A Xunta e a Asociación de empresarios do Tambre cooperan para atraer novas iniciativas cara a este parque industrial

Venres, 08 Setembro 2023 13:43
  • A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse esta tarde co presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés, e outros responsables da entidade.

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo esta tarde un encontro co presidente da Asociación Área Empresarial do Tambre, José Fernández Alborés, e outros membros da directiva desta entidade para avaliar as diferentes iniciativas que se levan a cabo de xeito conxunto para atraer novas iniciativas e proxectos cara a este parque industrial de Santiago de Compostela, especialmente no eido biotecnolóxico.

Neste sentido, no encontro destacouse a boa marcha do polo biotecnolóxico de Galicia, Sionlla Biotech, que busca posicionar a cidade como un referente internacional neste sector.

Lorenzana, que tomou nota das diferentes propostas da asociación empresarial compostelana, en eidos como a mellora da seguridade ou a axilización dos trámites burocráticos, puxo de manifesto a aposta da Xunta por traballar man a man co tecido empresarial para impulsar o desenvolvemento económico de Galicia e a creación de emprego de calidade. Do mesmo xeito, subliñou o compromiso da Xunta coa simplificación  administrativa para facilitar a atracción de investimentos.

  • A Xunta destaca o papel das infraestruturas colaborativas para reforzar a competitividade industrial de Galicia
    Ler máis
  • O Igape convoca 40 prazas para formación e prácticas en internacionalización empresarial
    Ler máis
  • Rueda destaca que proxectos como o da multinacional SAIC contribúen a construír unha Galicia competitiva e industrial
    Ler máis