A Xunta encabeza unha misión comercial a México co obxectivo de seguir abrindo mercado ás empresas galegas

Mércores, 20 Setembro 2023 11:18

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, acompaña a máis dunha vintena de pemes de diversos sectores con intereses de negocio no país

  • O obxectivo é promocionar os produtos galegos e posicionar a Marca Galicia no mercado mexicano
  • Paralelamente, Lorenzana terá ocasión de visitar a antena do Igape no país azteca e varias das empresas galegas instaladas alí, ademais de manter diversos encontros institucionais
  • No primeiro día de estancia en México, Lorenzana coñeceu as instalacións da empresa Carrocerías Halcón

 

Celaya (México), 19 de setembro de 2023. A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, encabeza desde hoxe unha misión comercial a México co obxectivo de seguir estreitando as relacións comerciais entre Galicia e o país norteamericano e explorar novas oportunidades para o tecido empresarial galego.

A viaxe, na que participan máis dunha vintena de empresas galegas, coincide coa conmemoración do 30 aniversario da celebración, en 1992, da primeira Quincena de Galicia en México no Palacio de Hierro, unha empresa mexicana da cadea de retail. A idea, polo tanto, é aproveitar a reedición deste evento para promocionar os produtos galegos e posicionar a Marca Galicia no mercado mexicano.

Neste contexto, a conselleira de Economía, Industria e Innovación, ademais de asistir mañá a este acto de aniversario, vai ter ocasión estes días de desenvolver unha axenda de visitas a varias empresas galegas implantadas en México, coñecer a antena do Igape e manter diversos encontros a nivel institucional.

Así pois, hoxe, no seu primeiro día de estadía no país, tivo ocasión de visitar as instalacións da compañía Carrocerías Halcón, do Grupo Marsan, unha das principais provedoras do sector da automoción con 45 anos de traxectoria. Dela, Lorenzana eloxiou a súa capacidade de adaptación, a través da innovación, ás novas demandas do mercado.

  • Lorenzana anima ás empresas galegas a diversificar mercados e explorar as oportunidades de negocio que ofrece o sector da seguridade e a defensa
    Ler máis
  • A Xunta destaca a “convocatoria histórica” de 172,6 M€ para promover a competitividade, a innovación e o financiamento para pemes e autónomos
    Ler máis
  • Lorenzana celebra encontros co sector da automoción para dar a coñecer a nova liña de apoios convocada pola Xunta por importe de 14 M€
    Ler máis