A Xunta destaca na Coruña as posibilidades que ofrece a intelixencia artificial para mellorar a competitividade empresarial a través da innovación e as novas tecnoloxías

Xoves, 26 Outubro 2023 21:22
  • A directora do Igape, Covadonga Toca, participa na xornada ‘Benvido, futuro: proxectando Galicia’, onde avoga pola colaboración público-privada para avaliar e avanzar nas posibilidades que ofrece a intelixencia artificial para optimizar procesos e mellorar procedementos
  • Salienta a recente posta en marcha do Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC que, coas máquinas de intelixencia artificial más avanzadas, permitirá ás empresas galegas dispor do mellor entorno de traballo posible
  • O encontro celebrouse no marco do programa Capacita Directivos, unha iniciativa que permitiu, nas seis primeiras edicións, realizar preto de 80 actividades formativas nas que participaron arredor de 17.000 asistentes, en presencial e en liña
  • Lorenzana destaca que a Xunta está a desenvolver unha política industrial de anticipación para “estar preparados antes de que chegue a oportunidade”
    Ler máis
  • A Xunta presenta por primeira vez na Oficina Económica de Galicia en Madrid as startups da BFAero ante 18 fondos de investimento
    Ler máis
  • Lorenzana sitúa o sector TIC como esencial para o crecemento e a competitividade da empresa en Galicia
    Ler máis