Lorenzana destaca “as inmensas posibilidades” do sector aeroespacial en Galicia e anima ás empresas a apostar máis que nunca por esta industria

Venres, 14 Marzo 2025 18:06
  • A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe as instalacións da compañía UARX Space en Nigrán

Nigrán (Pontevedra), 14 de marzo de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, destacou hoxe as “inmensas posibilidades” do sector aeroespacial en Galicia e animou ás empresas a apostar máis que nunca por esta industria.

Lorenzana visitou esta mañá as instalacións da compañía UARX Space en Nigrán, unha das 10 empresas, segundo a NASA, máis innovadoras no mundo do desenvolvemento de tecnoloxía para naves espaciais pequenas. 

Neste sentido, explicou que UARX Space “fai un traballo único” en loxística espacial, no desenvolvemento de dispositivos e servizos necesarios para o lanzamento e despregamento en órbita de satélites, e isto “tamén fai a Galicia única”, subliñou. “É un orgullo que a nosa Comunidade poida presumir de tanto talento nun sector tan prometedor”, engadiu.

Na visita tamén puxo en valor o traballo xa feito en Galicia co Polo Aerosespacial e animou a “apostar máis ca nunca” por este sector que no ano 2023 incrementou un 25% o seu nivel de facturación e un 5% o de empregos.

  • Lorenzana adianta que a Xunta aprobará este mesmo ano a primeira Estratexia de innovación empresarial de Galicia, que mobilizará máis de 400 M€
    Ler máis
  • Lorenzana destaca o papel que debe facer a administración como aliada das empresas que queren investir en Galicia
    Ler máis
  • Rueda destaca a capacidade loxística e industrial de Galicia na chegada da multinacional SAIC
    Ler máis