa os tramites” para poder comezar a urbanización da ampliación do parque empresarial de San Cibrao das Viñas, “que é moi importante para todas as empresas que estades aquí para que poidades continuar crecendo e tendo solo industrial dispoñible”, afirmou.

  • A Xunta salienta o potencial do sector TIC galego e reafirma o compromiso coa innovación, a transformación dixital e o crecemento empresarial
    Ler máis
  • Lorenzana apela a non deixarse contaminar pola corrente negacionista que quere derrocar a industria en Galicia
    Ler máis
  • Rueda anuncia que a Xunta declara Proxecto Industrial Estratéxico o desenvolvemento inicial do complexo industrial de fabricación de automóbiles SAIC, co fin de crear máis de 2.000 empregos en Ferrol
    Ler máis