Mañá abre a convocatoria para solicitar as axudas da Xunta de ata 1 M€ por proxecto para fomentar o aforro e a eficiencia enerxética nas empresas galegas

Martes, 09 Mai 2023 16:17
  • O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, estivo esta mañá no Porriño nas instalacións da empresa Grupimar, un exemplo de aposta pola redución do consumo enerxético.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, informou esta mañá no Porriño da apertura de prazo de solicitude, a partir de mañá, da convocatoria para fomentar o aforro e a eficiencia enerxética nas empresas galegas.

Cun orzamento de 7,5M€, o programa de apoios prevé axudas de ata 1M€ por proxecto con intensidades de entre o 35 e o 55% segundo o tamaño da empresa beneficiaria, correspondendo a máxima ás pequenas empresas. A principal novidade é que incorpora unha liña específica para iniciativas que reduzan as emisións de gases nun 30%. A convocatoria ten carácter bianual e as axudas concederanse por concorrencia non competitiva.

O conselleiro explicou esta liña de axudas nas instalacións de Grupimar, á que puxo como exemplo de empresa comprometida coa eficiencia enerxética pois, tal e como indicaron os seus responsables, utilizaron estas axudas para renovar a súa maquinaria e, por outra parte, benefícianse das enerxías renovables grazas á instalación de placas fotovoltaicas.

Conde destacou a traxectoria de Grupimar, que leva máis de tres décadas exportando o granito galego a todo o mundo con obras en Francia, Irlanda, Turquía ou Estados Unidos e contribuíndo ao liderado de Galicia neste sector.

  • A Xunta destaca o papel de Viagalicia como aceleradora transversal capaz de transformar o talento galego en empresas de éxito
    Ler máis
  • Rueda anuncia a aprobación do Plan director da automoción 2025-2027, que contará cun sistema de control e análise continua do seu impacto no sector
    Ler máis
  • Lorenzana destaca o alto nivel de calidade do sector do contract en Galicia
    Ler máis