Nova convocatoria das Bolsas Igape Internacional 2026. Próxima publicación no DOG e na web do Igape.
Este é un programa que busca formar especialistas no ámbito da internacionalización empresarial a través de formación práctica nas Oficinas Comerciais e Económicas, tanto no estranxeiro como en Galicia.
Os mozos e mozas realizarán labores de investigación de mercados, estudos de empresas e a súa planificación para internacionalización e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras:
- Duración: ata 2 anos
- Destinos en 25 países
- Alta empregabilidade
A convocatoria vai dirixida a persoas menores de 35 anos, con titulación universitaria superior, e achegará formación práctica en internacionalización que se poderá levar a cabo no estranxeiro e ou en Galicia, en entidades e organismos oficiais relacionados coa internacionalización empresarial.
Os países en que os seleccionados completarán a súa formación no estranxeiro inclúen novos mercados internacionais, algúns deles de interese estratéxico para o tecido empresarial galego. Así, os bolseiros terán como posibles destinos, entre outros, Bogotá, Casablanca, Chicago, , Dusseldorf, Johannesburgo, Nueva York, Lima, México, Miami, Estambul, Oslo, Ottawa, Roma, Tokio, Buenos Aires, etc
A iniciativa contribúe así á capacitación profesional de novos titulados na internacionalización de empresas, á mellora da súa empregabilidade para facilitar o seu acceso ao mercado laboral e ao desenvolvemento de proxectos de internacionalización das pemes galegas nos cales colaborarán os bolseiros achegando os seus coñecementos ao tempo que reforzan a súa formación práctica.
A programación das bolsas abrangue o estudo dos sectores máis importantes dos mercados estranxeiros, a análise das oportunidades e debilidades dos sectores estratéxicos galegos en relación coa súa internacionalización e o estudo das formas de introdución das empresas nos mercados internacionais, contando para a aprendizaxe co apoio de titores tanto nas estadías no estranxeiro como en Galicia.