Anuncio do Igape polo que se acorda o alleamento, polo procedemento de poxa pública, de diversos bens inmobles nos concellos de Vilagacía de Arousa e Lugo

Venres, 03 Febreiro 2023 11:13

Ás 10 horas do día 14 de marzo de 2023 terá lugar na sala de xuntas do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), situado no Edificio Administrativo Igape no barrio de San Lázaro en Santiago de Compostela, ante a mesa presidida pola xerente, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica, un representante da Intervención Xeral, un representante da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda e Administración Pública e un/a empregado/a público/a da Subdirección de RR.HH. e Xestión Administrativa do IGAPE, que actuará como secretario/a, a poxa pública dos bens inmobles patrimoniais do Instituto Galego de Promoción Económica que se describen a seguir e dos que foi acordado o seu alleamento mediante resolución do director xeral do 3 de xaneiro de 2023.

  • Lorenzana salienta o papel das confederacións empresariais galegas na defensa dos intereses de pemes e autónomos
    Ler máis
  • Hoxe abre o prazo para solicitar as axudas extraordinarias aprobadas pola Xunta para o sector da automoción, cun orzamento de 45 M€
    Ler máis
  • A Xunta avanza co sector na posta en marcha da Business Factory Energy para impulsar a innovación empresarial en enerxía
    Ler máis