A Xunta avalía os avances na situación de Madera Fiber na procura de manter a actividade e o emprego

Luns, 29 Xaneiro 2024 17:01
  • A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, reuniuse esta mañá co comité de empresa de Madera Fiber

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2024

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, mantivo esta mañá unha reunión de seguimento co comité de empresa de Madera Fiber para continuar traballando e colaborando na busca dun investidor. O obxectivo é atopar alternativas industriais viables que manteñan tanto a actividade como o emprego.

Neste senso, a conselleira avanzou aos membros do comité o contido dun informe independente que propón vincular o futuro de Madera Fiber a tres sectores: o do moble, o da automoción e o funerario. Paralelamente, a Consellería de Economía, Industria e Innovación está colaborando coa de Emprego en posibles liñas de formación dirixidas ao persoal traballador para que poidan mellorar a súa cualificación profesional ante un eventual cambio de sector.

A titular de Economía, Industria e Innovación tamén se comprometeu a realizar un seguimento periódico da situación e, deste xeito, manteranse reunións cada tres ou catro semanas para poder analizar calquera novidade que se poida producir e co fin de garantir un diálogo aberto e permanente.

  • A Xunta reivindica o talento e a innovación aplicada como motores para reforzar a competitividade da industria galega
    Ler máis
  • Lorenzana e o Clúster Audiovisual Galego abordan os retos do sector no ámbito da innovación
    Ler máis
  • A Xunta impulsa novas oportunidades para as empresas galegas en Emiratos Árabes Unidos, onde as exportacións medraron un 6.6% en 2025
    Ler máis