Novo webinar país en colaboración coa Cámara de comercio española en Colombia e a Gobernación de Antioquía: Market Update & Oportunidades de Negocio 2022

Xoves, 16 Xuño 2022 10:29

Un ano mais, a Xunta continúa ofrecendo actualizacións da situación económica en distintos mercados a través do Ciclo Webinar País.

O obxectivo é transmitir unha información actualizada e afondar en novas oportunidades para as empresas galegas que queiran exportar os seus productos a outros países.

Neste caso,  celebramos unha Xornada sobre o mercado de Antioquía e Colombia, un webinar para coñecer as novas perspectivas do comercio internacional e as oportunidades para a internacionalización das empresas galegas en Antioquia e Colombia.

A Cámara de Comercio Española en Colombia e a Secretaría de Productividade e Competitividade da Gobernación de Antioquía, o mércores 22 de xuño, informará sobre a situación actual no mercado obxectivo, posibles oportunidades e claves para impulsar ou mellorar as súas vendas no país, logo de unha etapa fortemente marcada polas restriccións da pandemia no comercio internacional.

  • Lorenzana destaca que as exportacións galegas a Francia representan case o 20 % do total das vendas ao exterior
    Ler máis
  • A Xunta reforza a súa aposta pola innovación e o emprendemento cooperativo coas novas axudas do Igape e Emprego
    Ler máis
  • A Xunta reafirma o seu compromiso co impulso do emprendemento feminino no sector tecnolóxico
    Ler máis