Impulsamos a competitividade internacional do sector loxístico galego a través do proxecto Digital CoLogistics

Xoves, 13 Marzo 2025 12:10

O martes 25 de marzo celebrarase o evento titulado "Estratexias Dixitais para a Competitividade Internacional de Galicia - Norte de Portugal", unha iniciativa que se desenvolve no marco do proxecto Digital CoLogistics.

A xornada, que terá lugar na Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa a partir das 17:00 horas, reunirá a expertos e profesionais do sector loxístico para abordar os retos e oportunidades que enfronta a rexión no ámbito da loxística internacional.

Programa do Focus Group

O encontro comezará cunha benvida e contextualización xeral a cargo de Ramon Tubio, quen introducirá o obxectivo do Focus Group e a súa conexión co proxecto Digital CoLogistics. A continuación, abordarase o tema central: o posicionamento internacional do sector loxístico galego.

A parte central do evento consistirá nunha discusión interactiva sobre os principais retos e oportunidades do sector, centrándose en aspectos clave como:

  • Infraestrutura e conectividade intermodal
  • Dixitalización e competitividade
  • Colaboración e comercio transfronteirizo
  • Barreiras regulatorias
  • Novos nichos e estratexias

O Focus Group concluirá cunha síntese das principais conclusións, seguida dun espazo para networking entre os participantes.

  • A Xunta subliña o elevado interese das pemes polas axudas á transformación dixital do Igape con preto de 400 solicitudes rexistradas
    Ler máis
  • A Xunta destaca o papel da iniciativa Estratéxica de Seguridade, Defensa e Aeroespazo para impulsar as capacidades industriais de Galicia neste sector
    Ler máis
  • Lorenzana lembra que as empresas aínda poden sumarse aos acordos de asociación para impulsar grandes proxectos industriais en seguridade, a defensa e o aeroespazo en Galicia
    Ler máis