A Xunta aborda vías de colaboración para impulsar a transformación dixital da industria galega

Luns, 11 Setembro 2023 02:26

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse co presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez Del Corral. O encontro celebrouse co obxectivo de abordar vías de colaboración que axuden a impulsar a transformación dixital da industria galega.

Na reunión tamén participaron a directora do Igape, Covadonga Toca, e outros membros do Clúster. Actualmente, a Xunta de Galicia xa coopera con esta entidade noutros ámbitos, como a internacionalización ou a formación. 

  • A Xunta destaca a importancia do solo industrial e da axilidade administrativa para atraer novos investimentos a Galicia
    Ler máis
  • A Xunta aposta por conectar innovación, industria e internacionalización para reforzar a competitividade das empresas galegas
    Ler máis
  • Lorenzana preside a toma de posesión do novo secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Isaac Rosón
    Ler máis