IG535A - IG257 - REAVAL CRECEMENTO - PRÉSTAMOS AVALADOS PARA O CRECEMENTO DAS PEMES(2026)

Finalidade / Obxectivo

Préstamos avalados para o crecemento das pemes, co obxecto de favorecer, mediante reavais, o acceso a préstamos a longo prazo para financiar investimentos produtivos e/ou circulante estrutural por parte das pemes galegas, e dando a posibilidade de aplicar os fondos, total ou parcialmente, ao pagamento e/ou reestruturación de débedas con entidades financeiras.

Tipos de apoio

O Igape bonificará o tipo de xuro que aplique a entidade de crédito adherida e a comisión do aval da SGR.
Así mesmo, o Igape poderá reavalar ata un máximo do 25 % do risco asumido polas SGR como primeiras avalistas.
Axuda en réxime de minimis.

Beneficiarios potenciais

1. As pequenas e medianas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto da actuación a financiar, localizada na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Cumpran os requisitos e condicións establecidos para a correspondente liña de financiamento, que se detallan no anexo I.

2. As pequenas e medianas empresas poderán ser persoas físicas ou xurídicas. Tamén poderán ter a condición de persoas beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, as comunidades de bens, as sociedades civís, ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, cumpran os requisitos do anterior número 1.

No caso das cooperativas, o préstamo poderá estar asinado por un representante da entidade, logo de autorización dela, ou polos cooperativistas, que asumirán a débeda en proporción á súa porcentaxe de participación.

4. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas.
b) As empresas inmersas nun procedemento de insolvencia, ou que reúnan os requisitos para someterse a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores.
c) As entidades nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007.
d) Para subvencións de importe superior a 30.000 €, as empresas que incumpran os prazos de pagamento pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

Sectores incentivables

Todos.

Requisitos principais do proxecto

1. Importe do préstamo a avalar: entre 3.000 € e 1.000.000 €.

Un mesmo titular poderá presentar varias solicitudes de axuda. Neste suposto acumularase o importe total do financiamento, que non poderá superar o límite de 1.000.000 € por convocatoria.

2. Prazo do préstamo: mínimo 3 anos e máximo 15 anos, incluída unha carencia dun máximo de 2 anos. A vixencia do reaval non superará os 7 anos.

3. Tipo de xuro: poderá ser fixo ou variable.

a) Tipo de xuro fixo: Será como máximo o IRS (Interest Rate Swap) máis un máximo de 1,8 puntos porcentuais.

b) Tipo de xuro variable: A elección da entidade financeira, o sistema de variación poderá ser tanto por semestres naturais como por reais (en función da data de formalización da operación), e o tipo de xuro a aplicar en cada un dos períodos será o Euribor a 6 meses + máximo de 1,8 puntos porcentuais.

4. Subvención ao tipo de xuro: 1,80 puntos porcentuais dos xuros dos 3 primeiros anos de vixencia dos préstamos.

A subvención pagarase á persoa beneficiaria dunha soa vez, na conta bancaria que esta designe, unha vez que esta presente a xustificación e solicitude de cobramento.

5. Comisións.

As comisións máximas que a entidade de crédito poderá repercutir por tódolos conceptos na formalización será do 0,60 %. Para estas comisións a entidade de crédito poderá estipular un mínimo de ata 30 €.
As SGR poderán cobrar ao cliente ata o 0,50 % por tódolos conceptos na formalización, sen prexuízo da comisión de aval, para a que poderán cobrar ata o 1,25 %, calculado sobre o saldo vivo anual do importe avalado, e da aportación ao capital social da SGR, pola que poderán cobrar ata o 4,00 % do importe do financiamento avalado. Todos estes conceptos poderán ser financiados co propio préstamo sempre que o pago se realice durante o período de disposición da operación. O cliente poderá solicitar o reembolso da participación social unha vez remate a súa relación coa SGR.

6. Subvención á comisión de aval: 1,25 puntos porcentuais da comisión de aval dos 3 primeiros anos de vixencia dos préstamos.

A subvención pagarase á persoa beneficiaria dunha soa vez, na conta bancaria que esta designe, unha vez que esta presente a xustificación e solicitude de cobramento.


7. Garantías.

A garantía a favor das entidades de crédito será o aval da SGR adherida ao convenio, polo 100 % do risco.
No caso de operacións de importe igual ou superior a 150.000 €, as operacións poderán ser coavaladas por máis dunha SGR adherida.
As contra garantías a favor da SGR consistirán no reaval do Igape en cobertura de ata o 25 % do risco, e como garantía adicional poderán requirir garantías persoais de terceiros. As SGR tamén poderán contar con reavais e achegas de organismos públicos e outros dependentes da Administración.

As SGR poderán tomar adicionalmente garantías reais sempre que non recaian sobre activos líquidos ou financeiros cuxa titularidade sexa da beneficiaria, nos seguintes casos:
i. En operacións cunha duración superior a 7 anos e importe igual ou superior a 50.000 €, ou
ii. En operacións por importe igual ou superior a 300.000 €.

- Disposición de fondos:
O prazo de utilización dos fondos finalizará transcorrido 1 ano contado dende a data de formalización, ou a finalización do período de carencia da operación financeira, no caso de ser este superior.

Poderán pagarse con cargo aos fondos do préstamo gastos e investimentos comprendidos entre o 1/01/2026 e a data de finalización do período de disposición do préstamo. No caso de que o pago do gasto e/ou investimento financiable sexa afrontado antes da disposición detraendo da tesourería da empresa, o préstamo poderá ser utilizado para a reposición destes fondos. Para o caso das beneficiarias que presentasen solicitude na convocatoria do ano 2025 e que fosen denegadas por esgotamento so orzamentario, a data inicial do período de cómputo dos gastos financiables comezará o 1/1/2025.

Investimentos ou gastos computables

A titular deberá formalizar ou ter formalizado un préstamo a longo prazo a avalar, que será aplicado do seguinte xeito:

1) Un mínimo do 40 % do seu principal será aplicado a financiar investimentos produtivos e/ou capital corrente.

i. Enténdese por investimentos produtivos a adquisición e/ou construción dos seguintes elementos:

i.a) Bens tanxibles cuxo uso previsto pola persoa beneficiaria sexa a produción ou subministro de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos: Terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, utillaxe, outras instalacións, mobiliario, equipos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade.
Exclúense:
- Os investimentos inmobiliarios, entendendo como tales os activos inmobles que se adquiran para obter rendas, plusvalías ou ambas.
- Investimentos financeiros.

i.b) Bens intanxibles como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso, e aplicacións informáticas.

ii. Enténdese por capital corrente o pagamento dos seguintes conceptos de gasto: compras de materias primas, outros aprovisionamentos e mercadorías, gastos de persoal (soldos e salarios, indemnizacións, seguridade social e outros gastos sociais), impostos, arrendamentos e canons, reparacións e conservación, servizos de profesionais independentes, transportes, primas de seguros, publicidade, propaganda e relacións públicas, subministracións e outros servizos relacionados coa actividade. Exclúese do capital corrente a construción de edificacións por parte de empresas dedicadas á promoción inmobiliaria.

Tamén poderán computarse dentro deste límite o pagamento da comisión do aval así como as achegas ao capital das SGR.

Os bens obxecto de investimento ou gasto deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros pola persoa beneficiaria. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pago aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena da persoa beneficiaria antes da finalización do prazo de disposición e utilización dos fondos, debendo constar neste momento o vencemento e pago das cantidades aprazadas. Non obstante, poderán ser financiados os gastos de acondicionamento e mellora en locais en aluguer e/ou en réxime de concesión administrativa.

Os provedores e acredores non poderán estar vinculados coa persoa ou entidade solicitante nin cos seus órganos directivos ou xestores.

2) Un máximo do 60 % poderá ser aplicado á cancelación de débedas con entidades financeiras non avaladas pola SGR que conceda a operación, sempre e cando correspondan a algunha das seguintes modalidades:

- Pagamento de cotas de préstamos e leasing, incluíndo cotas ordinarias e amortizacións anticipadas.
- Pagamento de saldos dispostos de pólizas de crédito, sempre que estas incrementen o seu dispoñible na contía da aplicación do préstamo a esta finalidade, e se manteñan abertas ata o seu vencemento.

Dentro destes límites, serán admisibles os refinanciamentos de operacións que conten con aval do ICO, correspondentes as liñas “Línea Avales ICO COVID-19 Inversión y Actividad” e “Línea Avales ICO COVID-19 Liquidez” da “Línea de Avales del Estado para empresas y autónomos (COVID-19)”.

3) Os préstamos tamén poderán destinarse á cancelación ou reestruturación de débedas bancarias avaladas pola SGR que conceda a operación. Os importes que se destinen a esta finalidade non se computarán a efectos das porcentaxes sinaladas nos apartados 1) e 2) anteriores, podendo aplicarse o 100 % do novo préstamo a esta finalidade.

No caso de que as operacións canceladas con este préstamo conten con subvención dos seus gastos financeiros por parte do Igape, a súa amortización total anticipada como consecuencia deste refinanciamento non suporá o reintegro da mesma.

Cando o refinanciamento se materialice sobre unha única operación avalada coas mesmas entidade de crédito e SGR avalista, en lugar de instrumentarse un novo préstamo, poderá formalizarse unha novación modificativa da operación preexistente.

4) Para empresas que operen no sector da transformación e/ou comercialización de produtos da pesca ou acuicultura, poderán destinarse á reestruturación de débedas bancarias sen que sexan de aplicación as porcentaxes sinaladas nos apartados 1) e 2).

Contía das axudas

• A axuda do Igape en forma de garantía: reaval do Igape durante a vixencia da operación avalada e, en todo caso, co máximo de 7 anos, en garantía dun máximo do 25 % do risco asumido pola SGR.

• Subvención ao tipo de xuro: subvención a fondo perdido ata un importe equivalente a 1,80 puntos porcentuais dos xuros dos 3 primeiros anos de vixencia dos préstamos.

• Subvención da comisión do aval: subvención a fondo perdido de un importe equivalente a 1,25 puntos porcentuais da comisión de aval dos 3 primeiros anos de vixencia dos préstamos avalados.

A subvención que sexa concedida, pagarase á persoa beneficiaria dunha soa vez, na conta bancaria que esta designe, unha vez que esta presente a xustificación e solicitude de cobramento.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará a computar o sexto día hábil posterior ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ás 9.00 horas e rematará o 30 de setembro de 2026 ás 14.00 horas, agás que antes desa data se produza o esgotamento do crédito.


Incompatibilidades

Estas axudas serán compatibles con calquera outra axuda pública ou privada, pero, en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán superar os límites máximos de intensidade de axuda establecidos pola Unión Europea para as axudas de minimis que estean vixentes no momento da concesión da axuda.

Referencia lexislativa

Resolución do 30 de decembro de 2025 (DOG Nº10 do 16/01/2026) - Bases reguladoras e convocatoria
Resolución do 30 de decembro de 2025 (DOG Nº26 do 09/02/2026) - Corrección de erros
Resolución do 12 de febreiro de 2026 (DOG Nº34 do 20/02/2026) - Adhesión entidad financieira

Información e tramitación

* Información:

- Nas oficinas territoriais do IGAPE
- No Servizo de Atención Telemática a través do teléfono 900 81 51 51 ou 981 54 11 47
- A través de www.igape.es ou en [email protected]

*Tramitación:

1. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de maneira obrigatoria na aplicación informática https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual
Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, as persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa solicitante.
b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @asina da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/pae/afirma-Anexo-PSC.
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a firma da solicitude por parte dun único solicitante.

Observacións

O prazo máximo para a formalización da operación financeira, ou, no seu caso, para a adaptación da póliza ás condicións da resolución de concesión do Igape, será de 2 meses contados desde o día seguinte ao da data de notificación da concesión á persoa beneficiaria.

O prazo de utilización dos fondos finalizará transcorrido 1 ano contado dende a data de formalización, ou a finalización do período de carencia da operación financeira, no caso de ser este superior, salvo que no anexo I se especifiquen prazos específicos dentro de cada modalidade.
No caso de que a SGR aprobe a operación financeira, e non se obteña a aprobación por parte da entidade de crédito inicialmente designada, a petición do titular, a SGR poderá remitir a solicitude a outra das entidades adheridas ao convenio de colaboración.

Nun prazo máximo de 35 días hábiles dende a presentación da solicitude e, en todo caso, no prazo máximo dun mes desde a data máxima de fin da convocatoria, a SGR designada deberá comunicar ao Igape a través da Extranet de entidades colaboradoras a súa decisión e a da entidade de crédito respecto da concesión da operación financeira.

Entidades financeiras adheridas:
- Caixa Rural Galega
- Cajamar Caja Rural
- Abanca
- Banco Santander
- Bankinter
- Banco Sabadell
- Caixabank
- Unicaja Banco
- Banco Bilbao Vizcaya Argentaria
- Aquisgran Finance
- Ibercaja banco

SGR:
- Sogarpo, S.G.R.
- Afigal, S.G.R.
- Iberaval, S.G.R.