A Xunta destaca en Madrid a aposta de Galicia por consolidar unha nova industria sustentable e innovadora

Sábado, 01 Abril 2023 12:35

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Madrid no foro Wake Up! Spain, onde salientou a aposta de Galicia por consolidar unha nova industria sustentable, innovadora e en liña cos obxectivos europeos sobre a economía circular e a bioeconomía.

Conde, que insistiu na necesidade dunha cogobernanza real na xestión dos fondos europeos, lembrou que Galicia ve nos mesmos unha oportunidade para desenvolver unha axenda industrial de proxectos de hidróxeno verde e enerxías renovables; economía circular; o vehículo do futuro; a biotecnoloxía e a medicina avanzada; ou o sector aeronáutico, entre outros.

  • A Xunta presenta a nova Business Factory Energy, que impulsará a innovación empresarial en enerxía
    Ler máis
  • Lorenzana destaca as achegas que as empresas tecnolóxicas poden facer á industria da seguridade e a defensa
    Ler máis
  • Lorenzana aposta pola innovación para crear un ecosistema industrial atractivo que permita captar novas empresas e atraer talento
    Ler máis