Galicia avoga por seguir tendendo a man aos axentes sociais e económicos para ser competitivos a nivel enerxético

Venres, 28 Abril 2023 09:23

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, avogou por seguir tendendo a man aos axentes sociais e económicos para seguir sendo competitivos a nivel enerxético. Conde participou na apertura do encontro A enerxía, factor determinante na competitividade industrial, organizado por UGT FICA Galicia e a Fundación Anastasio de Gracia.

Na súa intervención o vicepresidente económico asegurou que Galicia estase preparando -no eido do diálogo social e co fomento da colaboración público-privada- para os desafíos da transición enerxética co obxectivo de aproveitar esta oportunidade. Así, informou dos proxectos que se están desenvolvendo no eido do hidróxeno verde, da mobilidade sustentable, a economía circular ou a eólica. Destacou tamén a futura Lei de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia como garante do impacto positivo destes proxectos na sociedade.

  • A Xunta reivindica o talento e a innovación aplicada como motores para reforzar a competitividade da industria galega
    Ler máis
  • Lorenzana e o Clúster Audiovisual Galego abordan os retos do sector no ámbito da innovación
    Ler máis
  • A Xunta impulsa novas oportunidades para as empresas galegas en Emiratos Árabes Unidos, onde as exportacións medraron un 6.6% en 2025
    Ler máis