Lorenzana destaca a boa saúde do naval galego, que concentra preto dun terzo da contratación nacional

Luns, 02 Marzo 2026 18:22

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2026

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, subliñou hoxe o bo momento que atravesa o sector naval galego,  cunha ocupación produtiva que xa ronda de media o 80% e concentra aproximadamente un terzo da contratación nacional. Lorenzana destacou estes datos nunha reunión de traballo mantida esta tarde en San Caetano co director xeral de Astilleros Freire, Marcos Freire. A conselleira aproveitou para felicitalo polo novo contrato asinado coas Forzas Aramadas suecas para a construción de catro buques destinados a misións de apoio naval.

  • A Xunta destaca o papel das infraestruturas colaborativas para reforzar a competitividade industrial de Galicia
    Ler máis
  • O Igape convoca 40 prazas para formación e prácticas en internacionalización empresarial
    Ler máis
  • Rueda destaca que proxectos como o da multinacional SAIC contribúen a construír unha Galicia competitiva e industrial
    Ler máis