Covadonga Toca, nun encontro con representantes da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (Crusoe) e do Cluster TIC e Audiovisual Covadonga Toca, nun encontro con representantes da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (Crusoe) e do Cluster TIC e Audiovisual

A Xunta salienta nun encontro con reitores universitarios a aposta polo talento como motor da economía verde e dixital

Xoves, 10 Agosto 2023 12:21

A directora do Igape, Covadonga Toca, mantivo recentemente un encontro con representantes da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (Crusoe) e do Cluster TIC e Audiovisual no que avaliaron, entre outros aspectos, os proxectos que están a desenvolver no eido do emprendemento e a innovación. Neste marco, durante a xuntanza Toca Carús puxo en valor a importancia da aposta polo talento como motor da economía do coñecemento, da economía verde e dixital. 

Durante a reunión, os responsables de Crusoe trasladaron á directora do Igape as iniciativas que se están levando a cabo desde a Conferencia en materia de patrimonio cultural dixital e a posibilidade dunha aceleradora de startups neste campo.
  • Rueda destaca o Grupo Cándido Hermida como un referente do prestixio internacional de Galicia no sector contract
    Ler máis
  • Lorenzana anuncia que a partir do 29 de xullo xa se poderán solicitar as axudas por valor de 45 M€ para empresas do sector da automoción
    Ler máis
  • Lorenzana anuncia que o vindeiro 28 de xullo se convocarán as axudas para financiar ás adegas galegas a adquisición de uva, cun orzamento de 2 M€
    Ler máis