Rueda avalía coa Federación Galega de Comercio novas vías de colaboración para seguir reforzando este sector clave para a economía galega

Luns, 03 Abril 2023 12:42
  • O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo un encontro co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, no que se abordaron aspectos clave como a transformación dixital, a formación ou a dinamización das vendas.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co presidente da Federación Galega de Comercio, José María Seijas, e representantes desta entidade co obxectivo de avaliar novas medidas conxuntas para seguir reforzando este sector clave para a creación de riqueza e emprego na comunidade. 

Durante o encontro, o presidente da Xunta, que escoitou as achegas e propostas dos representantes do sector, lembrou que a Administración autonómica traballa pola transformación dixital e a modernización do comercio galego, impulsando a súa competitividade; ademais de promover a formación e capacitación para os profesionais deste ámbito e potenciar diferentes iniciativas de dinamización das vendas, sempre en colaboración coas asociacións e federacións.

 A Xunta e a Federación Galega de Comercio manteñen unha colaboración estable en eidos como a información, difusión, asesoramento e asistencia técnica e xurídica ás pemes e autónomos do sector comercial; así como no comercio electrónico e a posta en marcha de diferentes campañas promoción; ámbitos nos que se seguirá cooperando ao longo deste ano.
  • A Xunta destaca o papel das infraestruturas colaborativas para reforzar a competitividade industrial de Galicia
    Ler máis
  • O Igape convoca 40 prazas para formación e prácticas en internacionalización empresarial
    Ler máis
  • Rueda destaca que proxectos como o da multinacional SAIC contribúen a construír unha Galicia competitiva e industrial
    Ler máis